{"id":29444,"date":"2020-08-06T09:55:32","date_gmt":"2020-08-06T09:55:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-elimina-a-portugal-e-a-rioxa-da-lista-de-territorios-de-obrigado-rexistro-para-os-viaxeiros-que-chegan-a-galicia-e-inclue-a-madrid\/"},"modified":"2020-08-06T09:55:32","modified_gmt":"2020-08-06T08:55:32","slug":"a-xunta-elimina-a-portugal-e-a-rioxa-da-lista-de-territorios-de-obrigado-rexistro-para-os-viaxeiros-que-chegan-a-galicia-e-inclue-a-madrid","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-elimina-a-portugal-e-a-rioxa-da-lista-de-territorios-de-obrigado-rexistro-para-os-viaxeiros-que-chegan-a-galicia-e-inclue-a-madrid\/","title":{"rendered":"A Xunta elimina a Portugal e A Rioxa da lista de territorios de obrigado rexistro para os viaxeiros que chegan a Galicia e incl\u00fae a Madrid"},"content":{"rendered":"<h4>Contin\u00faan na lista Arag\u00f3n, Catalu\u00f1a, Navarra e Pa\u00eds Vasco en Espa\u00f1a e outros 136 pa\u00edses.<\/h4>\n<p>A Conseller\u00eda de Sanidade actualizou a listaxe de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia ante a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica tanto en distintas comunidades aut\u00f3nomas como noutros pa\u00edses. Como novidade destaca a inclusi\u00f3n de Madrid entre os territorios de obrigado rexistro mentres que desaparecen A Rioxa e Portugal. Contin\u00faan na lista Arag\u00f3n, Catalu\u00f1a, Navarra e Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n<p>Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do per\u00edodo de 14 d\u00edas anteriores \u00e1 s\u00faa chegada en territorios que pos\u00faan unha incidencia epidemiol\u00f3xica 4 veces superior \u00e1 de Galicia, deber\u00e1n comunicar nun prazo m\u00e1ximo de 24 horas os seus datos de contacto \u00e1s autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura conseguir un diagn\u00f3stico m\u00e1is precoz de calquera infecci\u00f3n polo virus, protexendo as\u00ed a sa\u00fade dos cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>D\u00faas modalidades para facilitar a informaci\u00f3n de contacto<br \/>\nPara proporcionar esta informaci\u00f3n, poderase cubrir o formulario que estar\u00e1 dispo\u00f1ible na web <a href=\"https:\/\/coronavirus.sergas.gal\/\" target=\"_blank\">https:\/\/coronavirus.sergas.gal\/<\/a> ou fornecer os datos chamando ao tel\u00e9fono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros facilitar\u00e1selles un contacto por se tivesen alg\u00fan tipo de sintomatolog\u00eda, ben a trav\u00e9s do seu m\u00e9dico de cabeceira se son residentes con cart\u00f3n sanitario en Galicia, ou a trav\u00e9s do n\u00famero de tel\u00e9fono anteriormente citado para aqueles que non dispo\u00f1an dela. Tam\u00e9n se lles proporcionar\u00e1 informaci\u00f3n e recomendaci\u00f3ns sanitarias e poder\u00e1n adoptarse as medidas de seguimento, reco\u00f1ecemento e control que se consideren necesarias. As\u00ed, por exemplo, no caso de persoas que ve\u00f1an de territorios cun risco m\u00e1is alto, independentemente de que te\u00f1an sintomatolog\u00eda ou non, poder\u00eda promoverse a realizaci\u00f3n dunha proba diagn\u00f3stica.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is de 100 mil viaxeiros rexistrados<\/strong><\/p>\n<p>Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Conseller\u00eda de Sanidade o pasado d\u00eda 29 de xullo. Delas 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades aut\u00f3nomas con comunicaci\u00f3n obrigatoria, concretamente 29.783 do Pa\u00eds Vasco, 24.150 de Catalu\u00f1a, 3.674 de Arag\u00f3n, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo rexistr\u00e1ronse 449 viaxeiros que chegaron dos pa\u00edses cun risco epidemiol\u00f3xico m\u00e1is elevado. Concretamente 121 desde Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de M\u00e9xico, 46 de Brasil, 42 da Rep\u00fablica Dominicana, 33 de Roman\u00eda, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Per\u00fa e 8 de Colombia.<\/p>\n<p>O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros pa\u00edses con risco epidemiol\u00f3xico menos elevado que os anteriormente citados ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente, xa que prove\u00f1en de comunidades aut\u00f3nomas e pa\u00edses que non son de declaraci\u00f3n obrigatoria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Contin\u00faan na lista Arag\u00f3n, Catalu\u00f1a, Navarra e Pa\u00eds Vasco en Espa\u00f1a e outros 136 pa\u00edses. A Conseller\u00eda de Sanidade actualizou a listaxe de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia ante a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica tanto en distintas comunidades aut\u00f3nomas como noutros pa\u00edses. Como novidade destaca a inclusi\u00f3n de Madrid entre &#8230; <a title=\"A Xunta elimina a Portugal e A Rioxa da lista de territorios de obrigado rexistro para os viaxeiros que chegan a Galicia e incl\u00fae a Madrid\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-elimina-a-portugal-e-a-rioxa-da-lista-de-territorios-de-obrigado-rexistro-para-os-viaxeiros-que-chegan-a-galicia-e-inclue-a-madrid\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta elimina a Portugal e A Rioxa da lista de territorios de obrigado rexistro para os viaxeiros que chegan a Galicia e incl\u00fae a Madrid\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29444","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29444"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29444\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}