{"id":29890,"date":"2021-10-30T12:02:09","date_gmt":"2021-10-30T12:02:09","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-turismo-de-galicia-asina-un-convenio-coa-xunta-para-destinar-700-000-euros-ata-finais-de-2022-para-a-creacion-e-difusion-de-produto-sostible\/"},"modified":"2021-10-30T12:02:09","modified_gmt":"2021-10-30T11:02:09","slug":"o-cluster-turismo-de-galicia-asina-un-convenio-coa-xunta-para-destinar-700-000-euros-ata-finais-de-2022-para-a-creacion-e-difusion-de-produto-sostible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-asina-un-convenio-coa-xunta-para-destinar-700-000-euros-ata-finais-de-2022-para-a-creacion-e-difusion-de-produto-sostible\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creaci\u00f3n e difusi\u00f3n de produto sostible"},"content":{"rendered":"<p><strong>Entre as acci\u00f3n previstas destacan a creaci\u00f3n dun club de produto, as\u00ed como unha base de datos de establecementos e unha intranet.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia dispor\u00e1 de 700.000 euros ata finais de 2022 para a creaci\u00f3n e promoci\u00f3n de produto tur\u00edstico sostible, como resultado dun convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, que hoxe foi presentado en Santiago.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As acci\u00f3ns inclu\u00eddas neste convenio enm\u00e1rcanse no Plan Director Galicia Destino Seguro elaborado polo Cl\u00faster, a Xunta e as tres universidades de Galicia, que establece os criterios estrat\u00e9xicos para a recuperaci\u00f3n da actividade tras a pandemia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Entre as actuaci\u00f3ns previstas at\u00f3pase a creaci\u00f3n de un Club de produto sostible, as\u00ed como dunha base de datos de empresas que traballan con este tipo de oferta e unha intranet para a xesti\u00f3n de todo o programa. Neste sentido, o convenio incide no obxectivo do Plan Director de traballar no \u00e1mbito da dixitalizaci\u00f3n para axudar no proceso de mellora na comercializaci\u00f3n tanto ao canal como ao cliente final.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se crear\u00e1 unha web cos produtos que se incorporen e se far\u00e1n campa\u00f1as de promoci\u00f3n en medios dixitais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O convenio prev\u00e9, as\u00ed mesmo, o apoio \u00e1 creaci\u00f3n de produto, tanto no sector maiorista como no minorista e receptivo. Entre as acci\u00f3ns at\u00f3panse tam\u00e9n a creaci\u00f3n e distribuci\u00f3n de material de promoci\u00f3n a trav\u00e9s de turoperadores e axencias e a organizaci\u00f3n de viaxes de familiarizaci\u00f3n e prescrici\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, insistiu durante a presentaci\u00f3n do convenio na necesidade de que Galicia se promocione como un destino seguro; un destino sostible dende o punto de vista social, econ\u00f3mico e medio ambiental, e un destino intelixente. Neste sentido, engadiu que este convenio, \u201cconxuga os tres obxectivos, polo que a Cl\u00faster asume a responsabilidade de favorecer a creaci\u00f3n de produto tur\u00edstico sostible, de promocionalo e de facelo cos criterios marcados no Plan Director\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Destacou tam\u00e9n que a sustentabilidade aporta atractivo ao destino \u201cpero \u00e9 moito m\u00e1is que iso\u201d. Referiuse \u00e1 dimensi\u00f3n social da sustentabilidade para dicir que \u201cas actividades tur\u00edsticas desenv\u00f3lvense nunhas comunidades nas que temos que convivir, e coas que temos que asumir a responsabilidade que nos corresponde\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Engadiu que a industria tur\u00edstica debe \u201cser respectuosa con esas comunidades. O noso papel pode ser moi importante para o logro de obxectivos como o de fixaci\u00f3n de poboaci\u00f3n nos \u00e1mbitos rural. Podemos contribu\u00edr tam\u00e9n \u00e1 creaci\u00f3n de riqueza, non soamente con negocio e o emprego dos nosos establecementos, sen\u00f3n tam\u00e9n co resto. A restauraci\u00f3n e a gastronom\u00eda, a artesan\u00eda, a produci\u00f3n agr\u00edcola e o comercio local deben beneficiarse tam\u00e9n da nosa actividade con ese criterio de sustentabilidade social\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre as acci\u00f3n previstas destacan a creaci\u00f3n dun club de produto, as\u00ed como unha base de datos de establecementos e unha intranet. &nbsp; O Cl\u00faster Turismo de Galicia dispor\u00e1 de 700.000 euros ata finais de 2022 para a creaci\u00f3n e promoci\u00f3n de produto tur\u00edstico sostible, como resultado dun convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia, &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creaci\u00f3n e difusi\u00f3n de produto sostible\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-asina-un-convenio-coa-xunta-para-destinar-700-000-euros-ata-finais-de-2022-para-a-creacion-e-difusion-de-produto-sostible\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creaci\u00f3n e difusi\u00f3n de produto sostible\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29890","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29890","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29890"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29890\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29890"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29890"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29890"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}