{"id":30079,"date":"2022-02-15T12:49:14","date_gmt":"2022-02-15T12:49:14","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/turexpo-galicia-prepara-xa-a-sua-undecima-edicion-co-obxectivo-de-revitalizar-empresas-e-destinos\/"},"modified":"2022-02-15T12:49:14","modified_gmt":"2022-02-15T11:49:14","slug":"turexpo-galicia-prepara-xa-a-sua-undecima-edicion-co-obxectivo-de-revitalizar-empresas-e-destinos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-prepara-xa-a-sua-undecima-edicion-co-obxectivo-de-revitalizar-empresas-e-destinos\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia prepara xa a s\u00faa und\u00e9cima edici\u00f3n co obxectivo de revitalizar empresas e destinos"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xu\u00f1o.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O recinto da <a href=\"https:\/\/www.feiragalicia.com\/\">Feira Internacional de Galicia Abanca<\/a>, en Silleda, volver\u00e1 abrir as s\u00faas portas ao sector tur\u00edstico o pr\u00f3ximo mes de xu\u00f1o acollendo a und\u00e9cima edici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/turexpogalicia.com\/\">Turexpo Galicia, o Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia<\/a>. Durante catro xornadas, do xoves 2 ao domingo 5, os representantes do mundo do turismo tanto galego como estatal citaranse cun gran n\u00famero de operadores tur\u00edsticos nacionais e internacionais para establecer contactos, promocionar os seus produtos, selar acordos, ga\u00f1arse a confianza do consumidor e xerar negocio. O obxectivo \u00e9, en definitiva e segundo explican os promotores do sal\u00f3n, \u201crevitalizar empresas e destinos\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tras a cancelaci\u00f3n da edici\u00f3n do 2020 por mor da pandemia da covid, e o renovado impulso que supuxo Turexpo 2021, os seus organizadores conf\u00edan en que o sal\u00f3n deste ano dea un novo paso adiante. Para iso traballan na selecci\u00f3n dun importante n\u00famero de operadores nacionais e internacionais de gran interese para todos os participantes e tam\u00e9n na incorporaci\u00f3n de m\u00e1is pa\u00edses emerxentes como emisores de turismo. Ademais, optimizar\u00e1n as axendas de reuni\u00f3ns para aumentar a s\u00faa eficacia. No ano 2019, Turexpo atraeu a atenci\u00f3n de 128.000 visitantes e foi escenario de 2.800 reuni\u00f3ns con 47 operadores tur\u00edsticos de 11 pa\u00edses. O ano pasado, a pesar das restrici\u00f3ns a\u00ednda vixentes pola pandemia e do cambio de datas, os visitantes foron 57.000 e as reuni\u00f3ns, 1.900, con 38 profesionais procedentes de 11 pa\u00edses.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A und\u00e9cima edici\u00f3n de Turexpo volver\u00e1 ter os expositores dos destinos como f\u00edo condutor principal, pero tam\u00e9n haber\u00e1 espazo para a formaci\u00f3n coa celebraci\u00f3n de xornadas t\u00e9cnicas e para un encontro de bloggers que reunir\u00e1 a un destacado grupo de expertos na difusi\u00f3n de contidos dixitais. Os seus promotores esperan que a prolongaci\u00f3n do Ano Santo Xacobeo 21-22 se converta tam\u00e9n nun aliciente engadido.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A entrada ser\u00e1 gratu\u00edta e os dous primeiros d\u00edas as actividades centraranse cara aos profesionais do sector tur\u00edstico, mentres que as d\u00faas \u00faltimas xornadas as portas estar\u00e1n abertas xa para o p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Festur e Xornadas de Turismo Ib\u00e9rico<\/strong><\/p>\n<p>En paralelo a Turexpo celebrarase tam\u00e9n a oitava edici\u00f3n da Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur), unha cita organizada coa colaboraci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Axencia Turismo de Galicia<\/a> para dar a co\u00f1ecer os numerosos festexos galegos que gozan desta reco\u00f1ecemento. O programa de Festur incluir\u00e1 degustaci\u00f3ns, escenificaci\u00f3ns e exhibici\u00f3ns para mostrar as particularidades destas celebraci\u00f3ns. Ademais, tam\u00e9n ter\u00e1n lugar as segundas Xornadas de Turismo Ib\u00e9rico, que reunir\u00e1n os d\u00edas 2 e 3 de xu\u00f1o a empresarios e representantes institucionais de Espa\u00f1a e Portugal para debater sobre a situaci\u00f3n e o futuro do turismo na Pen\u00ednsula.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xu\u00f1o. &nbsp; O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, volver\u00e1 abrir as s\u00faas portas ao sector tur\u00edstico o pr\u00f3ximo mes de xu\u00f1o acollendo a und\u00e9cima edici\u00f3n de Turexpo Galicia, o Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia. Durante catro &#8230; <a title=\"Turexpo Galicia prepara xa a s\u00faa und\u00e9cima edici\u00f3n co obxectivo de revitalizar empresas e destinos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-prepara-xa-a-sua-undecima-edicion-co-obxectivo-de-revitalizar-empresas-e-destinos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Turexpo Galicia prepara xa a s\u00faa und\u00e9cima edici\u00f3n co obxectivo de revitalizar empresas e destinos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30079","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30079\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}