{"id":29423,"date":"2020-07-27T17:25:39","date_gmt":"2020-07-27T17:25:39","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/sanxenxo-convertese-no-primeiro-concello-de-galicia-declarado-territorio-de-preferente-actuacion-turistica\/"},"modified":"2020-07-27T17:25:39","modified_gmt":"2020-07-27T16:25:39","slug":"sanxenxo-convertese-no-primeiro-concello-de-galicia-declarado-territorio-de-preferente-actuacion-turistica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sanxenxo-convertese-no-primeiro-concello-de-galicia-declarado-territorio-de-preferente-actuacion-turistica\/","title":{"rendered":"Sanxenxo conv\u00e9rtese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuaci\u00f3n tur\u00edstica"},"content":{"rendered":"<p>Coa entrega da distinci\u00f3n por parte da Xunta, o concello de Sanxenxo converteuse esta semana no primeiro municipio declarado territorio preferente de actuaci\u00f3n tur\u00edstica, unha figura establecida na Lei do Turismo da Xunta de Galicia, e que agora se comeza a desenvolver con esta declaraci\u00f3n e a aprobaci\u00f3n dun Plan de Actuaci\u00f3n Integral que ordene os seus recursos coa que se culmina un proceso no que estivo traballando o concello para cumprir coas esixentes caracter\u00edsticas desta declaraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Co acto celebrado esta semana, no que participaron o conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Mart\u00edn, o presidente do Consorcio de Empresarios Tur\u00edsticos de Sanxenxo, Alfonso Mart\u00ednez, e o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, entre outras autoridades, culm\u00ednase un proceso iniciado en setembro de 2019 polo Concello, quen solicitou \u00e1 Xunta de Galicia esta declaraci\u00f3n. Tras pasar todos os tr\u00e1mites, inclu\u00edndo a informaci\u00f3n aos membros do Consello Galego de Turismo, Sanxenxo oficializa este reco\u00f1ecemento que sup\u00f3n a posta en marcha dun Plan de Actuaci\u00f3n Integral, unha folla de ruta con recursos econ\u00f3micos e prazos de execuci\u00f3n que permitir\u00e1 mellorar os seus equipamentos tur\u00edsticos e ordenar a s\u00faa actividade neste \u00e1mbito.<\/p>\n<p>Grazas a recursos como as s\u00faas praias, portos deportivos, talasos e spas, campos de golf ou mesmo a s\u00faa pegada xacobea coa Ruta do Mar de Arousa e R\u00edo Ulla, esta vila ten, tal e como destacou o conselleiro Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, &#8220;un modelo de \u00e9xito&#8221; que est\u00e1 a facer que Sanxenxo chegue a multiplicar a s\u00faa poboaci\u00f3n especialmente en \u00e9poca estival.<\/p>\n<p>Por iso, engadiu, a declaraci\u00f3n como territorio de especial actuaci\u00f3n tur\u00edstica supor\u00e1 &#8220;m\u00e1is seguridade xur\u00eddica&#8221; para Sanxenxo e a posta en marcha de m\u00e1is ferramentas para &#8220;facer desta vila un lugar mellor para visitar e tam\u00e9n para vivir&#8221;, indicou. Neste sentido, destacou como un dos principais retos desta localidade nesta nova etapa o de fortalecer o seu papel como destino familiar e lugar que visitar f\u00f3ra de tempada.<\/p>\n<p><strong>Sa\u00fade, medio ambiente e seguridade<\/strong><br \/>\nPara dar resposta a estas novas necesidades, o conselleiro de Cultura e Turismo en funci\u00f3ns avanzou que a Xunta colaborar\u00e1 co concello de Sanxenxo no impulso do turismo deportivo, axudando a crear unha rede de itinerarios en augas abertas que combinen turismo, deporte e medio ambiente. Tam\u00e9n se crear\u00e1n carreiros saudables a trav\u00e9s da organizaci\u00f3n de eventos deportivos e acci\u00f3ns para g\u00f3ceo das familias e apoiarase nas necesidades de limpeza, seguridade ou mellora de accesos \u00e1s praias.<\/p>\n<p>&#8220;A declaraci\u00f3n de Sanxenxo como territorio de preferente actuaci\u00f3n tur\u00edstica \u00e9, sen d\u00fabida, a mellor noticia que podiamos ter e que nos permitir\u00e1 seguir consolidando o municipio como primeiro destino tur\u00edstico do norte de Espa\u00f1a cun plan de actuaci\u00f3n integral&#8221;, destacou pola s\u00faa banda o alcalde do municipio, Telmo Mart\u00edn. No acto tam\u00e9n estiveron presentes varios representantes do sector tur\u00edstico da vila, aos que o alcale aproveitou para agradecer o esforzo e sacrificio que est\u00e1n a facer como consecuencia da crise sanitaria da covid-19. Felicitou, ademais aos profesionais do concello pola posta en marcha da s\u00faa nova campa\u00f1a de promoci\u00f3n Sanxenxo Volve.<\/p>\n<p>Precisamente neste sentido interv\u00edn o presidente do CETS, Alfonso Mart\u00ednez, quen destacou a importancia desta declaraci\u00f3n e aproveitou para avanzar os primeiros resultados da campa\u00f1a de promoci\u00f3n tur\u00edstica de destino que est\u00e1n a levar a cabo o CETS baixo o esl\u00f3gan &#8220;Sanxenxo Volve&#8221;, coa que se conseguiron m\u00e1is de 3 mill\u00f3ns de impactos nos principais medios e redes sociais de territorios como Portugal, Madrid, Asturias ou Castela e Le\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Declaraci\u00f3n espec\u00edfica<\/strong><br \/>\nA declaraci\u00f3n de territorios de preferente actuaci\u00f3n tur\u00edstica que v\u00e9n de obter Sanxenxo est\u00e1 tipificada xa na Lei de Turismo de Galicia. Identifica a aqueles territorios que deben cumprir uns esixentes e espec\u00edficos criterios e que, polos seus especiais caracter\u00edsticas, demanda tam\u00e9n unha actuaci\u00f3n singular da administraci\u00f3n p\u00fablicas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coa entrega da distinci\u00f3n por parte da Xunta, o concello de Sanxenxo converteuse esta semana no primeiro municipio declarado territorio preferente de actuaci\u00f3n tur\u00edstica, unha figura establecida na Lei do Turismo da Xunta de Galicia, e que agora se comeza a desenvolver con esta declaraci\u00f3n e a aprobaci\u00f3n dun Plan de Actuaci\u00f3n Integral que ordene &#8230; <a title=\"Sanxenxo conv\u00e9rtese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuaci\u00f3n tur\u00edstica\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sanxenxo-convertese-no-primeiro-concello-de-galicia-declarado-territorio-de-preferente-actuacion-turistica\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Sanxenxo conv\u00e9rtese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuaci\u00f3n tur\u00edstica\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29423","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29423","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29423"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29423\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29423"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29423"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29423"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}