{"id":29839,"date":"2021-10-02T11:21:55","date_gmt":"2021-10-02T11:21:55","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-turismo-de-galicia-presenta-a-campana-presume-de-morrina-cun-concurso-de-foto-e-video-relatos-compartidos-nas-redes-sociais\/"},"modified":"2021-10-02T11:21:55","modified_gmt":"2021-10-02T10:21:55","slug":"o-cluster-turismo-de-galicia-presenta-a-campana-presume-de-morrina-cun-concurso-de-foto-e-video-relatos-compartidos-nas-redes-sociais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-presenta-a-campana-presume-de-morrina-cun-concurso-de-foto-e-video-relatos-compartidos-nas-redes-sociais\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster Turismo de Galicia presenta a campa\u00f1a \u201cPresume de morri\u00f1a\u201d cun concurso de foto e v\u00eddeo relatos compartidos nas redes sociais"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Ces\u00e1reo Pardal destaca que a acci\u00f3n est\u00e1 dirixida \u00e1s persoas que viaxan dende Galicia ou dende Espa\u00f1a e busca alentar o desexo de volver a desfrutar dos destinos galegos e animar a outras persoas a vir por primeira vez.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, presentou hoxe a campa\u00f1a \u201cPresume de morri\u00f1a\u201d nun acto que tivo lugar no Porto de Vigo e contou coa participaci\u00f3n do vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xes\u00fas V\u00e1zquez Almu\u00ed\u00f1a; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fern\u00e1ndez-Tapias.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta acci\u00f3n \u00e9 unha continuaci\u00f3n e adaptaci\u00f3n aos novos escenarios da campa\u00f1a \u201cPresume de Galicia\u201d, que se desenvolve nas redes sociais e que conta cunha comunidade de m\u00e1is de 11.000 persoas seguidoras en Instagram, m\u00e1is de 3.000 en Twitter e unha p\u00e1xina con cerca de 100.000 adhesi\u00f3ns en Facebook.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Segundo explicou Ces\u00e1reo Pardal, a campa\u00f1a dir\u00edxese ao tipo de turismo que se prev\u00e9 que protagonice o per\u00edodo de recuperaci\u00f3n da actividade tras a pandemia. Este novo perfil foi identificado no proceso de elaboraci\u00f3n do Plan Director \u201cGalicia destino seguro\u201d 2021-2023, elaborado pola Xunta de Galicia e o Cl\u00faster coa participaci\u00f3n da industria e das tres universidades galegas. Este traballo puxo de manifesto a oportunidade que representa para Galicia poder ofrecer un destino seguro, pouco masificado e en contacto coa natureza.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O traballo tam\u00e9n destacou que, nunha primeira fase, as persoas visitantes chegar\u00edan ao destino en coche e en grupos moi reducidos. Ademais, nesa busca de seguridade, as persoas viaxeiras elixir\u00edan en primeiro lugar destinos e establecementos xa co\u00f1ecidos nos que conf\u00edan.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia indicou que os bos resultados deste ver\u00e1n demostran o acerto nas previsi\u00f3ns e na estratexia definida no Plan Director \u201cGalicia destino seguro\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Neste sentido, destacou que a campa\u00f1a que hoxe se presentou est\u00e1 dirixida a ese tipo de turismo: persoas chegadas dende outros puntos de Galicia ou dende Espa\u00f1a, en grupos familiares e con ga\u00f1as de repetir unha experiencia xa vivida. A campa\u00f1a busca tam\u00e9n alentar o desexo de persoas que poidan viaxar por primeira vez a Galicia animadas polas experiencias compartidas nas redes sociais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal destacou que o concepto de morri\u00f1a describe perfectamente ese desexo de volver a Galicia, cunha compo\u00f1ente emocional coherente coa capacidade de comunicaci\u00f3n e prescrici\u00f3n das redes sociais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As persoas que queiran participar na campa\u00f1a deber\u00e1n compartir en redes sociais fotograf\u00edas ou v\u00eddeos acompa\u00f1ados de pequenos textos nos que describan unha vivencia en Galicia. A p\u00e1xina web presumedegalicia.com foi dotada cunha ferramenta inform\u00e1tica que permite identificar contidos nas principais redes sociais nos que se faga unha menci\u00f3n e apareza a etiqueta #presumedemorri\u00f1a e un formulario que facilita a participaci\u00f3n ao solicitar e automatizar o uso dos datos de rexistro nas redes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un xurado formado por artistas e persoas da industria tur\u00edstica decidir\u00e1 cada mes cales son os mellores contidos. Ademais, as persoas que visitan a p\u00e1xina poden tam\u00e9n votar polos seus contidos favoritos. Establ\u00e9cense premios do xurado, premios do p\u00fablico e ga\u00f1adores dun sorteo entre as persoas votantes que poder\u00e1n desfrutar de diferentes experiencias tur\u00edsticas en destinos galegos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, ofrecerase \u00e1s empresas tur\u00edsticas a posibilidade de adherirse \u00e1 campa\u00f1a e animar aos seus clientes a participar e a compartir contidos nos que se cite aos establecementos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No acto de hoxe foi presentado tam\u00e9n un v\u00eddeo que se utilizar\u00e1 para a promoci\u00f3n da campa\u00f1a, na que profesionais do turismo de Galicia \u201cpresumen de morri\u00f1a\u201d e animan \u00e1 participaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ces\u00e1reo Pardal destaca que a acci\u00f3n est\u00e1 dirixida \u00e1s persoas que viaxan dende Galicia ou dende Espa\u00f1a e busca alentar o desexo de volver a desfrutar dos destinos galegos e animar a outras persoas a vir por primeira vez. &nbsp; O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, presentou hoxe a campa\u00f1a \u201cPresume de &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster Turismo de Galicia presenta a campa\u00f1a \u201cPresume de morri\u00f1a\u201d cun concurso de foto e v\u00eddeo relatos compartidos nas redes sociais\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-presenta-a-campana-presume-de-morrina-cun-concurso-de-foto-e-video-relatos-compartidos-nas-redes-sociais\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster Turismo de Galicia presenta a campa\u00f1a \u201cPresume de morri\u00f1a\u201d cun concurso de foto e v\u00eddeo relatos compartidos nas redes sociais\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29839","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29839","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29839"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29839\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29839"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29839"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29839"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}