{"id":30175,"date":"2022-04-03T00:30:20","date_gmt":"2022-04-03T00:30:20","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/mais-dun-centenar-de-establecementos-turisticos-galegos-poderan-beneficiarse-de-axudas-para-mellorar-a-sua-eficiencia-enerxetica\/"},"modified":"2022-04-03T00:30:20","modified_gmt":"2022-04-02T23:30:20","slug":"mais-dun-centenar-de-establecementos-turisticos-galegos-poderan-beneficiarse-de-axudas-para-mellorar-a-sua-eficiencia-enerxetica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-dun-centenar-de-establecementos-turisticos-galegos-poderan-beneficiarse-de-axudas-para-mellorar-a-sua-eficiencia-enerxetica\/","title":{"rendered":"M\u00e1is dun centenar de establecementos tur\u00edsticos galegos poder\u00e1n beneficiarse de axudas para mellorar a s\u00faa eficiencia enerx\u00e9tica"},"content":{"rendered":"<p><strong>Galicia recibir\u00e1 7,8 mill\u00f3ns de euros do programa aprobado na \u00faltima reuni\u00f3n da Conferencia Sectorial de Turismo. <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os aloxamentos tur\u00edsticos galegos (hoteis, c\u00e1mpings, turismo rural\u2026) poderanse beneficiar de axudas por un importe total de 7,8 mill\u00f3ns de euros para acometer proxectos de eficiencia enerx\u00e9tica e econom\u00eda circular nas s\u00faas instalaci\u00f3ns. Estas axudas enm\u00e1rcanse nun programa de \u00e1mbito estatal e cun importe total de 170 mill\u00f3ns que foi aprobado polo Goberno central e os representantes das comunidades aut\u00f3nomas na <a href=\"https:\/\/www.mincotur.gob.es\/es-es\/gabineteprensa\/notasprensa\/2022\/documents\/20220329%20ndp%20conferencia%20sectorial.pdf\">reuni\u00f3n da Conferencia Sectorial de Turismo<\/a> celebrada esta semana.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No caso de Galicia, est\u00e1 previsto que as axudas permitan acometer intervenci\u00f3ns en 121 establecementos. Estes deber\u00e1n dedicar o importe recibido a mellorar a envolvente t\u00e9rmica (os cerramentos que delimitan os espazos habitables) do recinto, incorporar enerx\u00edas renovables para a calefacci\u00f3n, refrixeraci\u00f3n, climatizaci\u00f3n e a auga quente sanitaria, e optimizar a iluminaci\u00f3n. O obxectivo \u00e9 que os beneficiarios reduzan o consumo de enerx\u00edas non renovables en polo menos un 30 %.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O acordo alcanzado entre o Goberno central e as comunidades aut\u00f3nomas prev\u00e9 que sexan estas \u00faltimas as que realicen a convocatoria correspondente para a repartici\u00f3n de axudas. O prazo para executar as actuaci\u00f3ns subvencionables concluir\u00e1 o 31 de decembro do 2024.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Fomento da enogastronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Na mesma reuni\u00f3n da Conferencia Sectorial de Turismo presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e na que a representaci\u00f3n galega correu a cargo do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi aprobada tam\u00e9n unha nova edici\u00f3n extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Tur\u00edstica en Destino, que este ano ter\u00e1n como prioridade principal a enogastronom\u00eda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A este respecto, <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/67453\/galicia-aposta-pola-fortaleza-sua-enogastronomia-estratexia-turistica-desenvolver\">desde a Xunta explican<\/a> que xa converteran ese \u00e1mbito no eixo do Plan Territorial para o per\u00edodo 2022-2025 ao considerar que \u00e9 un dos recursos claves do modelo tur\u00edstico galego. O novo plan establece do 1 de abril ao 17 de maio o prazo para que tanto a Xunta directamente a trav\u00e9s das Acci\u00f3ns de Cohesi\u00f3n entre Destinos como os axentes locais a trav\u00e9s dos Plans de Sustentabilidade en Destino presenten os seus proxectos ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galicia recibir\u00e1 7,8 mill\u00f3ns de euros do programa aprobado na \u00faltima reuni\u00f3n da Conferencia Sectorial de Turismo. &nbsp; Os aloxamentos tur\u00edsticos galegos (hoteis, c\u00e1mpings, turismo rural\u2026) poderanse beneficiar de axudas por un importe total de 7,8 mill\u00f3ns de euros para acometer proxectos de eficiencia enerx\u00e9tica e econom\u00eda circular nas s\u00faas instalaci\u00f3ns. Estas axudas enm\u00e1rcanse nun &#8230; <a title=\"M\u00e1is dun centenar de establecementos tur\u00edsticos galegos poder\u00e1n beneficiarse de axudas para mellorar a s\u00faa eficiencia enerx\u00e9tica\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-dun-centenar-de-establecementos-turisticos-galegos-poderan-beneficiarse-de-axudas-para-mellorar-a-sua-eficiencia-enerxetica\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre M\u00e1is dun centenar de establecementos tur\u00edsticos galegos poder\u00e1n beneficiarse de axudas para mellorar a s\u00faa eficiencia enerx\u00e9tica\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30175","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30175","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30175"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30175\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30175"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30175"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30175"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}