{"id":29426,"date":"2020-07-28T10:13:34","date_gmt":"2020-07-28T10:13:34","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-os-beneficiarios-do-bono-turistico\/"},"modified":"2020-07-28T10:13:34","modified_gmt":"2020-07-28T09:13:34","slug":"aberto-o-prazo-de-solicitude-para-os-beneficiarios-do-bono-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-os-beneficiarios-do-bono-turistico\/","title":{"rendered":"Aberto o prazo de solicitude para os beneficiarios do bono tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<h4>Os interesados dos \u00e1mbitos sanitario e sociosanitario poder\u00e1n pedilo at\u00e9 o 30 de novembro e a s\u00faa concesi\u00f3n realizarase por orde de inscrici\u00f3n e at\u00e9 esgotar os fondos asignados, 5 mill\u00f3ns de euros.<\/h4>\n<h4>Unha vez concedido, os beneficiarios recibir\u00e1n un cart\u00f3n prepago de Abanca con 250 euros que poder\u00e1n empregar at\u00e9 o 13 de decembro nas empresas ou produtos tur\u00edsticos adheridos<\/h4>\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2020\/20200727\/AnuncioG0256-220720-0001_gl.html\" target=\"_blank\">Diario Oficial de Galicia recolle a publicaci\u00f3n das condici\u00f3ns e prazo de solicitude dos beneficiarios potenciais do Bono Tur\u00edstico<\/a>, unha acci\u00f3n impulsada a iniciativa do Cl\u00faster Turismo de Galicia, dotada con 5 M\u20ac que busca inxectar liquidez nas empresas desta industria, fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e impulsar a recuperaci\u00f3n da econom\u00eda e do tecido empresarial da Comunidade ante a crise da covid-19. Os interesados poder\u00e1n presentar a s\u00faa solicitude de maneira voluntaria na sede electr\u00f3nica at\u00e9 o 30 de novembro e a s\u00faa concesi\u00f3n realizarase por orde de inscrici\u00f3n at\u00e9 esgotar o cr\u00e9dito correspondente.<\/p>\n<p>A Xunta prev\u00e9 que a iniciativa chegar\u00e1 a preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario que traballaron en primeira li\u00f1a na loita contra a covid-19. Todos aqueles que resulten beneficiarios recibir\u00e1n un cart\u00f3n prepago de Abanca con 250?, de car\u00e1cter nominativo, que poder\u00e1 ser utilizada nos establecementos ou produtos tur\u00edsticos adheridos a este programa at\u00e9 o 13 de decembro, co obxectivo de favorecer a recuperaci\u00f3n e reactivaci\u00f3n do sector tur\u00edstico de maneira inmediata e at\u00e9 finais de 2020.<\/p>\n<p>Cando a persoa solicitante resulte beneficiaria do Bono Tur\u00edstico e unha vez que Abanca reciba a confirmaci\u00f3n dos adxudicatarios, proceder\u00e1 \u00e1 estampaci\u00f3n do cart\u00f3n e xesti\u00f3n do seu env\u00edo nun prazo m\u00e1ximo de sete d\u00edas h\u00e1biles. Con todo, a entidade bancaria habilitar\u00e1 un tel\u00e9fono de soporte operativo no que proporcionar\u00e1n informaci\u00f3n adicional sobre condici\u00f3ns operativas do cart\u00f3n e axuda en caso de perda ou roubo.<\/p>\n<p><strong>Ampla oferta de servizos<\/strong><br \/>\nOs beneficiarios poder\u00e1n <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/quedamosengalicia\/adhesion-de-establecementos?langId=es_ES\" target=\"_blank\">consultar a oferta de produtos e servizos inclu\u00eddos<\/a> no <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/quedamosengalicia\/inicio?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Bono Tur\u00edstico a trav\u00e9s da web de Turismo de Galicia<\/a>. En concreto, solicitaron a s\u00faa adhesi\u00f3n a este programa m\u00e1is de 250 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe entre os que se atopa a pr\u00e1ctica totalidade dos Paradores da nosa Comunidade, hoteis de cinco e catro estrelas e m\u00e1is de medio centenar de axencias de viaxe.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n figuran m\u00e1is dunha vintena de establecementos de turismo rural, balnearios e outros emprazamentos singulares como faros, pazos ou sem\u00e1foros mar\u00edtimos, conformando unha oferta de calidade e sustentable baseada nalg\u00fans dos principais valores do modelo tur\u00edstico galego, como son a enogastronom\u00eda, a paisaxe ou o termalismo.<\/p>\n<p>Entre as opci\u00f3ns que ofertar\u00e1n aos beneficiarios destacan produtos tur\u00edsticos ou experiencias que ofrecen un desconto m\u00ednimo do 15% sobre o prezo com\u00fan do servizo, sumando as\u00ed unha bonificaci\u00f3n por parte do propio sector, e compren coas medidas hixi\u00e9nico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os interesados dos \u00e1mbitos sanitario e sociosanitario poder\u00e1n pedilo at\u00e9 o 30 de novembro e a s\u00faa concesi\u00f3n realizarase por orde de inscrici\u00f3n e at\u00e9 esgotar os fondos asignados, 5 mill\u00f3ns de euros. Unha vez concedido, os beneficiarios recibir\u00e1n un cart\u00f3n prepago de Abanca con 250 euros que poder\u00e1n empregar at\u00e9 o 13 de decembro &#8230; <a title=\"Aberto o prazo de solicitude para os beneficiarios do bono tur\u00edstico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/aberto-o-prazo-de-solicitude-para-os-beneficiarios-do-bono-turistico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Aberto o prazo de solicitude para os beneficiarios do bono tur\u00edstico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29426","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29426","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29426"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29426\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}