{"id":29893,"date":"2021-11-02T18:49:29","date_gmt":"2021-11-02T18:49:29","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/ourense-convertese-na-capital-do-turismo-gastronomico-con-xantar\/"},"modified":"2021-11-02T18:49:29","modified_gmt":"2021-11-02T17:49:29","slug":"ourense-convertese-na-capital-do-turismo-gastronomico-con-xantar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/ourense-convertese-na-capital-do-turismo-gastronomico-con-xantar\/","title":{"rendered":"Ourense conv\u00e9rtese na capital do turismo gastron\u00f3mico con Xantar"},"content":{"rendered":"<p><strong>A nova edici\u00f3n do sal\u00f3n internacional cel\u00e9brase do 3 ao 7 de novembro e est\u00e1 centrada nos sabores das distintas rutas do Cami\u00f1o de Santiago.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A gastronom\u00eda das distintas rutas de peregrinaci\u00f3n a Compostela ser\u00e1 un dos principais f\u00edos condutores de <a href=\"https:\/\/xantar.org\/\">Xantar<\/a>, a nova edici\u00f3n do sal\u00f3n internacional que cada ano converte Ourense na capital do turismo gastron\u00f3mico. Do 3 ao 7 de novembro os focos do sector volver\u00e1n apuntar cara \u00e1 cidade das Burgas para estar atentos a un certame cuxa 22 edici\u00f3n quere servir de punto de encontro para os profesionais da\u00a0 enogastronom\u00eda, a hostaler\u00eda e o turismo de toda a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Para logralo, os seus organizadores elaboraron un amplo programa de actividades no que non faltar\u00e1n os workshops entre empresas do sector, as conferencias, os talleres gastron\u00f3micos, as aulas de cata e as degustaci\u00f3ns, as exposici\u00f3ns e presentaci\u00f3ns, os encontros de blogueiros e confrar\u00edas gastron\u00f3micas, e os concursos e premios.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os destinos enogastron\u00f3micos, os produtos agroalimentarios de calidade, as festas gastron\u00f3micas e as celebraci\u00f3ns de contido hist\u00f3rico, as denominaci\u00f3ns de orixe, os produtos gourmet, a arte gastron\u00f3mica, os servizos para hostaler\u00eda e os vi\u00f1os e bebidas de calidade son os principais sectores representados en Xantar, unha feira promovida por Expourense co patrocinio da Xunta, o Concello e a Deputaci\u00f3n de Ourense, e en cuxa organizaci\u00f3n colabora tam\u00e9n o Cl\u00faster Turismo de Galicia como membro do Comit\u00e9 Asesor.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Xantar estrea este ano unha nova data ao trasladarse no calendario do mes de febreiro ao de novembro lig\u00e1ndose as\u00ed a unha \u00e9poca na que a gastronom\u00eda cobra especial relevancia na cidade de Ourense coa celebraci\u00f3n do San Marti\u00f1o e os magostos. A nova situaci\u00f3n xerada pola pandemia obrigou a realizar axustes no programa, pero os seus promotores esperan repetir o \u00e9xito das edici\u00f3ns precedentes. Na m\u00e1is recente, a do 2020, foron ao redor de 25.000 persoas as que pasaron polo recinto de Expourense para co\u00f1ecer as propostas dos seus case 300 expositores e participar nas 150 actividades programadas. Este ano, Xantar aspira de novo a conquistar o favor de p\u00fablico e dos profesionais do sector e facer que o seu paso pola feira les deixe un inmellorable sabor de boca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A nova edici\u00f3n do sal\u00f3n internacional cel\u00e9brase do 3 ao 7 de novembro e est\u00e1 centrada nos sabores das distintas rutas do Cami\u00f1o de Santiago. &nbsp; A gastronom\u00eda das distintas rutas de peregrinaci\u00f3n a Compostela ser\u00e1 un dos principais f\u00edos condutores de Xantar, a nova edici\u00f3n do sal\u00f3n internacional que cada ano converte Ourense na &#8230; <a title=\"Ourense conv\u00e9rtese na capital do turismo gastron\u00f3mico con Xantar\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/ourense-convertese-na-capital-do-turismo-gastronomico-con-xantar\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Ourense conv\u00e9rtese na capital do turismo gastron\u00f3mico con Xantar\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29893","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29893"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29893\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}