{"id":30007,"date":"2022-01-07T13:00:28","date_gmt":"2022-01-07T13:00:28","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-gasto-dos-turistas-estranxeiros-en-galicia-creceu-o-veran-pasado-ata-os-267-millons-de-euros\/"},"modified":"2022-01-07T13:00:28","modified_gmt":"2022-01-07T12:00:28","slug":"o-gasto-dos-turistas-estranxeiros-en-galicia-creceu-o-veran-pasado-ata-os-267-millons-de-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-gasto-dos-turistas-estranxeiros-en-galicia-creceu-o-veran-pasado-ata-os-267-millons-de-euros\/","title":{"rendered":"O gasto dos turistas estranxeiros en Galicia creceu o ver\u00e1n pasado ata os 267 mill\u00f3ns de euros"},"content":{"rendered":"<p><strong>A cifra feita p\u00fablica polo INE sup\u00f3n un aumento do 85 % con respecto ao mesmo per\u00edodo do 2020.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A recuperaci\u00f3n experimentada o ano pasado polo sector tur\u00edstico galego deixouse ver tam\u00e9n nos datos do gasto realizado polos visitantes estranxeiros durante o ver\u00e1n. Segundo a enquisa experimental que acaba de facer p\u00fablica o <a href=\"https:\/\/www.ine.es\/\">Instituto Nacional de Estat\u00edstica<\/a>, durante o terceiro trimestre do ano pasado os turistas chegados desde m\u00e1is al\u00f3 das fronteiras de Espa\u00f1a gastaron en Galicia un total de 267,9 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n un 85 % m\u00e1is que os 144,7 contabilizados durante o mesmo per\u00edodo do ano 2020.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Eses 267,9 mill\u00f3ns quedan lonxe a\u00ednda dos 485,9 mill\u00f3ns de euros rexistrados no terceiro trimestre do 2019 (previo \u00e1 pandemia da covid) por mor das restrici\u00f3ns que a\u00ednda seguen vixentes en moitos pa\u00edses para realizar viaxes ao estranxeiro, pero reflicte unha evoluci\u00f3n lixeiramente mellor \u00e1 media nacional. Esa tendencia \u00e1 recuperaci\u00f3n ponse de manifesto, as\u00ed mesmo, en canto ao gasto diario por visitante, posto que os 63 euros de media rexistrados en Galicia durante o terceiro trimestre do 2021 supo\u00f1en un aumento de 9 euros con respecto ao mesmo per\u00edodo do 2020 e perm\u00edtenlle recuperar unha posici\u00f3n no ranking de comunidades.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En canto ao peso dos pa\u00edses de procedencia dos visitantes no gasto tur\u00edstico realizado en Galicia, Portugal segue encabezado a listaxe con case 59 mill\u00f3ns de euros (o 22 % do total) seguido de Francia con 42 mill\u00f3ns (o 15,31 %) e Estados Unidos con 27,8 mill\u00f3ns (10,39 %). Pero o ranking d\u00e1 un envorco se o dato que se examina \u00e9 o do gasto medio diario por visitante. Neste caso, os mexicanos pasan \u00e1 primeira posici\u00f3n con 125 euros de media ao d\u00eda, seguidos dos chineses, con 111 euros, e os estadounidenses, con 102, mentres que franceses e portugueses caen \u00e1 d\u00e9cimo s\u00e9tima e d\u00e9cimo oitava posici\u00f3n do ranking elaborado polo INE con 59 e 58 euros de gasto medio por persoa e d\u00eda en Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cifra feita p\u00fablica polo INE sup\u00f3n un aumento do 85 % con respecto ao mesmo per\u00edodo do 2020. &nbsp; A recuperaci\u00f3n experimentada o ano pasado polo sector tur\u00edstico galego deixouse ver tam\u00e9n nos datos do gasto realizado polos visitantes estranxeiros durante o ver\u00e1n. Segundo a enquisa experimental que acaba de facer p\u00fablica o Instituto &#8230; <a title=\"O gasto dos turistas estranxeiros en Galicia creceu o ver\u00e1n pasado ata os 267 mill\u00f3ns de euros\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-gasto-dos-turistas-estranxeiros-en-galicia-creceu-o-veran-pasado-ata-os-267-millons-de-euros\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O gasto dos turistas estranxeiros en Galicia creceu o ver\u00e1n pasado ata os 267 mill\u00f3ns de euros\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30007","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30007","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30007"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30007\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30007"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30007"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30007"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}