{"id":29387,"date":"2020-07-08T12:19:22","date_gmt":"2020-07-08T12:19:22","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/axencias-de-viaxes-e-turoperacion-impulsaran-o-turismo-de-proximidade-en-virtude-de-dous-convenios-asinados-coa-xunta-por-valor-de-medio-millon-de-euros\/"},"modified":"2020-07-08T12:19:22","modified_gmt":"2020-07-08T11:19:22","slug":"axencias-de-viaxes-e-turoperacion-impulsaran-o-turismo-de-proximidade-en-virtude-de-dous-convenios-asinados-coa-xunta-por-valor-de-medio-millon-de-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/axencias-de-viaxes-e-turoperacion-impulsaran-o-turismo-de-proximidade-en-virtude-de-dous-convenios-asinados-coa-xunta-por-valor-de-medio-millon-de-euros\/","title":{"rendered":"Axencias de Viaxes e turoperaci\u00f3n impulsar\u00e1n o turismo de proximidade en virtude de dous convenios asinados coa Xunta por valor de medio mill\u00f3n de euros"},"content":{"rendered":"<h4>Impulsaranse experiencias en \u00e1reas estrat\u00e9xicas para diversificar a actividade tur\u00edstica como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte ou os Cami\u00f1os de Santiago<\/h4>\n<h4>As axencias ofrecer\u00e1n descontos de at\u00e9 o 10% a particulares que contratasen un paquete f\u00f3ra de Galicia e decidan reorientalo \u00e1 Comunidade<\/h4>\n<p>A <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/agaviasociacion\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI)<\/a> e a <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.comgl\/la-asociacion-de-turoperadores-receptivos-de-galicia-atrega-se-presenta-en-fitur\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA)<\/a> asinaron senllos convenios de colaboraci\u00f3n coa Conseller\u00eda de Cultura e Turismo por valor de 500.000 euros para combater os efectos econ\u00f3micos da covid-19 no sector tur\u00edstico incentivando o consumo con novas iniciativas que faciliten as viaxes na Comunidade.<\/p>\n<p>O obxectivo deste convenio \u00e9 reactivar este subsector da turoperaci\u00f3n e evitar a anulaci\u00f3n de paquetes tur\u00edsticos por parte dos usuarios, ofrecendo descontos de at\u00e9 o 10% a aqueles particulares que contratasen un paquete para viaxar f\u00f3ra de Galicia nunha data posterior \u00e1 declaraci\u00f3n do estado de alarma e decidan agora cambialo por unha experiencia no interior de Galicia. Primaranse produtos consolidados como o Outono Gastron\u00f3mico, experiencias en balnearios, rutas enotur\u00edsticas ou a participaci\u00f3n en Elixe Galicia, a iniciativa posta en marcha pola Xunta para promover o turismo interno f\u00f3ra de tempada.<\/p>\n<p>Como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, a colaboraci\u00f3n con AGAVI que ascende a 300.000 euros permitir\u00e1, ademais, facilitar que as familias percorran Galicia e co\u00f1ezan os seus recursos. Deste xeito, crearanse novos produtos e experiencias pensados para este mercado d\u00e1ndolles facilidades para o seu financiamento, pois poder\u00e1n pagar de maneira fraccionado nun prazo de entre seis e 12 meses sen custe adicional.<\/p>\n<p><strong>Experiencias vinculadas ao Xacobeo 2021<\/strong><br \/>\nNo que se refire \u00e1 colaboraci\u00f3n cos turoperadores, materializada a trav\u00e9s de ATREGA, a cont\u00eda ascende a 200.000 euros e o convenio incl\u00fae a posta en marcha de novos produtos tur\u00edsticos vinculados ao Xacobeo 2021. Priorizaranse \u00e1reas estrat\u00e9xicas que permitan diversificar a actividade tur\u00edstica polo territorio galego, como a Ribeira Sacra, a Mari\u00f1a Lucense, a Costa da Morte ou os diferentes itinerarios dos Cami\u00f1os de Santiago. Neste sentido, crearanse experiencias para grupos, programas de escapadas e iniciativas que unan a enogastronom\u00eda, o termalismo e actividades na contorna rural e o patrimonio cultural.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Impulsaranse experiencias en \u00e1reas estrat\u00e9xicas para diversificar a actividade tur\u00edstica como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte ou os Cami\u00f1os de Santiago As axencias ofrecer\u00e1n descontos de at\u00e9 o 10% a particulares que contratasen un paquete f\u00f3ra de Galicia e decidan reorientalo \u00e1 Comunidade A Asociaci\u00f3n de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI) e &#8230; <a title=\"Axencias de Viaxes e turoperaci\u00f3n impulsar\u00e1n o turismo de proximidade en virtude de dous convenios asinados coa Xunta por valor de medio mill\u00f3n de euros\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/axencias-de-viaxes-e-turoperacion-impulsaran-o-turismo-de-proximidade-en-virtude-de-dous-convenios-asinados-coa-xunta-por-valor-de-medio-millon-de-euros\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Axencias de Viaxes e turoperaci\u00f3n impulsar\u00e1n o turismo de proximidade en virtude de dous convenios asinados coa Xunta por valor de medio mill\u00f3n de euros\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29387","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29387","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29387"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29387\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29387"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29387"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29387"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}