{"id":30205,"date":"2022-04-18T11:45:31","date_gmt":"2022-04-18T11:45:31","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-galego-supera-as-previsions-de-semana-santa-cunha-ocupacion-de-entre-o-75-e-o-90\/"},"modified":"2022-04-18T11:45:31","modified_gmt":"2022-04-18T10:45:31","slug":"o-sector-turistico-galego-supera-as-previsions-de-semana-santa-cunha-ocupacion-de-entre-o-75-e-o-90","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-supera-as-previsions-de-semana-santa-cunha-ocupacion-de-entre-o-75-e-o-90\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico galego supera as previsi\u00f3ns de Semana Santa cunha ocupaci\u00f3n de entre o 75% e o 90%"},"content":{"rendered":"<p><strong>A sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia ofrece un balance moi positivo que apunta \u00e1 recuperaci\u00f3n do sector, que entre o xoves e o s\u00e1bado rexistrou en boa parte do territorio niveis de ocupaci\u00f3n previos \u00e1 pandemia.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>As boas previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas para os festivos incentivaron as reservas de \u00faltima hora cunha elevada ocupaci\u00f3n nos hoteis de 4 estrelas ou superiores e tam\u00e9n no turismo rural.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>O Cami\u00f1o de Santiago, con 1.500 peregrinos diarios chegando a Compostela, deixou un elevado nivel de ocupaci\u00f3n nos establecementos da ruta.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional. a\u00ednda que nalg\u00fans destinos como Santiago de Compostela comezaron a recuperar o turismo internacional.<\/strong><\/p>\n<p><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A ocupaci\u00f3n no sector tur\u00edstico galego durante esta Semana Santa superou as expectativas previstas, rexistrando unhas porcentaxes de entre o 75 % e o 90 % nas zonas consultadas polo Cl\u00faster Turismo de Galicia. Os datos po\u00f1en de manifesto a recuperaci\u00f3n do sector, que entre o xoves 14 e o s\u00e1bado 16 de abril rexistrou en moitos territorios <strong>niveis de ocupaci\u00f3ns propios dos anos prepandemia<\/strong>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As boas previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas para os festivos incentivaron as reservas de \u00faltima hora cunha elevada ocupaci\u00f3n nos hoteis de 4 estrelas ou superiores e tam\u00e9n no turismo rural, especialmente na Ribeira Sacra e na Mari\u00f1a Lucense.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Cami\u00f1o de Santiago, con 1.500 peregrinos diarios chegando a Compostela, deixou un elevado nivel de ocupaci\u00f3n nos establecementos existentes ao longo da ruta.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional, a\u00ednda que nalg\u00fans destinos, como Santiago de Compostela, comezaron a recuperar o turismo internacional.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>An\u00e1lise por territorios<\/strong><\/p>\n<p>Atendendo a an\u00e1lise por zonas, tanto na provincia de <strong>Pontevedra<\/strong> como na cidade de <strong>Vigo<\/strong> as cifras de ocupaci\u00f3n superaron as estimaci\u00f3ns realizadas en base as reservas previas \u00e1 Semana Santa chegando ate o 80 % entre xoves e s\u00e1bado, grazas \u00e1 mellora das previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, en <strong>Sanxenxo<\/strong> a porcentaxe de ocupaci\u00f3n media rexistrada situouse ao redor do 80 %, cifra que se incrementou ata preto do 90 % nos hoteis de 4 estrelas. Estes datos tam\u00e9n melloran as previsi\u00f3ns para estas datas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os hoteis da cidade da <strong>Coru\u00f1a<\/strong> rexistraron datos moi positivos cunha ocupaci\u00f3n do 80 %, mentres que a porcentaxe de cancelaci\u00f3ns foi m\u00ednima. Tam\u00e9n a <strong>Costa da Morte<\/strong> mellorou as cifras de ocupaci\u00f3n previstas (que se situaban en torno ao 60 %) grazas \u00e1s reservas de \u00faltima hora, especialmente en establecementos de turismo rural, con casas casas que colgaron o cartel de completo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A porcentaxe de ocupaci\u00f3n en <strong>Santiago de Compostela<\/strong> roldou o 80 %, concentr\u00e1ndose a maior parte de reservas no casco hist\u00f3rico da capital galega, zona na que apenas houbo habitaci\u00f3ns libres para os d\u00edas festivos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En <strong>Ferrol<\/strong>, onde a Semana Santa est\u00e1 declarada de Interese Tur\u00edstico Internacional, os datos de ocupaci\u00f3n acadaron cifras do 90 % o xoves e o venres, mentres que durante a fin de semana as reservas situ\u00e1ronse entre o 70 e o 80 %<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os datos da provincia de <strong>Lugo<\/strong> var\u00edan en funci\u00f3n da zona consultada, a\u00ednda que tam\u00e9n son alentadores, especialmente na <strong>Mari\u00f1a<\/strong>Lucense, onde se superou o 75 % de ocupaci\u00f3n. O balance \u00e9 moi positivo para a <strong>Ribeira Sacra<\/strong>, onde a ocupaci\u00f3n estivo en li\u00f1a co previsto. Nesta \u00e1rea tiveron especial \u00e9xito os hoteis de 3 e 4 estrelas e os establecementos de turismo rural, nos que se recollen cifras de ocupaci\u00f3n superiores ao 90%. Por \u00faltimo, a chegada do tren de alta velocidade a <strong>Ourense<\/strong> parece impulsar o turismo, xa que a ocupaci\u00f3n entre o xoves e o s\u00e1bado na cidade roldou o 80%.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia ofrece un balance moi positivo que apunta \u00e1 recuperaci\u00f3n do sector, que entre o xoves e o s\u00e1bado rexistrou en boa parte do territorio niveis de ocupaci\u00f3n previos \u00e1 pandemia. \u00a0 As boas previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas para os festivos incentivaron as reservas de \u00faltima hora cunha elevada ocupaci\u00f3n &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico galego supera as previsi\u00f3ns de Semana Santa cunha ocupaci\u00f3n de entre o 75% e o 90%\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-supera-as-previsions-de-semana-santa-cunha-ocupacion-de-entre-o-75-e-o-90\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico galego supera as previsi\u00f3ns de Semana Santa cunha ocupaci\u00f3n de entre o 75% e o 90%\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-30205","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30205","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30205"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30205\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30205"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30205"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30205"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}