{"id":29896,"date":"2021-11-03T10:25:27","date_gmt":"2021-11-03T10:25:27","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-promocion-de-experiencias-relacionadas-co-camino-protagoniza-a-presencia-de-galicia-no-world-travel-market-de-londres\/"},"modified":"2021-11-03T10:25:27","modified_gmt":"2021-11-03T09:25:27","slug":"a-promocion-de-experiencias-relacionadas-co-camino-protagoniza-a-presencia-de-galicia-no-world-travel-market-de-londres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-promocion-de-experiencias-relacionadas-co-camino-protagoniza-a-presencia-de-galicia-no-world-travel-market-de-londres\/","title":{"rendered":"A promoci\u00f3n de experiencias relacionadas co Cami\u00f1o protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Cl\u00faster Turismo de Galicia organizou unha misi\u00f3n comercial \u00e1 feira brit\u00e1nica na que participaron m\u00e1is de 20 profesionais e empresarios.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A promoci\u00f3n de experiencias tur\u00edsticas vinculadas ao Cami\u00f1o de Santiago no mercado brit\u00e1nico e no resto dos mercados internacionais foi o obxectivo compartido polas m\u00e1is de 20 persoas profesionais do turismo que viaxaron a Londres para participar no World Travel Market da man do Cl\u00faster Turismo de Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tanto os representantes do Cl\u00faster Turismo de Galicia como os responsables das empresas participantes mantiveron tam\u00e9n contactos con provedores de tecnolox\u00edas aplicadas ao turismo. Neste sentido, o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, manifestou que encontros internacionais deste tipo son unha oportunidade para manter a Galicia na vangarda do proceso de transformaci\u00f3n cara a un turismo intelixente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A misi\u00f3n foi organizada polo Cl\u00faster en colaboraci\u00f3n coa Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, que dispuxo dun espazo no stand de Turespa\u00f1a da feira no que se promocionou o destino e a campa\u00f1a Cami\u00f1a a Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal mostrouse altamente satisfeito pola participaci\u00f3n de Galicia na feira de Londres \u201cporque se produce no mellor momento, cando o turismo de Galicia demostrou a s\u00faa capacidade de recuperaci\u00f3n tras a pandemia ante os visitantes nacionais, e debe iniciar tam\u00e9n a recuperaci\u00f3n do turismo internacional\u201d. Ces\u00e1reo Pardal expresou o seu convencemento de que fortalezas e oportunidades como o Xacobeo ou a capacidade de ofrecer un turismo seguro \u201cser\u00e1n entendidas tam\u00e9n da mesma maneira polos visitantes que te\u00f1en que comezar a chegar de outros pa\u00edses\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Neste sentido, o vicepresidente do Cl\u00faster, Jes\u00fas Picallo, destacou tam\u00e9n a importancia de ofrecer aos mercados internacionais experiencias vinculadas ao Cami\u00f1o. Referiuse, en concreto, ao turismo gastron\u00f3mico, aos cruceiros ou a destinos como a Costa da Morte ou a Ribeira Sacra, que \u201cson doados de relacionar co car\u00e1cter de experiencia e mesmo coa cultura e coa espiritualidade do Cami\u00f1o\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Alfonso Mart\u00ednez, tesoureiro do Cl\u00faster Turismo de Galicia, que tam\u00e9n participio na misi\u00f3n comercial, incidiu na oportunidade que representa esta feira para atraer a un turismo de calidade que viaxa a Santiago de Compostela e que se despraza a outros destinos, como as R\u00edas Baixas, en calquera estaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Unha parte da delegaci\u00f3n galega participou nunha actividade denominada \u201cBuyers\u2019 Speed Networking\u201d, na que tiveron a oportunidade de manter encontros de cinco minutos con outros profesionais co obxectivo de iniciar contactos comerciais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia organizou unha misi\u00f3n comercial \u00e1 feira brit\u00e1nica na que participaron m\u00e1is de 20 profesionais e empresarios. &nbsp; A promoci\u00f3n de experiencias tur\u00edsticas vinculadas ao Cami\u00f1o de Santiago no mercado brit\u00e1nico e no resto dos mercados internacionais foi o obxectivo compartido polas m\u00e1is de 20 persoas profesionais do turismo que viaxaron &#8230; <a title=\"A promoci\u00f3n de experiencias relacionadas co Cami\u00f1o protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-promocion-de-experiencias-relacionadas-co-camino-protagoniza-a-presencia-de-galicia-no-world-travel-market-de-londres\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A promoci\u00f3n de experiencias relacionadas co Cami\u00f1o protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29896","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29896","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29896"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29896\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29896"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29896"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29896"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}