{"id":29491,"date":"2020-08-26T08:17:31","date_gmt":"2020-08-26T08:17:31","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/agetan-renova-a-sua-xunta-directiva-e-elixe-a-novo-presidente-pablo-lopez\/"},"modified":"2020-08-26T08:17:31","modified_gmt":"2020-08-26T07:17:31","slug":"agetan-renova-a-sua-xunta-directiva-e-elixe-a-novo-presidente-pablo-lopez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/agetan-renova-a-sua-xunta-directiva-e-elixe-a-novo-presidente-pablo-lopez\/","title":{"rendered":"AGETAN renova a s\u00faa xunta directiva e elixe a novo presidente, Pablo L\u00f3pez"},"content":{"rendered":"<h4>As empresas que integran a Asociaci\u00f3n de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza, AGETAN, renovaron a s\u00faa Xunta Directiva nun encontro no que tam\u00e9n se elixiu novo presidente, Pablo L\u00f3pez, que releva no cargo a Agust\u00edn Rico.<\/h4>\n<p>A asemblea xeral, celebrada no Hotel Oca Porta do Cami\u00f1o de Santiago de Compostela tivo como punto principal da orde do d\u00eda a renovaci\u00f3n da s\u00faa Xunta Directiva, seguindo o establecido nos estatutos da asosociaci\u00f3n que pasa agora a quedar presidida por Pablo L\u00f3pez Franco, da empresa de turismo activo radicada en Paderne, Marmar Outdoor SL.<\/p>\n<p>Xunto a el, foron designados como secretaria Amelia Garc\u00eda, da empresa Atlantis Adventure, e como tesoureiro Felipe Martinez da empresa viveiresa Roq Sport. Danlle as\u00ed a substituci\u00f3n \u00e1 anterior Xunta Directiva presidida por Agust\u00edn Rico, da empresa Galaica Aventura, e na que Pablo Maci\u00f1eira, de Ortegal Surf Escola ocupaba o cargo de secretario e Esteban Troiti\u00f1o, de Desaf\u00edo Lecer, o de tesoureiro, e que deixan como legado anos dun crecemento exponencial da Asociaci\u00f3n, exitosos proxectos como <a href=\"http:\/\/galiciadestinoactivo.com\/es\/\" target=\"_blank\">Galicia Destino Activo<\/a>, ou a firma do convenio de colaboraci\u00f3n entre a Axencia de Turismo de Galicia e AGETAN como \u00fanica entidade da Comunidade Aut\u00f3noma que aglutina \u00e1s empresas de turismo activo de Galicia, para a implementaci\u00f3n da medida 24 do Plan de Reactivaci\u00f3n dos sectores cultural e tur\u00edstico fronte aos efectos derivados da COVID -19.<br \/>\nNa reuni\u00f3n trat\u00e1ronse ademais outros temas de interese, como aspectos relativos precisamente \u00e1 execuci\u00f3n do devandito Convenio, alg\u00fans de xesti\u00f3n interna da asociaci\u00f3n, como o acordo para modificaci\u00f3n dos Estatutos para a incorporaci\u00f3n das figuras dos Vogais, e outros relativos \u00e1 situaci\u00f3n actual do sector do turismo activo en Galicia e o seu regulamento e ordenaci\u00f3n, aspectos aos que AGETAN dedica grandes esforzos.<\/p>\n<p>A nova directiva afronta agora con ilusi\u00f3n e dedicaci\u00f3n unha nova etapa na que buscar\u00e1n consolidar os logros conseguidos, co firme prop\u00f3sito de situar o sector do turismo activo en Galicia como un referente no seu \u00e1mbito. Con este prop\u00f3sito, desde a asociaci\u00f3n conv\u00eddase a todas aquelas empresas de turismo activo situadas en territorio galego a contactar (<a href=\"mailto:infoagetan@gmail.com\" target=\"_blank\">infoagetan@gmail.com<\/a>) e unirse para conseguir o devandito obxectivo, participando en todas aquelas iniciativas que se realizar\u00e1n neste ano e os pr\u00f3ximos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As empresas que integran a Asociaci\u00f3n de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza, AGETAN, renovaron a s\u00faa Xunta Directiva nun encontro no que tam\u00e9n se elixiu novo presidente, Pablo L\u00f3pez, que releva no cargo a Agust\u00edn Rico. A asemblea xeral, celebrada no Hotel Oca Porta do Cami\u00f1o de Santiago de Compostela tivo como &#8230; <a title=\"AGETAN renova a s\u00faa xunta directiva e elixe a novo presidente, Pablo L\u00f3pez\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/agetan-renova-a-sua-xunta-directiva-e-elixe-a-novo-presidente-pablo-lopez\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre AGETAN renova a s\u00faa xunta directiva e elixe a novo presidente, Pablo L\u00f3pez\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29491","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29491","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29491"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29491\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29491"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29491"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29491"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}