{"id":29917,"date":"2021-11-14T10:30:56","date_gmt":"2021-11-14T10:30:56","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/turismo-de-galicia-e-atrega-promocionaran-a-chegada-de-grupos-de-visitantes-durante-o-xacobeo\/"},"modified":"2021-11-14T10:30:56","modified_gmt":"2021-11-14T09:30:56","slug":"turismo-de-galicia-e-atrega-promocionaran-a-chegada-de-grupos-de-visitantes-durante-o-xacobeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turismo-de-galicia-e-atrega-promocionaran-a-chegada-de-grupos-de-visitantes-durante-o-xacobeo\/","title":{"rendered":"Turismo de Galicia e Atrega promocionar\u00e1n a chegada de grupos de visitantes durante o Xacobeo"},"content":{"rendered":"<p><strong>O convenio entre as d\u00faas entidades supo\u00f1er\u00e1 un investimento de 600.000 euros para a creaci\u00f3n e promoci\u00f3n de produtos espec\u00edficos.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A incentivaci\u00f3n da chegada de grupos de visitantes a Galicia aproveitando o tir\u00f3n do Xacobeo 21-22 \u00e9 o obxectivo central do convenio de colaboraci\u00f3n alcanzado entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociaci\u00f3n de Operadores tur\u00edsticos Receptivos de Galicia (Atrega), e autorizado na \u00faltima reuni\u00f3n do Consello da Xunta. O acordo prev\u00e9 un investimento de 600.000 euros para a creaci\u00f3n de produtos tur\u00edsticos dirixidos a grupos, a s\u00faa promoci\u00f3n en redes sociais, publicidade en li\u00f1a e prensa especializada, e a creaci\u00f3n de blogues e outras acci\u00f3ns diversas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta iniciativa est\u00e1 dirixida a aqueles grupos que elixan Galicia como destino coincidindo co Xacobeo 21-22 e, especialmente, aos que viaxen por motivaci\u00f3ns relixiosas, ao turismo idiom\u00e1tico, ao enol\u00f3xico, ao de congresos e a todos aqueles que \u201cse poidan sentir particularmente atra\u00eddos por Galicia con motivo da celebraci\u00f3n do Ano Santo\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A crecente contrataci\u00f3n de paquetes tur\u00edsticos a trav\u00e9s de Internet e a procura de asesoramento na Rede que realizan moitos viaxeiros son dous dos motivos que impulsan esta campa\u00f1a destinada a axudar a un sector, como \u00e9 o das viaxes, que resultou especialmente afectado pola pandemia da covid, pero que na actualidade deu importantes mostras de recuperaci\u00f3n. \u201cA Xunta quere potenciar a reactivaci\u00f3n do sector e, sobre todo, promover Galicia como destino seguro entre o segmento do grupo\u201d, explican desde o Goberno auton\u00f3mico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os responsables da Xunta destacan tam\u00e9n que as empresas que integran Atrega representan m\u00e1is do 95 % do volume de negocio do seu sector con case 250 mill\u00f3ns de euros de facturaci\u00f3n e unha presenza no mercado que fai que Galicia sexa o territorio l\u00edder no \u00e1mbito dos operadores tur\u00edsticos no norte da Pen\u00ednsula.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O convenio entre as d\u00faas entidades supo\u00f1er\u00e1 un investimento de 600.000 euros para a creaci\u00f3n e promoci\u00f3n de produtos espec\u00edficos. &nbsp; A incentivaci\u00f3n da chegada de grupos de visitantes a Galicia aproveitando o tir\u00f3n do Xacobeo 21-22 \u00e9 o obxectivo central do convenio de colaboraci\u00f3n alcanzado entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociaci\u00f3n &#8230; <a title=\"Turismo de Galicia e Atrega promocionar\u00e1n a chegada de grupos de visitantes durante o Xacobeo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turismo-de-galicia-e-atrega-promocionaran-a-chegada-de-grupos-de-visitantes-durante-o-xacobeo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Turismo de Galicia e Atrega promocionar\u00e1n a chegada de grupos de visitantes durante o Xacobeo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29917","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29917","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29917"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29917\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29917"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29917"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29917"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}