{"id":29932,"date":"2021-11-23T11:33:17","date_gmt":"2021-11-23T11:33:17","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-turismo-de-galicia-potencia-o-programa-destino-familiar-para-aumentar-o-numero-de-establecementos-que-participan-na-iniciativa\/"},"modified":"2021-11-23T11:33:17","modified_gmt":"2021-11-23T10:33:17","slug":"o-cluster-turismo-de-galicia-potencia-o-programa-destino-familiar-para-aumentar-o-numero-de-establecementos-que-participan-na-iniciativa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-potencia-o-programa-destino-familiar-para-aumentar-o-numero-de-establecementos-que-participan-na-iniciativa\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster Turismo de Galicia potencia o programa \u201cDestino Familiar\u201d para aumentar o n\u00famero de establecementos que participan na iniciativa"},"content":{"rendered":"<p><strong>O seu presidente, Ces\u00e1reo Pardal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron en Santiago na presentaci\u00f3n dun v\u00eddeo e das novas actuaci\u00f3ns que se levar\u00e1n a cabo no marco deste proxecto.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, manifestou hoxe que Galicia \u00e9 un modelo de recuperaci\u00f3n tras a pandemia ao afrontar o desenvolvemento do turismo dende un punto de vista estrat\u00e9xico, que incl\u00fae a promoci\u00f3n do destino para as familias.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal participou na presentaci\u00f3n das novas actuaci\u00f3ns que se van a levar a cabo no marco do programa <a href=\"http:\/\/galiciadestinofamiliar.gal\/es\">\u201cGalicia Destino Familiar\u201d<\/a> promovido polo Cl\u00faster en colaboraci\u00f3n coa Axencia Turismo de Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na presentaci\u00f3n tam\u00e9n participaron a directora de <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Turismo de Galicia<\/a>, Nava Castro; o socio consultor da empresa <a href=\"https:\/\/autoxiro.com\/\">Autoxiro Turismo<\/a>, responsable da execuci\u00f3n do proxecto, Emilio Cui\u00f1as; e a responsable de <a href=\"https:\/\/www.rodeiramar2a.com\/\">Hostal\/Apartamentos Rodeiramar<\/a>, Merchi Rodal.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster salientou que Galicia soubo \u201cidentificar con tempo os diferentes escenarios aos que poder\u00edamos enfrontarnos\u201d e preparou \u201cun per\u00edodo inicial no que comezar\u00eda a recuperarse o turismo de maior proximidade, de persoas que viaxar\u00edan en coche e en grupos moi reducidos\u201d. Engadiu que \u201cGalicia preparouse tam\u00e9n para garantir a seguridade das persoas que elixen este destino\u201d. A isto axudou \u201cque puideramos ofrecer un turismo en espazos abertos, en contacto coa natureza e pouco masificado\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Neste sentido, referiuse ao programa \u201cGalicia Destino Familiar\u201d como \u201cun exemplo desta estratexia que hoxe sit\u00faa a Galicia nunha posici\u00f3n de avantaxe e ante novas oportunidades\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que campa\u00f1as coma esta &#8220;permiten visualizar Galicia como un destino adaptado \u00e1s necesidades dunha familia que quere descansar, gozar da paisaxe, dos nosos recursos tur\u00edsticos con aloxamentos e oferta tur\u00edstica adaptados \u00e1s s\u00faas necesidades\u201d.\u00a0 Neste sentido, Castro destacou a aposta polo turismo familiar \u00e9 transversal para o Goberno galego xa que \u201cbuscamos adaptar outros produtos tur\u00edsticos \u00e1s necesidades destes viaxeiros, como pode ser, por exemplo, o caso do Cami\u00f1o de Santiago, que tam\u00e9n queremos que sexa cada vez en maior medida, familiar\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O responsable do proxecto, Emilio Cui\u00f1as, lembrou que \u201cGalicia Destino Familiar\u201d xurdiu en 2016 \u201cco principal obxectivo de adoptar mecanismos\u00a0 que permitan o posicionamento desta Comunidade como destino de referencia en turismo para as familias\u201d. O programa ofrece unha estratexia com\u00fan para os establecementos especializados no segmento familiar. Tam\u00e9n permite, engadiu \u201cque os turistas poidan identificar os hoteis, restaurantes, casas de turismo rural, etc. que dispo\u00f1an de instalaci\u00f3ns, oferta de actividades ou outros servizos adaptados e pensados para as familias\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na actualidade hai uns 60 establecementos adheridos. Os responsables da iniciativa agardan incrementar a cifra de empresas participantes e seguir traballando no obxectivo de difundir o proxecto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para elo, incrementar\u00e1n os contidos da web galiciadestinofamiliar.gal e repartir\u00e1n material de promoci\u00f3n como bolsas ou tr\u00edpticos informativos. No acto de hoxe presentaron tam\u00e9n un novo <a href=\"https:\/\/youtu.be\/bMCf5dGxBi4\">v\u00eddeo<\/a> con imaxes de diferentes destinos adaptados ao turismo familiar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O seu presidente, Ces\u00e1reo Pardal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron en Santiago na presentaci\u00f3n dun v\u00eddeo e das novas actuaci\u00f3ns que se levar\u00e1n a cabo no marco deste proxecto. &nbsp; O presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, manifestou hoxe que Galicia \u00e9 un modelo de recuperaci\u00f3n tras a &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster Turismo de Galicia potencia o programa \u201cDestino Familiar\u201d para aumentar o n\u00famero de establecementos que participan na iniciativa\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-potencia-o-programa-destino-familiar-para-aumentar-o-numero-de-establecementos-que-participan-na-iniciativa\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster Turismo de Galicia potencia o programa \u201cDestino Familiar\u201d para aumentar o n\u00famero de establecementos que participan na iniciativa\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29932","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29932","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29932"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29932\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29932"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29932"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29932"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}