{"id":29470,"date":"2020-08-15T13:33:36","date_gmt":"2020-08-15T13:33:36","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-peche-do-lecer-nocturno-sera-efectivo-na-madrugada-do-luns\/"},"modified":"2020-08-15T13:33:36","modified_gmt":"2020-08-15T12:33:36","slug":"o-peche-do-lecer-nocturno-sera-efectivo-na-madrugada-do-luns","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-peche-do-lecer-nocturno-sera-efectivo-na-madrugada-do-luns\/","title":{"rendered":"O peche do lecer nocturno ser\u00e1 efectivo na madrugada do luns"},"content":{"rendered":"<h4>A medida \u00e9 froito do acordo do Consello Interterritorial de Sa\u00fade e aplicarase no conxunto do territorio nacional<\/h4>\n<h4>Os establecementos de hostalar\u00eda deber\u00e1n pechar \u00e1 unha da madrugada<\/h4>\n<p>O Consello Interterritorial de Sa\u00fade, o \u00f3rgano que re\u00fane o Ministerio de Sanidade cos departamentos sanitarios das comunidades aut\u00f3nomas, aprobou este venres &#8220;por unanimidade&#8221; o peche &#8220;o m\u00e1is axi\u00f1a posible&#8221; do lecer nocturno no marco dun paquete de medidas para procurar frear brotes e rebrotes da pandemia. O peche de pubs, discotecas e salas de baile que se aplicou \u00e1 \u00e1rea sanitaria da Coru\u00f1a deber\u00e1 agora ampliarse a toda Galicia, e ao resto do Estado, en tanto que agora a Xunta ter\u00e1 que trasponer esta decisi\u00f3n \u00e1 s\u00faa propia normativa, inclu\u00edndo a s\u00faa publicaci\u00f3n no DOG, para que sexan efectivas. O peche total do lecer nocturno na comunidade galega farase efectivo a partir da noite do domingo ao luns. As\u00ed o trasladaron fontes do Executivo auton\u00f3mico, que aseguraron que a Xunta a\u00ednda se atopa \u00e1 espera de que o Ministerio de Sanidade comun\u00edquelle os termos finais e os pormenores da aplicaci\u00f3n das diferentes medidas. Ser\u00e1 efectivo \u00e1s 0.00 horas do luns 17 de agosto de 2020.<\/p>\n<p>O acordo do Consello Interterritorial incl\u00fae, ademais, un paquete de medidas e restrici\u00f3ns que levar\u00e1 a regulamentaci\u00f3n das excepci\u00f3ns en cada unha das comunidades aut\u00f3nomas. Entre elas establ\u00e9cese a prohibici\u00f3n de fumar ou vapear en espazos abertos (inclu\u00eddas terrazas) sempre que non se poida garantir a distancia de 2 metros con outras persoas, unha medida xa vixente en Galicia por iniciativa da Xunta desde este 13 de agosto.<\/p>\n<p>Igualmente no campo do lecer, as novas restrici\u00f3ns alcanzan tam\u00e9n ao sector hostaleiro. Restaurantes e bares deber\u00e1n pechar \u00e1 unha da madrugada e non poder\u00e1n admitir &#8220;novos clientes desde as doce da noite&#8221;. Ademais, as mesas dos establecementos de hostalar\u00eda non poder\u00e1n reunir a m\u00e1is de 10 persoas, ademais de lembrar a prohibici\u00f3n de consumir alcol na v\u00eda p\u00fablica. O Ministerio de Sanidade recomenda, ademais, a necesidade de limitar os encontros persoais a 10 persoas, algo que se establece a modo de recomendaci\u00f3n para as actividades de lecer dos cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>O acordo tam\u00e9n se estende a outros \u00e1mbitos de actuaci\u00f3n, como as residencias de maiores. O pacto implica limitar, como norma xeral, as visitas a unha persoa por residente ao d\u00eda a un m\u00e1ximo dunha hora e &#8220;limitar ao m\u00e1ximo as sa\u00eddas&#8221; f\u00f3ra dos recintos. Ademais, limita ao m\u00e1ximo&#8221; as sa\u00eddas das persoas que viven en residencias de maiores e imp\u00f3n as PCR obrigatorias para todo o persoal que se incorpora a elas, o que at\u00e9 agora non se aplicaba en Galicia.<\/p>\n<p>Asemade, resaltou Illa, as autonom\u00edas comprom\u00e9tense a impor a realizaci\u00f3n de probas PCR &#8220;obrigatorias&#8221; a todos os novos ingresos&#8221; nestes centros nunha marxe m\u00e1xima de 3 d\u00edas. O protocolo galego xa contempla esta proba, polo que non sup\u00f3n unha medida adicional para as persoas residentes pero si para o persoal, xa que de agora en diante -segundo o pactado-, realizaranse &#8220;PCR obrigatorias&#8221; tam\u00e9n ao persoal &#8220;que regrese de vacaci\u00f3ns e, naturalmente aos que se incorporen de novo&#8221;.<\/p>\n<p><strong>O lecer nocturno ir\u00e1 a tribunais para frear a decisi\u00f3n do Goberno<\/strong><\/p>\n<p>&#8220;Non se pode pechar un sector estrat\u00e9xico deste pa\u00eds desta maneira, sen explicarllo aos empresarios, sen planificar o seu futuro, sen acordar absolutamente nada&#8221;, dixo o presidente de Espa\u00f1a de Noite, Ram\u00f3n Mais, que anticipou que o sector levar\u00e1 aos tribunais a decisi\u00f3n do Goberno central e esixiu un rescate econ\u00f3mico por parte das Comunidades Aut\u00f3nomas.<\/p>\n<p>O presidente da organizaci\u00f3n empresarial de discotecas e salas de festa considerou unha &#8220;total aberraci\u00f3n&#8221; esta decisi\u00f3n, que se tomou &#8220;sen falar&#8221; coas patronais do lecer nin cos empresarios, e sen ofrecer ning\u00fan plan de rescate nin de axudas, asegurou, para este sector que sup\u00f3n un 1,8 % do PIB, que xera 200.000 postos de traballo e que comprende 25.000 empresas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A medida \u00e9 froito do acordo do Consello Interterritorial de Sa\u00fade e aplicarase no conxunto do territorio nacional Os establecementos de hostalar\u00eda deber\u00e1n pechar \u00e1 unha da madrugada O Consello Interterritorial de Sa\u00fade, o \u00f3rgano que re\u00fane o Ministerio de Sanidade cos departamentos sanitarios das comunidades aut\u00f3nomas, aprobou este venres &#8220;por unanimidade&#8221; o peche &#8220;o &#8230; <a title=\"O peche do lecer nocturno ser\u00e1 efectivo na madrugada do luns\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-peche-do-lecer-nocturno-sera-efectivo-na-madrugada-do-luns\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O peche do lecer nocturno ser\u00e1 efectivo na madrugada do luns\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29470","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29470","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29470"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29470\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29470"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29470"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29470"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}