{"id":29497,"date":"2020-08-31T12:24:00","date_gmt":"2020-08-31T12:24:00","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/as-asociacions-provinciais-de-hostalaria-de-pontevedra-lugo-e-a-coruna-unidas-en-contra-da-resolucion-da-xunta-de-peche-do-lecer-nocturno\/"},"modified":"2020-08-31T12:24:00","modified_gmt":"2020-08-31T11:24:00","slug":"as-asociacions-provinciais-de-hostalaria-de-pontevedra-lugo-e-a-coruna-unidas-en-contra-da-resolucion-da-xunta-de-peche-do-lecer-nocturno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/as-asociacions-provinciais-de-hostalaria-de-pontevedra-lugo-e-a-coruna-unidas-en-contra-da-resolucion-da-xunta-de-peche-do-lecer-nocturno\/","title":{"rendered":"As asociaci\u00f3ns provinciais de hostalar\u00eda de Pontevedra, Lugo e A Coru\u00f1a, unidas en contra da resoluci\u00f3n da Xunta de peche  do lecer nocturno"},"content":{"rendered":"\n<h4>O TSXG xa ratificou a denegaci\u00f3n da medida cautelar solicitada pola Asociaci\u00f3n Provincial de Empresarios de Hostalar\u00eda da Coru\u00f1a para deixar en suspenso as limitaci\u00f3ns de apertura do lecer nocturno<br \/>A hostalar\u00eda compostel\u00e1 tampouco acata o acordo coa Xunta\u00a0<\/h4>\n<p>Mentres a Asociaci\u00f3n Hostalar\u00eda Compostela e a Asociaci\u00f3n de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago non est\u00e1n dispostas a asumir os compromisos aos que chegaron coa Xunta os representantes do sector en Galicia, nos que se asum\u00eda o peche do lecer nocturno como medida cautelar para a limitaci\u00f3n da propagaci\u00f3n da COVID19, as asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda de Pontevedra, Lugo e Coru\u00f1a tam\u00e9n iniciaron os seus movementos conxuntos en contra da resoluci\u00f3n da Conseller\u00eda de Sanidade aprobada o pasado 14 de agosto e que os profesionais deste sector consideran &#8220;desproporcionada&#8221; e lesiva para os seus intereses. Por iso, entre as primeiras medidas que tomaron conxuntamente as asociaci\u00f3ns provinciais de Pontevedra, Lugo e A Coru\u00f1a, foi presentar un recurso para suspender a aplicaci\u00f3n das disposici\u00f3ns que ordenan o peche dos locais de discotecas e demais establecementos de esparexemento nocturno, e que fixan como hora m\u00e1xima de peche as 00:30 horas.<\/p>\n<p>Con todo, a\u00a0 Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa fallou na s\u00faa contra e denega a medida cautelar, ordenando que se mante\u00f1an as medidas preventivas cuestionadas pola indubidable preponderancia do interese xeral na protecci\u00f3n da sa\u00fade p\u00fablica, ao interese de hostaleiros e centros gastron\u00f3micos e de esparexemento.<\/p>\n<p>Desde Feprohos indican que &#8220;o sector do lecer nocturno \u00e9 unha das actividades empresariais e econ\u00f3micas que est\u00e1 a sufrir as peores consecuencias da crise do coronavirus&#8221;. Os empresarios lamentan que se estea proxectando na poboaci\u00f3n &#8220;unha imaxe negativa da actividade, culpabiliz\u00e1ndola de boa parte dos rebrotes&#8221; e aseguran que o sector &#8220;levou a cabo escrupulosamente todas as medidas sociais, hixi\u00e9nicas e de seguridade que indicaron en todo momento as autoridades sanitarias&#8221;. Ademais do recurso que agora perderon, estudar\u00e1n a posibilidade de convocar mobilizaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Lecer nocturno en Compostela\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda a Asociaci\u00f3n Hostalar\u00eda Compostela e a Asociaci\u00f3n de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago\u00a0 est\u00e1n a tentar chegar a un acordo co Goberno local de Santiago de Compostela para que os locais do lecer nocturno da cidade poidan traballar con licenza de bar e abrir as\u00ed os seus negocios nos horarios permitidos a estes.<\/p>\n<p>&#8220;Cremos que a noticia normativa que impide a apertura de bares de copas, salas de festas e discotecas e deber \u00e1 reduci\u00f3n horaria para todos os establecementos de hostalar\u00eda \u00e9 unha medida medi\u00e1tica que non atende a criterios sanitarios. Criminaliza licenzas e non actividades&#8221;, opinan.<\/p>\n<p>As d\u00faas asociaci\u00f3ns est\u00e1n, ademais, avaliando posibles acci\u00f3ns legais contra esta normativa que discrimina \u00e1 hostalar\u00eda nocturna e que sup\u00f3n un dano moi grave para un sector xa moi castigado.&#8221;De seguir as\u00ed, supor\u00e1 a perda de centos de empregos e o peche definitivo de decenas de establecementos na nosa cidade&#8221;, apuntan.<\/p>\n<p>O sector advirte ademais que sen unha alternativa de lecer nocturno \u00e9 moi probable que se multipliquen as reuni\u00f3ns en espazos privados onde non hai ning\u00fan tipo de medidas de control, como si se est\u00e1n levando a cabo no interior dos locais de hostalar\u00eda (control de aforamento, distancia de seguridade, uso da m\u00e1scara&#8230;).<\/p>\n<p>Hostalar\u00eda Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago reclaman un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade econ\u00f3mica do sector e fan un chamamento \u00e1 responsabilidade individual e \u00e1 realizaci\u00f3n de probas\u00a0 PCR de maneira indiscriminada como m\u00e1ximo garantizadora da contenci\u00f3n do virus.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29497","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29497","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29497"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29497\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}