{"id":30172,"date":"2022-04-02T10:00:08","date_gmt":"2022-04-02T10:00:08","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/jesus-picallo-anima-aos-participantes-en-turislab-a-poner-os-seus-innovadores-proxectos-ao-servizo-do-futuro-do-sector\/"},"modified":"2022-04-02T10:00:08","modified_gmt":"2022-04-02T09:00:08","slug":"jesus-picallo-anima-aos-participantes-en-turislab-a-poner-os-seus-innovadores-proxectos-ao-servizo-do-futuro-do-sector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/jesus-picallo-anima-aos-participantes-en-turislab-a-poner-os-seus-innovadores-proxectos-ao-servizo-do-futuro-do-sector\/","title":{"rendered":"Jes\u00fas Picallo anima aos participantes en Turislab a po\u00f1er os seus innovadores proxectos ao servizo do futuro do sector"},"content":{"rendered":"<p><strong>O vicepresidente do Cl\u00faster participou no acto inaugural da segunda edici\u00f3n da Aceleradora de startups tur\u00edsticas da Xunta.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A <strong>segunda edici\u00f3n da Aceleradora de startups tur\u00edsticas da Xunta<\/strong>, <a href=\"https:\/\/turislab.gal\/\">Turislab<\/a>, botou a andar de forma oficial o venres 1 de abril co acto de presentaci\u00f3n e benvida dos 15 proxectos seleccionados para tomar parte na fase da Pre-Academia do proxecto. E do mesmo xeito que na primeira edici\u00f3n, al\u00ed estivo o Cl\u00faster Turismo de Galicia, acompa\u00f1ando aos promotores da iniciativa, para celebrar a s\u00faa posta en marcha, felicitar aos emprendedores que pasaron o primeiro filtro do proceso de selecci\u00f3n e animalos a sacar adiante os seus proxectos para contribu\u00edr as\u00ed ao desenvolvemento do sector tur\u00edstico galego.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Foi Jes\u00fas Picallo, o vicepresidente do Cl\u00faster, o encargado de representar \u00e1 entidade no acto presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e de dirixir unhas palabras a todos os presentes. \u201cA innovaci\u00f3n e o emprendemento son elementos fundamentais na ecuaci\u00f3n do \u00e9xito. A innovaci\u00f3n achega novos enfoques e soluci\u00f3ns \u00e1 realidade existente e o emprendemento o pulo para afrontar un novo negocio. Ambos son a base da creaci\u00f3n de novas empresas, postos de traballo e o motor do crecemento econ\u00f3mico. As\u00ed que o arranque desta II Edici\u00f3n da Aceleradora de\u00a0 Startups Tur\u00edsticas da Xunta de Galicia \u00e9 unha moi boa noticia para o sector. Desde o Cl\u00faster Turismo de Galicia celebramos a promoci\u00f3n do talento porque \u00e9 un investimento de futuro para o sector e para a comunidade\u201d, explicou Jes\u00fas Picallo na s\u00faa intervenci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O vicepresidente do Cl\u00faster apuntou tam\u00e9n que o apoio aos emprendedores e \u00e1s iniciativas tractoras \u201cest\u00e1n entre os principais obxectivos estrat\u00e9xicos do turismo en Galicia, recollidos no Plan Director Galicia Destino Seguro\u201d, reiterou a importancia da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada e destacou que a Aceleradora permite \u201csumar novas ideas e novos proxectos que poden ser a semente e iniciativas tractoras para o turismo\u201d. Aos participantes, felicitounos pola s\u00faa valent\u00eda e desexoulles \u00e1nimo para\u00a0 perseverar e lograr os seus obxectivos. \u201cNa vosa creatividade reside parte do futuro dun sector con gran potencialidade. Tedes unha oportunidade \u00fanica para facer realidade os vosos proxectos baixo a mentorizaci\u00f3n dos mellores expertos\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nesta primeira fase da Aceleradora, a Pre-Academia, participan 15 proxectos que foron seleccionados do total de 117 iniciativas presentadas. Dispo\u00f1er\u00e1n agora dun mes de formaci\u00f3n e mentorizaci\u00f3n para dese\u00f1ar o seu modelo de negocio, expor a s\u00faa viabilidade financeira e traballar no contacto coas empresas tractoras e o \u00e1mbito da comunicaci\u00f3n. A continuaci\u00f3n, o comit\u00e9 de selecci\u00f3n escoller\u00e1 os 10 proxectos que pasar\u00e1n \u00e1 parte central do programa, a Academia, que se desenvolver\u00e1 durante 7 meses, e optar\u00e1n as\u00ed aos 80.000 euros en premios. 16 mulleres e 12 homes son os impulsores destes primeiros 15 proxectos da Pre-Academia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nesta segunda edici\u00f3n de Turislab son 7 as categor\u00edas diferenciadas \u00e1s que pod\u00edan concorrer os aspirantes e todas elas est\u00e1n representadas nesta fase. \u00c1 de <strong>Travel Tech<\/strong> concorren <em>Boldest<\/em>, <em>Wonder Experience<\/em>, <em>Viajator<\/em> e <em>Spot Now<\/em>; \u00e1 de <strong>Social Tech<\/strong> pertencen <em>Sparelajarse<\/em>, <em>Turismo Inclusivo Ribeira Sacra<\/em> e <em>Meet Rural<\/em>; a de <strong>Cami\u00f1o de Santiago<\/strong> ten dous aspirantes: <em>A Leira 116<\/em> e\u00a0 <em>Xacobus<\/em>; e outros dous proxectos\u00a0 pertenencen a <strong>Gastro Tech<\/strong>: <em>O Mercado da Pedra<\/em> e <em>Salmoira<\/em>. Tam\u00e9n son dous os proxectos de <strong>Infraestructure Track<\/strong>: <em>Hotel Escola<\/em> e <em>Trick Track<\/em>, mentres que as categor\u00edas de <strong>Sustentabilidade<\/strong> e <strong>Turismo de Litoral<\/strong> contan cun cada unha: <em>BGreen<\/em> e <em>Atlantic Surf Galicia<\/em>, respectivamente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O vicepresidente do Cl\u00faster participou no acto inaugural da segunda edici\u00f3n da Aceleradora de startups tur\u00edsticas da Xunta. &nbsp; A segunda edici\u00f3n da Aceleradora de startups tur\u00edsticas da Xunta, Turislab, botou a andar de forma oficial o venres 1 de abril co acto de presentaci\u00f3n e benvida dos 15 proxectos seleccionados para tomar parte na &#8230; <a title=\"Jes\u00fas Picallo anima aos participantes en Turislab a po\u00f1er os seus innovadores proxectos ao servizo do futuro do sector\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/jesus-picallo-anima-aos-participantes-en-turislab-a-poner-os-seus-innovadores-proxectos-ao-servizo-do-futuro-do-sector\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Jes\u00fas Picallo anima aos participantes en Turislab a po\u00f1er os seus innovadores proxectos ao servizo do futuro do sector\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30172","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30172","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30172"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30172\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30172"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30172"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30172"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}