{"id":29372,"date":"2020-07-01T17:57:24","date_gmt":"2020-07-01T17:57:24","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/comeza-a-reapertura-gradual-dos-albergues-publicos-do-camino-de-santiago\/"},"modified":"2020-07-01T17:57:24","modified_gmt":"2020-07-01T16:57:24","slug":"comeza-a-reapertura-gradual-dos-albergues-publicos-do-camino-de-santiago","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/comeza-a-reapertura-gradual-dos-albergues-publicos-do-camino-de-santiago\/","title":{"rendered":"Comeza a reapertura gradual dos albergues p\u00fablicos do Cami\u00f1o de Santiago"},"content":{"rendered":"<h4>No marco do programa Cami\u00f1o Seguro, Xunta e concellos con albergues municipais coordinan a reapertura dos establecementos, adaptados \u00e1 nova situaci\u00f3n para unha acollida segura<\/h4>\n<p>Co obxectivo de garantir unha atenci\u00f3n segura aos peregrinos, os primeiros 28 albergues p\u00fablicos (18 de xesti\u00f3n auton\u00f3mica, oito de xesti\u00f3n municipal e d\u00faas a cargo de asociaci\u00f3ns) abren as s\u00faas portas nestes primeiros d\u00edas de xullo nunha acci\u00f3n coordinada entre a Xunta e concellos para levar a cabo unha apertura gradual que permita dar asistencia aos primeiros peregrinos que volven percorrer os itinerarios do Cami\u00f1o de Santiago. En calquera caso, a previsi\u00f3n \u00e9 que o 1 de setembro todos os albergues estean xa operativos.<\/p>\n<p>Cabe destacar, ademais, que durante este primeiro mes de xullo, os albergues p\u00fablicos manter\u00e1n unha capacidade m\u00e1xima do 50%, mentres que no resto de albergues permitirase incrementar a porcentaxe at\u00e9 o 75%. Estes primeiros albergues son os situados na Gudi\u00f1a, Begonte, Betanzos, Boimorto, Carral, Castroverde, Lal\u00edn, Laza, Mes\u00eda, Mi\u00f1o, Monterroso, Mos, Neda, Ordes, Pontecesures, Pontevedra, Puertas, Samos, San Cristovo de Cea, Sandi\u00e1s, Teo, Trasmiras, Valga, Vedra, Ver\u00edn, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Amb\u00eda. Son os considerados m\u00e1is necesarios e supo\u00f1en m\u00e1is do 50% das prazas de aloxamentos totais en albergues en cada concello<\/p>\n<p>Despois de m\u00e1is de tres meses de peche pola covid-19, a Xunta d\u00e1 soporte a albergueros e informaci\u00f3n aos peregrinos a trav\u00e9s do seu programa Cami\u00f1o Seguro, ademais de completar a posta en marcha coa repartici\u00f3n de material de sinalizaci\u00f3n e prevenci\u00f3n (biombos, m\u00e1scaras para os traballadores, xeles e soluci\u00f3ns desinfectantes, dispensadores, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros).<\/p>\n<p>Ademais, a Xunta mant\u00e9n aberta unha li\u00f1a de axudas para o sector tur\u00edstico para financiar a adquisici\u00f3n de material de protecci\u00f3n e facilita a adaptaci\u00f3n dos negocios aos requirimentos de seguridade hixi\u00e9nico-sanitaria contra a covid-19, as\u00ed como formaci\u00f3n espec\u00edfica para o persoal destes aloxamentos en materia hixi\u00e9nico-sanitaria da que se beneficiaron 300 persoas que, ademais, puideron resolver tam\u00e9n d\u00fabidas durante estas semanas previas \u00e1 posta en marcha co servizo gratu\u00edto de asesoramento.<\/p>\n<p><strong>Sistema de reservas<\/strong><br \/>\nAdemais, a Xunta ha posta en marcha un sistema de reservas nos albergues p\u00fablicos a trav\u00e9s da plataforma <a href=\"http:\/\/alberguesxacobeo.gal\" target=\"_blank\">alberguesxacobeo.gal<\/a>, co obxectivo de ofrecer maiores garant\u00edas aos peregrinos no actual contexto sanitario. A trav\u00e9s dela os usuarios te\u00f1en acceso a un buscador con todos os establecementos da rede p\u00fablica mediante o cal poden efectuar o seu reserva e no que tam\u00e9n \u00e9 posible localizar os albergues en funci\u00f3n da ruta na que estean situados.<\/p>\n<p>O sistema facilitar\u00e1 as reservas desde o d\u00eda anterior at\u00e9 as 13,00 horas do d\u00eda de pernoica, o que convivir\u00e1 coa posibilidade de obter praza ao chegar ao establecemento sempre que este dispo\u00f1a de capacidade, facendo as\u00ed compatible este sistema co esp\u00edrito m\u00e1is tradicional de acollida xacobea. Ademais, a trav\u00e9s desta plataforma \u00e9 posible realizar reservas para grupos de at\u00e9 cinco persoas. Non \u00e9 preciso rexistrarse, a\u00ednda que est\u00e1 aberta esta opci\u00f3n para axilizar o proceso.<\/p>\n<p>Para reservar a s\u00faa praza, os usuarios deben completar o seu nome, correo electr\u00f3nico, data da reserva e, de maneira opcional, un tel\u00e9fono de contacto. Tr\u00e1tase dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta enmarcada no programa Cami\u00f1o Seguro para facilitar a peregrinaci\u00f3n na etapa poscovid-19 cunha maior certeza e seguridade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No marco do programa Cami\u00f1o Seguro, Xunta e concellos con albergues municipais coordinan a reapertura dos establecementos, adaptados \u00e1 nova situaci\u00f3n para unha acollida segura Co obxectivo de garantir unha atenci\u00f3n segura aos peregrinos, os primeiros 28 albergues p\u00fablicos (18 de xesti\u00f3n auton\u00f3mica, oito de xesti\u00f3n municipal e d\u00faas a cargo de asociaci\u00f3ns) abren as &#8230; <a title=\"Comeza a reapertura gradual dos albergues p\u00fablicos do Cami\u00f1o de Santiago\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/comeza-a-reapertura-gradual-dos-albergues-publicos-do-camino-de-santiago\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Comeza a reapertura gradual dos albergues p\u00fablicos do Cami\u00f1o de Santiago\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29372","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29372","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29372"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29372\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29372"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29372"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29372"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}