{"id":29441,"date":"2020-08-04T10:01:28","date_gmt":"2020-08-04T10:01:28","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/apoio-da-xunta-aos-festivais-musicais-baixo-a-marca-fest-galicia\/"},"modified":"2020-08-04T10:01:28","modified_gmt":"2020-08-04T09:01:28","slug":"apoio-da-xunta-aos-festivais-musicais-baixo-a-marca-fest-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/apoio-da-xunta-aos-festivais-musicais-baixo-a-marca-fest-galicia\/","title":{"rendered":"Apoio da Xunta aos festivais musicais baixo a marca Fest Galicia"},"content":{"rendered":"<h4>A marca agrupa a un total de 13 festivais que compartiron co goberno galego a s\u00faa situaci\u00f3n e as medidas adoptadas ante a situaci\u00f3n derivada da COVID19<\/h4>\n<p>Representantes dos festivais adheridos \u00e1 marca <a href=\"https:\/\/festgalicia.gal\/es\/\" target=\"_blank\">FEST Galicia<\/a>, o conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantiveron un encontro co obxectivo de co\u00f1ecer de primeira man a situaci\u00f3n dos seus proxectos e abordar as medidas nas que traballa a Xunta de Galicia para impulsar o sector cultural e musical, tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021.<\/p>\n<p>Neste sentido os representantes da entidade destacaron o proceso de adaptaci\u00f3n dos formatos \u00e1 actual situaci\u00f3n marcada pola crise sanitaria da covid-19, repensando as s\u00faas programaci\u00f3ns e apostando en moitos casos por artistas galegos, ademais de modificar os seus calendarios habituais en moitos casos. At\u00e9 o momento celebr\u00e1ronse Vive Nigr\u00e1n 2020 Picnic-Club Edition, encargado de inaugurar a tempada FEST Galicia os pasados 17 e 18 de xullo; Sinsal Litoral SON Estrela Galicia, que ofreceu unha exclusiva carteleira ao longo de cinco d\u00edas; e os festivais 17\u00ba Ribeira Sacra e MicroSonR\u00edas Baixas, que celebraron edici\u00f3ns especiais en formato reducido.<\/p>\n<p>A mediados de agosto desenvolverase o Atlantic Fest\/Fest Galicia Xacobeo 2021 cun concerto sorpresa que se traducir\u00e1 en pezas audiovisuais para difundir a trav\u00e9s das redes sociais, sen perder de vista a esencia de festival de praia que inaugura unha nova etapa do evento con localizaci\u00f3n no areal da Concha, en Vilagarc\u00eda de Arousa. E pechando o mes de agosto, o venres 28 e o s\u00e1bado 29, o Resurrection Fest 2020 Online Edition desenvolver\u00e1 unha programaci\u00f3n en streaming con m\u00e1is de 12 horas de contido nas plataformas de YouTube e Facebook, na que se incl\u00fae un documental coa historia do festival, concertos in\u00e9ditos, entrevistas e a estrea oficial da canci\u00f3n do Resurrection Fest creada pola banda Crisix.<\/p>\n<p><strong>Setembro, o mes m\u00e1is festivalero<\/strong><\/p>\n<p>Moitos festivais decidiron mover o seu calendario habitual ao mes de setembro, que estar\u00e1 cargado de propostas moi diversas. A ruta comezar\u00e1 en Lugo coa programaci\u00f3n do Caudal Fest, que programar\u00e1 as Noites de Caudal con 15 concertos de varios artistas, repartidos do 3 ao 20 de setembro en distintos emprazamentos da cidade de Lugo para un m\u00e1ximo de 800 persoas.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o Festival das Linguas ofrece o formato Revenidas en conserva, que do xoves 10 ao domingo 13 mesturar\u00e1 actividades en li\u00f1a e convocatorias presenciais, con m\u00fasica, circo, narraci\u00f3n oral, actividades de cultura mari\u00f1eira e gastronom\u00eda en varios lugares de interese tur\u00edstico do barrio de Vilaxo\u00e1n, en Vilagarc\u00eda de Arousa.<\/p>\n<p>Esa mesmo fin de semana o WOS desenvolver\u00e1 a s\u00faa edici\u00f3n m\u00e1is reflexiva cunha xornada do programa de conferencias WOS Talks X FEST Galicia, que ter\u00e1 lugar o s\u00e1bado 12 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, e tam\u00e9n v\u00eda streaming. Ser\u00e1n charlas con car\u00e1cter formativo, centradas na responsabilidade social e dirixidas a unha ampla audiencia sobre temas de actualidade na cultura e experiencias persoais de artistas de prestixio.<\/p>\n<p>No \u00faltimo fin de semana de setembro tam\u00e9n confl\u00faen outras d\u00faas citas. En Santiago, do 24 ao 27, o festival Cantos na Mar\u00e9 programar\u00e1 a edici\u00f3n especial Compostela na Marea con actividades musicais e sectoriais que se desenvolver\u00e1n en diferentes espazos singulares da capital de Galicia e poderanse seguir tam\u00e9n a trav\u00e9s da rede. Mentres, en Vigo, o Festival Under Fest celebrar\u00e1 unha edici\u00f3n reducida o s\u00e1bado 26 de setembro, con concertos en salas e teatros da cidade e tam\u00e9n actividades na r\u00faa.<\/p>\n<p>A\u00ednda en setembro pero sen data confirmada, ter\u00e1n lugar outros dous eventos: Festival da Luz ofrecer\u00e1 Reencontros d\u00e1 Luz e a que ser\u00e1 a 10\u00aa edici\u00f3n do PortAm\u00e9rica publicar\u00e1 Talento galego para levar, tres gravaci\u00f3ns exclusivas doutros tantos artistas de talento consolidado da m\u00fasica galega, que se realizar\u00e1n sen p\u00fablico en lugares de interese tur\u00edstico, e que se publicar\u00e1n ao longo dese mes.<\/p>\n<p><strong>Apoio da Xunta<\/strong><br \/>\nOs festivais profesionais de m\u00fasica de ver\u00e1n que integran a marca FEST Galicia contan co apoio do Goberno galego a trav\u00e9s do programa FEST Galicia 2020 que conta cun investimento de 400.000 euros. Con esta nova proposta desenvolver\u00e1 at\u00e9 finais de setembro concertos e convocatorias de formato reducido para cumprir cos protocolos hixi\u00e9nico-sanitarios, as\u00ed como distintas acci\u00f3ns en li\u00f1a. A prioridade \u00e9 apoiar economicamente as empresas promotoras para que o pr\u00f3ximo ano poidan regresar con edici\u00f3ns e carteis tan sobresalientes como os inicialmente previstos para este ano.<\/p>\n<p>FEST Galicia mantense as\u00ed como marca transversal impulsada polo Goberno auton\u00f3mico desde 2018 para promover un turismo musical sustentable e de calidade, liderado por festivais estrat\u00e9xicos para a nosa Comunidade e que, diante da actual crise sanitaria, v\u00edronse obrigados a suspender, atrasar ou modificar as s\u00faas edici\u00f3ns actuais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A marca agrupa a un total de 13 festivais que compartiron co goberno galego a s\u00faa situaci\u00f3n e as medidas adoptadas ante a situaci\u00f3n derivada da COVID19 Representantes dos festivais adheridos \u00e1 marca FEST Galicia, o conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, &#8230; <a title=\"Apoio da Xunta aos festivais musicais baixo a marca Fest Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/apoio-da-xunta-aos-festivais-musicais-baixo-a-marca-fest-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Apoio da Xunta aos festivais musicais baixo a marca Fest Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29441","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29441","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29441"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29441\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29441"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29441"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29441"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}