{"id":29827,"date":"2021-09-25T08:56:29","date_gmt":"2021-09-25T08:56:29","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-hostaleiros-xa-poden-acceder-a-axudas-por-importe-de-6-millons-de-euros-para-dixitalizacion-e-marketing-dixital\/"},"modified":"2021-09-25T08:56:29","modified_gmt":"2021-09-25T07:56:29","slug":"os-hostaleiros-xa-poden-acceder-a-axudas-por-importe-de-6-millons-de-euros-para-dixitalizacion-e-marketing-dixital","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hostaleiros-xa-poden-acceder-a-axudas-por-importe-de-6-millons-de-euros-para-dixitalizacion-e-marketing-dixital\/","title":{"rendered":"Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 mill\u00f3ns de euros para dixitalizaci\u00f3n e m\u00e1rketing dixital"},"content":{"rendered":"<p><strong>A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia est\u00e1 dirixida a aloxamentos e establecementos de restauraci\u00f3n e o prazo de solicitudes estar\u00e1 aberto ata o 25 de outubro. <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Coa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia da convocatoria correspondente abriuse o prazo para que os empresarios do sector hostaleiro opten a unha nova li\u00f1a de axudas para a promoci\u00f3n da dixitalizaci\u00f3n e o m\u00e1rketing dixital. Aut\u00f3nomos, microempresas e pemes son os destinatarios deste programa de subvenci\u00f3ns lanzado pola Xunta a trav\u00e9s da Axencia Turismo de Galicia e cuxa cont\u00eda total ascende a 6 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O obxectivo das axudas \u00e9 facer fronte \u00e1s consecuencias da covid no sector tur\u00edstico e contribu\u00edr \u00e1 s\u00faa recuperaci\u00f3n mellorando a s\u00faa actividade econ\u00f3mica e a s\u00faa competitividade a trav\u00e9s da transformaci\u00f3n dixital. As\u00ed, os solicitantes poder\u00e1n destinar as axudas a gastos derivados da instalaci\u00f3n de software de xesti\u00f3n hostaleiro, tanto para organizar as s\u00faas \u00e1reas de forma eficiente, como para co\u00f1ecer as demandas dos seus clientes. Tam\u00e9n poder\u00e1n financiar produtos e servizos de m\u00e1rketing destinados a captar e fidelizar clientes e acci\u00f3ns relacionadas coas s\u00faas p\u00e1xinas web corporativas. As\u00ed mesmo, poder\u00e1n adquirir con cargo a esta li\u00f1a de axudas equipos tecnol\u00f3xicos b\u00e1sicos relacionados co control da pandemia e asumir gastos derivados dos sistemas de xesti\u00f3n do teletraballo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A convocatoria abarca dentro do sector da hostaler\u00eda a hoteis, hostais, casas rurais, restaurantes e bares, ademais doutros establecementos de aloxamento e restauraci\u00f3n. A subvenci\u00f3n cubrir\u00e1 o 100 % do gasto previsto ata un importe m\u00e1ximo de 15.000 euros por beneficiario.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os aspirantes a beneficiarse destas axudas deben ter o seu domicilio fiscal en Galicia e estar rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Tur\u00edsticas da Xunta. As solicitudes deben presentarse por medios electr\u00f3nicos a trav\u00e9s do formulario correspondente habilitado na web <a href=\"http:\/\/sede.xunta.gal\/\">http:\/\/sede.xunta.gal<\/a>. O prazo para facelo estar\u00e1 aberto ata o pr\u00f3ximo 25 de outubro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n en <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2021\/20210924\/AnuncioG0256-230921-0001_gl.html\">https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2021\/20210924\/AnuncioG0256-230921-0001_gl.html<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia est\u00e1 dirixida a aloxamentos e establecementos de restauraci\u00f3n e o prazo de solicitudes estar\u00e1 aberto ata o 25 de outubro. &nbsp; Coa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia da convocatoria correspondente abriuse o prazo para que os empresarios do sector hostaleiro opten a unha nova li\u00f1a de axudas &#8230; <a title=\"Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 mill\u00f3ns de euros para dixitalizaci\u00f3n e m\u00e1rketing dixital\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hostaleiros-xa-poden-acceder-a-axudas-por-importe-de-6-millons-de-euros-para-dixitalizacion-e-marketing-dixital\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 mill\u00f3ns de euros para dixitalizaci\u00f3n e m\u00e1rketing dixital\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29827","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29827","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29827"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29827\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29827"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29827"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29827"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}