{"id":29818,"date":"2021-09-22T17:28:24","date_gmt":"2021-09-22T17:28:24","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-ecoembes-e-a-xunta-unen-forzas-para-promover-a-reciclaxe-no-sector-turistico\/"},"modified":"2021-09-22T17:28:24","modified_gmt":"2021-09-22T16:28:24","slug":"o-cluster-ecoembes-e-a-xunta-unen-forzas-para-promover-a-reciclaxe-no-sector-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-ecoembes-e-a-xunta-unen-forzas-para-promover-a-reciclaxe-no-sector-turistico\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster, Ecoembes e a Xunta unen forzas para promover a reciclaxe no sector tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<p><strong>O convenio asinado entre as tres partes enm\u00e1rcase no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro e nos seus obxectivos de desenvolvemento de Galicia como destino sostible e de fomento do turismo rexenerativo.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O fomento da reciclaxe no sector tur\u00edstico \u00e9 o obxectivo do acordo asinado hoxe entre\u00a0 Ecoembes, a entidade que coordina a reciclaxe de envases en Espa\u00f1a; a Xunta de Galicia e o Cl\u00faster Turismo de Galicia. En virtude do acordo, as tres partes comprom\u00e9tense a traballar conxuntamente en varias li\u00f1as de actuaci\u00f3n, como a entrega por parte de Ecoembes de papeleiras, cubos e contedores amarelos e azuis ao Cl\u00faster. Eses materiais ser\u00e1n repartidos entre os asociados da entidade coa finalidade de favorecer a separaci\u00f3n correcta dos seus residuos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O convenio asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, \u00c1ngeles V\u00e1zquez; o director de Xesti\u00f3n Local e Auton\u00f3mica de Ecoembes, Anxo Hervella, e o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, prev\u00e9 tam\u00e9n a organizaci\u00f3n de xornadas de limpeza en espazos naturais e de acci\u00f3ns de sensibilizaci\u00f3n sobre os efectos negativos que o lixo causa neses lugares. As\u00ed mesmo, realizaranse acci\u00f3ns formativas sobre sustentabilidade, reciclaxe e cambio clim\u00e1tico dirixidas ao persoal e aos asociados do Cl\u00faster, que tam\u00e9n poder\u00e1n acceder a materiais divulgativos proporcionados por Ecoembes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante o acto oficial da firma do convenio Ces\u00e1reo Pardal destacou que entre os obxectivos estrat\u00e9xicos do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro figura o desenvolvemento da comunidade como un destino sostible e sinalou a importancia de encami\u00f1arse cara a un turismo rexenerativo. Pardal apuntou que o Cl\u00faster sempre apostou pola sustentabilidade e mostrou a disposici\u00f3n de todas as entidades que o integran para avanzar na transformaci\u00f3n do sector. Pola s\u00faa banda, o representante de Ecoembes destacou que con est\u00e1 acci\u00f3n poderase chegar a m\u00e1is de 8.000 establecementos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A conselleira de Medio Ambiente indicou que esta nova iniciativa complementar\u00e1 outras acci\u00f3ns xa en marcha no \u00e1mbito tur\u00edstico como a campa\u00f1a Cami\u00f1o \u00e1 Reciclaxe presente nos aloxamentos das rutas a Compostela para sensibilizar aos peregrinos sobre a reciclaxe e o coidado dos espazos naturais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O convenio asinado entre as tres partes enm\u00e1rcase no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro e nos seus obxectivos de desenvolvemento de Galicia como destino sostible e de fomento do turismo rexenerativo. &nbsp; O fomento da reciclaxe no sector tur\u00edstico \u00e9 o obxectivo do acordo asinado hoxe entre\u00a0 Ecoembes, a entidade que coordina a reciclaxe &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster, Ecoembes e a Xunta unen forzas para promover a reciclaxe no sector tur\u00edstico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-ecoembes-e-a-xunta-unen-forzas-para-promover-a-reciclaxe-no-sector-turistico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster, Ecoembes e a Xunta unen forzas para promover a reciclaxe no sector tur\u00edstico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29818","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29818","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29818"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29818\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29818"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29818"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29818"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}