{"id":30037,"date":"2022-01-20T13:03:16","date_gmt":"2022-01-20T13:03:16","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-de-turismo-fai-un-balance-positivo-do-2021-e-agradece-o-esforzo-das-administracions-na-mobilizacion-de-axudas\/"},"modified":"2022-01-20T13:03:16","modified_gmt":"2022-01-20T12:03:16","slug":"o-cluster-de-turismo-fai-un-balance-positivo-do-2021-e-agradece-o-esforzo-das-administracions-na-mobilizacion-de-axudas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-de-turismo-fai-un-balance-positivo-do-2021-e-agradece-o-esforzo-das-administracions-na-mobilizacion-de-axudas\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administraci\u00f3ns na mobilizaci\u00f3n de axudas"},"content":{"rendered":"<p><strong>A entidade presidida por Ces\u00e1reo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Unha edici\u00f3n m\u00e1is, o Cl\u00faster xestiona un espazo de traballo para profesionais no marco de FITUR, que contou este ano coa visita de Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cGalicia, cami\u00f1o da sustentabilidade\u201d. Baixo este t\u00edtulo, o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, fixo balance en <a href=\"https:\/\/www.ifema.es\/fitur\">FITUR<\/a> do \u00faltimo curso tur\u00edstico e analizou os principais retos aos que se enfronta o sector nos pr\u00f3ximos anos. No regreso da prestixiosa feira internacional ao seu lugar habitual no calendario, o Cl\u00faster protagonizou unha das presentaci\u00f3ns que se desenvolveron no espazo de Galicia ao longo da xornada inaugural.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pardal felicitou a todo o ecosistema tur\u00edstico galego polos 3,5 mill\u00f3ns de turistas e 8 mill\u00f3ns de noites pasadas rexistrados ao longo de 2021 nos aloxamentos galegos, cifras que \u201csuperaron con fartura as mellores previsi\u00f3ns que manexabamos no sector\u201d. As\u00ed mesmo, destacou o compromiso das empresas coas medidas sanitarias e coas diferentes restrici\u00f3ns que foi preciso aplicar, \u201cpriorizando sempre a sa\u00fade das persoas\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, na cal o presidente pasou revista aos principais fitos afrontados en 2021, lembrou que a insistencia na colaboraci\u00f3n p\u00fablico\u2013privada segue sendo unha dos sinais de identidade do Cl\u00faster e destacou ter traballado \u201cde xeito conxunto coa Administraci\u00f3n para articular mecanismos de apoio ao sector, non s\u00f3 para manter o tecido empresarial e o emprego nos peores momentos, sen\u00f3n tam\u00e9n para competir con garant\u00edas chegada a tan ansiada reactivaci\u00f3n\u201d. Neste sentido, valorou moi positivamente o esforzo realizado pola Administraci\u00f3n \u00e1 hora de mobilizar fondos que garantisen a supervivencia das pemes e aut\u00f3nomos que viven do turismo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En clave futura, Pardal puxo o foco na posta en marcha do club de produto sostible que est\u00e1 a desenvolver o Cl\u00faster, xa que o \u201cdestino debe ser coherente coa demanda social dun turismo sostible, que compaxine a creaci\u00f3n de valor e o desenvolvemento econ\u00f3mico do sector cun uso responsable dos recursos que permita preservar o medio ambiente e a calidade de vida das persoas que viven en Galicia\u201d. Esta iniciativa busca xerar un turismo de alto valor engadido baseado na innovaci\u00f3n, a calidade e a sustentabilidade, \u201co que permitir\u00e1 atraer a Galicia a persoas cun maior poder adquisitivo, con capacidade de desestacionalizaci\u00f3n e con predisposici\u00f3n a estancias m\u00e1is longas no noso territorio\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destacou a calidade \u201cinigualable\u201d de Galicia<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente da <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/portada\">Xunta de Galicia<\/a>, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, liderou na xornada inaugural a expedici\u00f3n galega en FITUR, onde afirmou que Galicia est\u00e1 enfocada neste 2022 a ser un destino internacional de referencia. Feij\u00f3o destacou que \u201ccami\u00f1ar a Galicia \u00e9 facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escenarios excepcionais, pola cultura, a gastronom\u00eda e a hospitalidade\u201d. Pola s\u00faa banda, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, agradeceu o esforzo realizado polo sector en momentos tan dif\u00edciles e vaticinou un 2022 \u201cexcepcional, se a pandemia o permite\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Espazo de reuni\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Unha edici\u00f3n m\u00e1is, o Cl\u00faster Turismo de Galicia mant\u00e9n unha presenza moi activa en FITUR a trav\u00e9s da xesti\u00f3n do espazo de traballo co que conta o sector galego para manter os seus encontros profesionais dentro do stand de Galicia. No devandito espazo, que contou este ano coa visita da ministra de <a href=\"https:\/\/www.mincotur.gob.es\/es-es\/Paginas\/index.aspx\">Industria, Comercio e Turismo<\/a>, Reyes Maroto, os profesionais do sector contan cunha \u00e1rea xestionada polo Cl\u00faster na que poden establecer contactos comerciais entre o m\u00e9rcores e o venres.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A entidade presidida por Ces\u00e1reo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido. \u00a0 Unha edici\u00f3n m\u00e1is, o Cl\u00faster xestiona un espazo de traballo para profesionais no marco de FITUR, que contou este ano coa visita de Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo. &nbsp; \u201cGalicia, cami\u00f1o da sustentabilidade\u201d. &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administraci\u00f3ns na mobilizaci\u00f3n de axudas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-de-turismo-fai-un-balance-positivo-do-2021-e-agradece-o-esforzo-das-administracions-na-mobilizacion-de-axudas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administraci\u00f3ns na mobilizaci\u00f3n de axudas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-30037","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30037","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30037"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30037\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30037"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30037"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30037"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}