{"id":29438,"date":"2020-07-31T12:41:52","date_gmt":"2020-07-31T12:41:52","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/abanca-e-cluster-turismo-de-galicia-alianse-para-ofrecer-solucions-financeiras-adaptadas-a-situacion-do-sector-turistico-galego\/"},"modified":"2020-07-31T12:41:52","modified_gmt":"2020-07-31T11:41:52","slug":"abanca-e-cluster-turismo-de-galicia-alianse-para-ofrecer-solucions-financeiras-adaptadas-a-situacion-do-sector-turistico-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/abanca-e-cluster-turismo-de-galicia-alianse-para-ofrecer-solucions-financeiras-adaptadas-a-situacion-do-sector-turistico-galego\/","title":{"rendered":"Abanca e Cl\u00faster Turismo de Galicia al\u00edanse para ofrecer soluci\u00f3ns financeiras adaptadas \u00e1 situaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego"},"content":{"rendered":"<h4>O banco e a agrupaci\u00f3n de entidades do sector tur\u00edstico renovan a s\u00faa colaboraci\u00f3n e activan opci\u00f3ns de financiamento adaptadas \u00e1 situaci\u00f3n econ\u00f3mica xerada pola crise da COVID-19<br \/>\nA entidade financeira atende as demandas do Cl\u00faster ante un momento cr\u00edtico e ofrece produtos con prazos de amortizaci\u00f3n amplos, carencias e baixos intereses<\/h4>\n<p><a href=\"https:\/\/www.abanca.com\/es\/\" target=\"_blank\">ABANCA<\/a> e o Cl\u00faster Turismo de Galicia\u00a0ve\u00f1en de dar un novo\u00a0pulo \u00e1 colaboraci\u00f3n que mante\u00f1en en materia financeira coa sinatura dun convenio de colaboraci\u00f3n en virtude do cal banco e CTG pon o foco posto en ofrecer alternativas de cr\u00e9dito aos empresarios do sector tur\u00edstico galego.<br \/>\nAs\u00ed, o novo convenio asinado esta ma\u00f1\u00e1 na Cidade da Cultura de Galicia entre o director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel Gonz\u00e1lez Eiroa, e o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, incorpora soluci\u00f3ns especiais de financiamento para facer fronte aos efectos da pandemia.<br \/>\nNeste sentido, o presidente do CTG destacaba a boa resposta de entidades bancarias como ABANCA ante unha situaci\u00f3n sobrevinda que tan grave rev\u00e9s est\u00e1 a producir no tecido industrial tur\u00edstico de Galicia. De a\u00ed a importancia &#8220;de contar co apoio de ABANCA que ofrece unha resposta directa \u00e1s necesidades actuais do colectivo, moi marcadas pola crise sanitaria e os seus efectos econ\u00f3micos&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Soluci\u00f3ns espec\u00edficas para o sector<\/strong><br \/>\nSegundo rec\u00f3llese no convenio asinado, a entidade financeira ofrece as li\u00f1as oficiais de financiamento COVID-19 do ICO, as\u00ed como o programa Igape COVID-19 da Xunta. Pero, ademais, o novo acordo ofrece \u00e1s empresas e asociaci\u00f3ns tur\u00edsticas que se engloban no Cl\u00faster unha ampla variedade de produtos ideados para mellorar a s\u00faa competitividade a trav\u00e9s de novos investimentos. O documento incl\u00fae soluci\u00f3ns como os pr\u00e9stamos persoais e hipotecarios ou o leasing mobiliario, todos eles con amplos prazos de amortizaci\u00f3n, posibilidade de inclu\u00edr carencias e intereses moi competitivos.<br \/>\nPola s\u00faa banda, o novo texto tam\u00e9n d\u00e1 resposta \u00e1s necesidades m\u00e1is inmediatas, que permiten adaptarse \u00e1s demandas da actividade diaria. As empresas tur\u00edsticas ter\u00e1n \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n produtos e servizos como p\u00f3lizas de cr\u00e9dito, li\u00f1as de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.<\/p>\n<p><strong>Acceso a programas e servizos<\/strong><br \/>\nM\u00e1is al\u00f3 do financiamento, o texto incl\u00fae tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV, cun 0,20% de comisi\u00f3n. Ademais, poder\u00e1n acceder a outros servizos que ABANCA pon a disposici\u00f3n deste colectivo como &#8220;App\u00fantame&#8221;, para xestionar de maneira sinxela calquera tipo de cotas, domiciliaciones ou subscrici\u00f3ns, o Br\u00f3ker Online ou ABANCA Pay, entre outros.<br \/>\nDa mesma maneira, os integrantes do cl\u00faster poder\u00e1n acceder \u00e1s vantaxes do Programa Cero Comisi\u00f3ns de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e cart\u00f3ns, pero tam\u00e9n polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O banco e a agrupaci\u00f3n de entidades do sector tur\u00edstico renovan a s\u00faa colaboraci\u00f3n e activan opci\u00f3ns de financiamento adaptadas \u00e1 situaci\u00f3n econ\u00f3mica xerada pola crise da COVID-19 A entidade financeira atende as demandas do Cl\u00faster ante un momento cr\u00edtico e ofrece produtos con prazos de amortizaci\u00f3n amplos, carencias e baixos intereses ABANCA e o &#8230; <a title=\"Abanca e Cl\u00faster Turismo de Galicia al\u00edanse para ofrecer soluci\u00f3ns financeiras adaptadas \u00e1 situaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/abanca-e-cluster-turismo-de-galicia-alianse-para-ofrecer-solucions-financeiras-adaptadas-a-situacion-do-sector-turistico-galego\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Abanca e Cl\u00faster Turismo de Galicia al\u00edanse para ofrecer soluci\u00f3ns financeiras adaptadas \u00e1 situaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29438","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29438","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29438"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29438\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29438"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29438"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29438"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}