{"id":30052,"date":"2022-01-26T12:34:48","date_gmt":"2022-01-26T12:34:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-turismo-hoteleiro-creceu-case-un-90-en-galicia-no-2021\/"},"modified":"2022-01-26T12:34:48","modified_gmt":"2022-01-26T11:34:48","slug":"o-turismo-hoteleiro-creceu-case-un-90-en-galicia-no-2021","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-hoteleiro-creceu-case-un-90-en-galicia-no-2021\/","title":{"rendered":"O turismo hoteleiro creceu case un 90 % en Galicia no 2021"},"content":{"rendered":"<p><strong>A cifra de visitantes e noites pasadas en decembro triplicouse con respecto ao mesmo mes do 2020.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os primeiros resultados tur\u00edsticos totais do 2021 vi\u00f1eron a confirmar a positiva evoluci\u00f3n do sector en Galicia durante o ano pasado cun notable crecemento con respecto ao 2020 que permitiu \u00e1 comunidade recuperar boa parte das cifras de visitantes e noites pasadas perdidas por mor da pandemia da\u00a0 covid.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O \u00faltimo estudo de <a href=\"https:\/\/www.ine.es\/daco\/daco42\/prechote\/cth1221.pdf\">conxuntura tur\u00edstica hoteleira<\/a> feito p\u00fablico polo <a href=\"https:\/\/www.ine.es\/\">Instituto Nacional de Estat\u00edstica<\/a> reflicte que o mes pasado foron algo m\u00e1is de 200.000 os viaxeiros que pasaron polos hoteis galegos, o que sup\u00f3n case 4 veces m\u00e1is que os 53.096 viaxeiros rexistrados en decembro do 2020 e queda xa moi preto dos 240.000 do mesmo mes de 2019. Estas cifras te\u00f1en tam\u00e9n translaci\u00f3n directa no n\u00famero de noites pasadas, que creceron desde as 124.000 de decembro do 2020 \u00e1s 390.000 do mes pasado, reduc\u00edndose tam\u00e9n de forma notable a diferenza coas 460.000 de decembro do 2019.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desde a <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/65510\/los-hoteles-gallegos-triplicaron-diciembre-volumen-noches-registradas-mismo-periodo\">Xunta de Galicia<\/a> destacan que os datos de decembro contribu\u00edron a que Galicia superase nun 90 %, cun total de 3.134.000 visitantes no 2021, a cifra rexistrada no 2020, \u201cs\u00f3 por detr\u00e1s de Baleares no caso do volume de viaxeiros e s\u00f3 por detr\u00e1s de Baleares e Catalu\u00f1a no caso da demanda tur\u00edstica\u201d. As\u00ed mesmo, os responsables auton\u00f3micos sinalan que en termos relativos Galicia situouse como a segunda mellor comunidade en canto \u00e1 evoluci\u00f3n das cifras hoteleiras de viaxeiros e noites pasadas con respecto ao 2019, ao recuperar o 70 % das cifras daquel ano, o que sup\u00f3n 22 puntos m\u00e1is que a media nacional. Ademais, segundo os c\u00e1lculos da Xunta, se a esas cifras s\u00famanselle os datos dispo\u00f1ibles (de xaneiro a novembro do 2021) dos establecementos extrahoteleiros, Galicia sumou o ano pasado m\u00e1is de 4,1 mill\u00f3ns de visitantes rexistrados e case 9 mill\u00f3ns de noites pasadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por provincias, a da Coru\u00f1a liderou a t\u00e1boa de visitantes aloxados en hoteis en Galicia durante o pasado mes de decembro con 84.033, seguida de Pontevedra con 75.452, Ourense con 21.025 e Lugo con 20.125. Ademais, Vigo f\u00edxose un oco na clasificaci\u00f3n estatal de puntos tur\u00edsticos por n\u00famero de visitantes durante o mes pasado ao rexistrar un total de 38.145 viaxeiros aloxados nos seus hoteis e algo m\u00e1is de 74.000 noites pasadas. As R\u00edas Baixas no seu conxunto (inclu\u00edndo tanto o territorio pontevedr\u00e9s como o coru\u00f1\u00e9s) fixeron o propio na clasificaci\u00f3n estatal das zonas tur\u00edsticas, con 75.618 visitantes e case 150.000 noites pasadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No total anual do 2021, a provincia da Coru\u00f1a encabezou a t\u00e1boa con 1,3 mill\u00f3ns de visitantes aloxados por diante de Pontevedra (1.044.000), Lugo (477.832) e Ourense (265.033). En canto ao n\u00famero de noites pasadas nos hoteis, A Coru\u00f1a sumou case 2,7 mill\u00f3ns, Pontevedra 2,5 mill\u00f3ns, Lugo algo m\u00e1is de 800.000 e Ourense case medio mill\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cifra de visitantes e noites pasadas en decembro triplicouse con respecto ao mesmo mes do 2020. &nbsp; Os primeiros resultados tur\u00edsticos totais do 2021 vi\u00f1eron a confirmar a positiva evoluci\u00f3n do sector en Galicia durante o ano pasado cun notable crecemento con respecto ao 2020 que permitiu \u00e1 comunidade recuperar boa parte das cifras &#8230; <a title=\"O turismo hoteleiro creceu case un 90 % en Galicia no 2021\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-hoteleiro-creceu-case-un-90-en-galicia-no-2021\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O turismo hoteleiro creceu case un 90 % en Galicia no 2021\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30052","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30052","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30052"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30052\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30052"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30052"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30052"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}