{"id":29384,"date":"2020-07-07T13:06:32","date_gmt":"2020-07-07T13:06:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-turismo-de-galicia-aproba-o-seu-orzamento-anual-marcado-polo-impacto-do-coronavirus-no-sector\/"},"modified":"2020-07-07T13:06:32","modified_gmt":"2020-07-07T12:06:32","slug":"o-cluster-turismo-de-galicia-aproba-o-seu-orzamento-anual-marcado-polo-impacto-do-coronavirus-no-sector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-aproba-o-seu-orzamento-anual-marcado-polo-impacto-do-coronavirus-no-sector\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster Turismo de Galicia aproba o seu orzamento anual marcado polo impacto do coronavirus no sector"},"content":{"rendered":"<h4>Aprobouse un plan de acci\u00f3ns que incl\u00faen acci\u00f3ns de apoio e asesoramento \u00e1s empresas para o proceso de reactivaci\u00f3n do sector<\/h4>\n<h4>O m\u00e1ximo \u00f3rgano da entidade aprobou tam\u00e9n 6 proxectos que se van a levar a cabo no marco do concurso de ideas<\/h4>\n<p>A Asemblea Xeral do Cl\u00faster Turismo de Galicia, o m\u00e1ximo \u00f3rgano de goberno desta entidade, aprobou esta ma\u00f1\u00e1 o orzamento co que se xestionar\u00e1 a entidade no exercicio 2020, ademais de dar conta definitiva das contas de 2019, das xesti\u00f3ns levadas a cabo ao longo deste primeiro semestre e aprobar a proposta do plan de actividades para o que resta de ano.<\/p>\n<p>Un ano marcado profundamente pola crise da COVID19 que tinguiu tanto o balance como a an\u00e1lise da situaci\u00f3n do cojunto do sector tur\u00edstico galego que avaliou o grave roto que est\u00e1 a ocasionar a pandemia na econom\u00eda dun sector que se atopa agora nunha situaci\u00f3n de incerteza e de dif\u00edcil equilibrio econ\u00f3mico no que se moven as empresas.<\/p>\n<p>As\u00ed, nun exercicio profundamente marcado pola pandemia que supuxo un envorco radical \u00e1 proposta de traballo coa que se part\u00eda a comezos de ano, a secretar\u00eda t\u00e9cnica debullou a proposta do plan de actividades, adaptado \u00e1 presente situaci\u00f3n, e o orzamento para o presente exercicio que ascende a un total de 970.350 euros, o que sup\u00f3n un incremento do 2,5% con respecto ao exercicio pasado, unha cifra que xa incl\u00fae as cotas que os asociados que se incorporaron neste exercicio ao orzamento.<\/p>\n<p><strong>Acci\u00f3ns adaptadas \u00e1 nova situaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nEntre as novidades que exp\u00f3n a proposta de actividades para este exercicio destaca a posta en marcha de d\u00faas vinculadas ao labor de asesoramento e apoio \u00e1s empresas tur\u00edsticas no proceso de reactivaci\u00f3n tras a pandemia: o programa Turismo 100X100, que se por\u00e1 en marcha en virtude dun convenio pendente de asinar coa Conseller\u00eda de Cultura e Turismo, supor\u00e1 a posta en marcha dun servizo de asesoramento e apoio \u00e1s empresas ante as necesidades derivadas da crise da COVID19, ofrec\u00e9ndolles axuda na definici\u00f3n de novos modelos de negocio, procura de oportunidades, acceso a financiamento as\u00ed como unha serie de acci\u00f3ns encami\u00f1adas a garantir a s\u00faa supervivencia empresarial e mesmo a xesti\u00f3n do cambio.<\/p>\n<p>A segunda das novidades \u00e9 a posta en marcha dunha acci\u00f3n de apoio \u00e1 implantaci\u00f3n do Bono Tur\u00edstico #QuedamosenGalicia, apoiando \u00e1s empresas na adhesi\u00f3n, difundindo o programa e fomentando a adhesi\u00f3n \u00e1 proposta que foi inclu\u00edda a petici\u00f3n do sector no Plan de Reactivaci\u00f3n tur\u00edstica aprobada pola Xunta de Galicia. De igual maneira que co programa Turismo 100&#215;100, o convenio para a posta en marcha desta acci\u00f3n est\u00e1 pendente de formalizarse coa Conseller\u00eda.<\/p>\n<p><strong>Acci\u00f3ns de promoci\u00f3n e comercializaci\u00f3n tur\u00edsticas<\/strong><\/p>\n<p>En canto \u00e1 maior partida do orzamento, \u00e9 a que vai destinada ao cap\u00edtulo de promoci\u00f3n e comercializaci\u00f3n de Galicia como destino tur\u00edstico, a trav\u00e9s do convenio trianual que o Cl\u00faster asinou coa Conseller\u00eda o ano pasado e que sup\u00f3n unha dotaci\u00f3n de medio mill\u00f3n de euros con car\u00e1cter anual. A trav\u00e9s del o CTG leva a cabo actuaci\u00f3ns encami\u00f1adas \u00e1 mellora da comercializaci\u00f3n dos produtos tur\u00edsticos de Galicia, acci\u00f3ns de promoci\u00f3n e difusi\u00f3n dos recursos tur\u00edsticos as\u00ed como mellora do co\u00f1ecemento da oferta de produto tur\u00edstico comercializable e creaci\u00f3n de produto tur\u00edstico cabeceira de marca, que se est\u00e1 adaptando conforme \u00e1s novas necesidades do sector.<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, o orzamento incl\u00fae tam\u00e9n os convenios anuais de impulso da Q de Calidade tur\u00edstica, apoio ao asociacionismo e un convenio coa Deputaci\u00f3n de Pontevedra para a realizaci\u00f3n dunha xornada orientada ao sector tur\u00edstico galego.<\/p>\n<p><strong>Presentaci\u00f3n dos proxectos aprobados no Concurso de Ideas<\/strong><\/p>\n<p>Finalmente na Asemblea tam\u00e9n se deu conta dos proxectos aprobados no marco do Concurso anual de Ideas convocado polo Cl\u00faster Turismo de Galicia, cuxos prazos de actuaci\u00f3n e obxectivos tam\u00e9n se viron modificados como consecuencia da pandemia.<\/p>\n<p>Os proxectos aprobados que dan continuidade a proxectos inciados outros anos foron: MICE Galicia, que supondr\u00f3 este ano o dese\u00f1o e organizaci\u00f3n dunha viaxe de familiarizaci\u00f3n nacional con polo menos 10 participantes especializados no segmento MICE, inclu\u00edndo polo menos a visita \u00e1s cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coru\u00f1a; Enoturismo Galicia, no que se desenvolver\u00e1 unha campa\u00f1a de publicidade de Enoturismo Galicia no norte de Portugal, tomando como referencia a campa\u00f1a ?Alma, coraz\u00f3n e Vi\u00f1o? dese\u00f1ada no marco do concurso de ideas de 2018; Galicia Destino Familiar, coa consolidaci\u00f3n de produto tur\u00edstico orientado ao turismo familiar e pondo en marcha novas acci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n para potenciar o posicionamento da marca entre o p\u00fablico final; Un Descanso nos Cami\u00f1os, iniciado o ano pasado e co que se busca a consolidaci\u00f3n, posicionamento, difusi\u00f3n e impulso \u00e1 comercializaci\u00f3n do proxecto e Galicia Destino Golf, que organizar\u00e1 unha viaxe de familiarizaci\u00f3n en Galicia, con polo menos 7 participantes (prescriptores) portugueses especializados no sector do golf, no que os participantes visitar\u00e1n os principais campos de golf.<\/p>\n<p>Como novidade para este ano aprobouse tam\u00e9n un \u00faltimo proxecto, Galicia Experience, que supor\u00e1 a creaci\u00f3n dunha nova canle de comercializaci\u00f3n da oferta de recursos adheridos baixo a marca Galicia Experience.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aprobouse un plan de acci\u00f3ns que incl\u00faen acci\u00f3ns de apoio e asesoramento \u00e1s empresas para o proceso de reactivaci\u00f3n do sector O m\u00e1ximo \u00f3rgano da entidade aprobou tam\u00e9n 6 proxectos que se van a levar a cabo no marco do concurso de ideas A Asemblea Xeral do Cl\u00faster Turismo de Galicia, o m\u00e1ximo \u00f3rgano de &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster Turismo de Galicia aproba o seu orzamento anual marcado polo impacto do coronavirus no sector\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-aproba-o-seu-orzamento-anual-marcado-polo-impacto-do-coronavirus-no-sector\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster Turismo de Galicia aproba o seu orzamento anual marcado polo impacto do coronavirus no sector\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29384","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29384"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29384\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}