{"id":30097,"date":"2022-02-25T13:00:32","date_gmt":"2022-02-25T13:00:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-turismo-fluvial-volve-embarcarse-para-descubrir-galicia\/"},"modified":"2022-02-25T13:00:32","modified_gmt":"2022-02-25T12:00:32","slug":"o-turismo-fluvial-volve-embarcarse-para-descubrir-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-fluvial-volve-embarcarse-para-descubrir-galicia\/","title":{"rendered":"O turismo fluvial volve embarcarse para descubrir Galicia"},"content":{"rendered":"<p><strong>Os visitantes xa poden facer uso da ruta entre Tui e Valen\u00e7a e da renovada web de reservas do catamar\u00e1n da Ribeira Sacra da Deputaci\u00f3n de Lugo.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O turismo fluvial cobra forza en Galicia con d\u00faas iniciativas postas en marcha nos \u00faltimos d\u00edas e destinadas a facer que os visitantes se embarquen para descubrir algunhas das paraxes m\u00e1is impresionantes desta terra.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c9 o caso das rutas do proxecto <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/galicia-y-el-norte-de-portugal-se-alian-para-fomentar-el-turismo-fluvial\/\"><strong>R\u00edo Mi\u00f1o, un destino navegable<\/strong><\/a>, que desde este venres 25 de febreiro percorren as augas do tramo final da desembocadura do Mi\u00f1o para dar a co\u00f1ecer o patrimonio, a historia, as paisaxes, a gastronom\u00eda, o comercio e o resto dos atractivos tur\u00edsticos de ambas beiras. Os\u00a0concellos de <a href=\"https:\/\/tui.gal\/\">Tui<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.concellodesalvaterra.com\/\">Salvaterra de Mi\u00f1o<\/a>,\u00a0as c\u00e1maras municipais de <a href=\"https:\/\/cm-valenca.pt\/\">Valen\u00e7a<\/a> e\u00a0 <a href=\"https:\/\/cm-moncao.pt\/pt\/Default.aspx\">Mon\u00e7ao<\/a>, e <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Turismo de Galicia<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.portoenorte.pt\/es\/\">Turismo do Porto e Norte de Portugal<\/a> impulsan esta iniciativa que arrincar\u00e1 durante a primeira semana con percorridos entre Tui e Valen\u00e7a para dar paso a partir do 7 de marzo ao traxecto entre Salvaterra e Mon\u00e7ao. Os itinerarios son gratu\u00edtos, pero \u00e9 necesario reservar previamente a trav\u00e9s da web <a href=\"http:\/\/www.hemisferios.org\/\">www.hemisferios.org<\/a> posto que as prazas est\u00e1n limitadas pola capacidade da embarcaci\u00f3n. As oficinas de turismo de cada localidade servir\u00e1n de punto de partida dos percorridos, de oito horas de duraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A outra ruta fluvial que est\u00e1 de actualidade estes d\u00edas \u00e9 a que impulsa a <a href=\"https:\/\/www.deputacionlugo.gal\/\">Deputaci\u00f3n de Lugo<\/a> polas augas dos r\u00edos Mi\u00f1o e Sil que ba\u00f1an a famosa <strong>Ribeira Sacra<\/strong>. Neste caso, os visitantes ter\u00e1n que esperar a\u00ednda ata a terceira fin de semana de marzo (d\u00edas 19 e 20) para poder embarcarse, pero si poden desde esta semana reservar os seus billetes e facelo, ademais, desde unha renovada web m\u00e1is accesible e visual. Xa est\u00e1 dispo\u00f1ible en <a href=\"https:\/\/reservas.rutasembalses.es\/\">https:\/\/reservas.rutasembalses.es\/<\/a> o apartado para comprar os billetes as\u00ed como toda a informaci\u00f3n necesaria para gozar dos dous percorridos dispo\u00f1ibles. A ruta do Can\u00f3n do Sil parte do embarcadoiro Ponte do Sil, no municipio de Monforte de Lemos, e chega ata o mosteiro de Santa Cristina para iniciar desde al\u00ed a traves\u00eda de regreso. A ruta Cabo do Mundo ten o seu punto de inicio e regreso no pobo de Belesar e percorre o Mi\u00f1o ata a \u00e1rea recreativa de Maiorga. En ambos casos, o prezo do billete ordinario \u00e9 de 9 euros, pero hai descontos diversos para mozos, estudantes, desempregados e outros colectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os visitantes xa poden facer uso da ruta entre Tui e Valen\u00e7a e da renovada web de reservas do catamar\u00e1n da Ribeira Sacra da Deputaci\u00f3n de Lugo. &nbsp; O turismo fluvial cobra forza en Galicia con d\u00faas iniciativas postas en marcha nos \u00faltimos d\u00edas e destinadas a facer que os visitantes se embarquen para descubrir &#8230; <a title=\"O turismo fluvial volve embarcarse para descubrir Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-fluvial-volve-embarcarse-para-descubrir-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O turismo fluvial volve embarcarse para descubrir Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30097","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30097","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30097"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30097\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30097"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30097"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30097"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}