{"id":30148,"date":"2022-03-21T12:00:00","date_gmt":"2022-03-21T12:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-turismo-que-aposta-polas-raices-unha-vision-desde-o-territorio\/"},"modified":"2022-03-21T12:00:00","modified_gmt":"2022-03-21T11:00:00","slug":"o-turismo-que-aposta-polas-raices-unha-vision-desde-o-territorio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-que-aposta-polas-raices-unha-vision-desde-o-territorio\/","title":{"rendered":"O turismo que aposta polas ra\u00edces: unha visi\u00f3n desde o territorio"},"content":{"rendered":"<p><strong>Iniciativas diversas apostan por dar valor ao territorio creando unha oferta tur\u00edstica sostible e de riqueza local. \u00a0<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Dentro dos piares da <a href=\"https:\/\/turismo.gob.es\/es-es\/estrategia-turismo-sostenible\/Eje2\/Paginas\/crecimiento-sostenible.aspx\">Estratexia de Turismo Sostible de Espa\u00f1a 2030<\/a>, o impulso do desenvolvemento do territorio pres\u00e9ntase como piar fundamental. O turismo debe ser unha panca de crecemento sostible da contorna, que contrib\u00faa a frear o despoboamento, promocionar o patrimonio e, con iso, mellorar da calidade de vida dos seus habitantes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/arqueixal.es\/#quen-somos\"><strong>Arqueixal<\/strong><\/a> \u00e9 un bo exemplo de proxecto que aposta pola transformaci\u00f3n e valorizaci\u00f3n da s\u00faa comarca, labor que levan m\u00e1is de 30 anos desenvolvendo desde Palas de Rei. Nesta granxa rural ecol\u00f3xica pasaron de dedicarse en exclusiva \u00e1 produci\u00f3n de l\u00e1cteos, a concibir unha experiencia global que encarna o amor pola terra. A partir da rehabilitaci\u00f3n dun conxunto de casas\u00a0 despoboadas seguindo as directrices da\u00a0 bioconstruci\u00f3n, o seu complexo ofrece ao visitante a oportunidade de meterse <strong>de cheo na cultura local<\/strong> e tomar parte no d\u00eda a d\u00eda da aldea.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Unha aposta polo territorio a trav\u00e9s do turismo sostible que tam\u00e9n se empeza a impo\u00f1er en zonas populares, co obxectivo de canalizar a s\u00faa oferta cara a modelos de negocio que minimicen o impacto do turismo nas s\u00faas zonas. Casos como o <a href=\"https:\/\/bosquemar.com\/\"><strong>Hotel Spa Bosque Mar<\/strong><\/a>, posuidor do Selo Talento Tur\u00edstico Sostible e cunha forte aposta polo consumo das enerx\u00edas renovables, ou os <a href=\"http:\/\/www.apartamentostrisquel.com\/\"><strong>Apartamentos Trisquel<\/strong><\/a>. Ambos facendo posible o turismo sostible e de calidade nunha zona tan solicitada polo viaxeiro estival como a Comarca\u00a0 do Saln\u00e9s.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desde Serra de Outes, diversas iniciativas que apostan polo turismo de desconexi\u00f3n na natureza est\u00e1n a impulsar esta comarca creando espazos singulares de gran calidade arquitect\u00f3nica, ecol\u00f3xicos e respectuosos coa paisaxe. \u00c9 o caso das <a href=\"https:\/\/cabanitasdelbosque.com\/quienes-somos\/gl\"><strong>Cabani\u00f1as de Outes<\/strong><\/a>, aloxamentos pioneiros en Galicia situados en \u00e1rbores. Estas hospedaxes tan singulares recibiron o Premio de Arquitectura 2020 polo seu equilibrio perfecto entre construci\u00f3n e h\u00e1bitat natural, como marcan os obxectivos da \u201cAxenda 2030\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Crecemento local e sostible a trav\u00e9s do turismo. En todos estes exemplos de proxectos en Galicia queda m\u00e1is que evidenciado que un cami\u00f1o m\u00e1is sostible \u00e9 posible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iniciativas diversas apostan por dar valor ao territorio creando unha oferta tur\u00edstica sostible e de riqueza local. \u00a0 &nbsp; Dentro dos piares da Estratexia de Turismo Sostible de Espa\u00f1a 2030, o impulso do desenvolvemento do territorio pres\u00e9ntase como piar fundamental. O turismo debe ser unha panca de crecemento sostible da contorna, que contrib\u00faa a frear &#8230; <a title=\"O turismo que aposta polas ra\u00edces: unha visi\u00f3n desde o territorio\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-que-aposta-polas-raices-unha-vision-desde-o-territorio\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O turismo que aposta polas ra\u00edces: unha visi\u00f3n desde o territorio\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30148","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30148","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30148"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30148\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30148"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30148"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30148"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}