{"id":29485,"date":"2020-08-24T07:48:33","date_gmt":"2020-08-24T07:48:33","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-estudara-se-as-terrazas-dos-locais-de-lecer-nocturno-poderian-abrir-antes-da-reapertura-dos-espazos-no-interior\/"},"modified":"2020-08-24T07:48:33","modified_gmt":"2020-08-24T06:48:33","slug":"a-xunta-estudara-se-as-terrazas-dos-locais-de-lecer-nocturno-poderian-abrir-antes-da-reapertura-dos-espazos-no-interior","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-estudara-se-as-terrazas-dos-locais-de-lecer-nocturno-poderian-abrir-antes-da-reapertura-dos-espazos-no-interior\/","title":{"rendered":"A Xunta estudar\u00e1 se as terrazas dos locais de lecer nocturno poder\u00edan abrir antes da reapertura dos espazos no interior"},"content":{"rendered":"<h4>Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballar\u00e1n nun protocolo de reactivaci\u00f3n<\/h4>\n<h4>Hostalar\u00eda Compostela e a Asociaci\u00f3n de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas en desacordo coa Xunta e estudar\u00e1n medidas legais contra a normativa que lles impide abrir<\/h4>\n<p>O vicepresidente da Xunta en funci\u00f3ns, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Econom\u00eda, Emprego e Industria en funci\u00f3ns, Francisco Conde, acordaron co sector do lecer nocturno galego traballar conxuntamente nun protocolo de reactivaci\u00f3n para cando a situaci\u00f3n sanitaria permita a reapertura deste tipo de locais e que incluir\u00e1 as condici\u00f3ns e as fases nas que se producir\u00e1 esa reapertura.<\/p>\n<p>Xunta e a maior parte do os empresarios coincidiron en que os locais deben abrirse cando sexa sanitariamente seguro, unha posici\u00f3n que non comparten a totalidade deste colectivo, tal e como manifestaron os respresentantes da Asociaci\u00f3n Hostalar\u00eda de Compostela e a Asociaci\u00f3n de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago que manifestaron que non est\u00e1n dispostos a asumir os compromisos aos que os representantes do sector en Galicia chegaron coa Xunta.<\/p>\n<p>Entre estes compromisos destaca, ademais, o da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica para estudar a viabilidade da apertura das terrazas destes locais antes da reapertura do seu espazo interior, cumprindo en todo caso as mesmas condici\u00f3ns e horario de peche que te\u00f1en as de bares e restaurantes, do mesmo xeito que ocorreu durante o proceso de desescalada. A Xunta tam\u00e9n estudar\u00e1 xunto aos representantes do sector as v\u00edas de financiamento dispo\u00f1ibles.<\/p>\n<p><strong>Acci\u00f3ns legais<\/strong><br \/>\nPola s\u00faa banda a Asociaci\u00f3n Hostalar\u00eda Compostela e a de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago anunciaron que, ademais de oporse \u00e1 norma que considera que ?non atende a criterios sanitarios e criminaliza as licenzas e non as actividades?, est\u00e1n a tentar chegar a un acordo co Goberno local compostel\u00e1n para que os locais do lecer nocturno da cidade poidan traballar con licenza de bar e abrir as\u00ed os seus negocios nos horarios permitidos a estes.<\/p>\n<p>Ambas as asociaci\u00f3ns est\u00e1n ademais avaliando posibles acci\u00f3ns legais contra esta normativa que discrimina \u00e1 hostalar\u00eda nocturna e que ?supor\u00e1 a perda de centos de empregos e o peche definitivo de decenas de establecementos na nosa cidade?, apuntan, ademais de promover festas privadas ou botell\u00f3ns non controlados.<\/p>\n<p>\u00c9 por iso que dese Hostalar\u00eda Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago reclaman un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade econ\u00f3mica do sector e fan un chamamento \u00e1 responsabilidade individual e \u00e1 realizaci\u00f3n de probas PCR de maneira indiscriminada como m\u00e1ximo garante da contenci\u00f3n do virus.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballar\u00e1n nun protocolo de reactivaci\u00f3n Hostalar\u00eda Compostela e a Asociaci\u00f3n de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas en desacordo coa Xunta e estudar\u00e1n medidas legais contra a normativa que lles impide abrir O vicepresidente da Xunta en funci\u00f3ns, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Econom\u00eda, Emprego &#8230; <a title=\"A Xunta estudar\u00e1 se as terrazas dos locais de lecer nocturno poder\u00edan abrir antes da reapertura dos espazos no interior\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-estudara-se-as-terrazas-dos-locais-de-lecer-nocturno-poderian-abrir-antes-da-reapertura-dos-espazos-no-interior\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta estudar\u00e1 se as terrazas dos locais de lecer nocturno poder\u00edan abrir antes da reapertura dos espazos no interior\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29485","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29485","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29485"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29485\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29485"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29485"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29485"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}