{"id":30241,"date":"2022-05-09T09:36:48","date_gmt":"2022-05-09T09:36:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-enoturismo-volve-brillar-coas-xornadas-de-portas-abertas-das-rutas-dos-vinos-de-galicia\/"},"modified":"2022-05-09T09:36:48","modified_gmt":"2022-05-09T08:36:48","slug":"o-enoturismo-volve-brillar-coas-xornadas-de-portas-abertas-das-rutas-dos-vinos-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-enoturismo-volve-brillar-coas-xornadas-de-portas-abertas-das-rutas-dos-vinos-de-galicia\/","title":{"rendered":"O enoturismo volve brillar coas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Vi\u00f1os de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><strong>As cinco denominaci\u00f3ns de orixe participan nesta iniciativa que incluir\u00e1 visitas guiadas \u00e1s adegas e numerosas actividades paralelas, e que se iniciar\u00e1 a fin de semana do 13 ao 15 de maio no Ribeiro.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Galicia volve presumir de enoturismo e cultura vitivin\u00edcola cunha nova edici\u00f3n, a und\u00e9cima xa, das <a href=\"https:\/\/www.xn--rutasviosgalicia-dub.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/11-xornadas-Portas-Abertas-Rutas-Vinos-D15.pdf\"><strong>Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Vi\u00f1o<\/strong><\/a>, unha iniciativa na que tomar\u00e1n parte m\u00e1is de 60 adegas das cinco denominaci\u00f3ns de orixe. A posibilidade de participar en visitas guiadas e gratu\u00edtas a todas elas \u00e9 o piar principal sobre o que asenta esta proposta impulsada polas rutas do vi\u00f1o do <a href=\"https:\/\/rutadelvinoribeiro.com\/\"><strong>Ribeiro<\/strong><\/a>, as <a href=\"https:\/\/rutadelvinoriasbaixas.com\/\"><strong>R\u00edas Baixas<\/strong><\/a>, <a href=\"https:\/\/www.rutadelvinovaldeorras.com\/\"><strong>Valdeorras<\/strong><\/a>, a <a href=\"https:\/\/rutadelvinoribeirasacra.org\/\"><strong>Ribeira Sacra<\/strong><\/a> e <a href=\"http:\/\/www.rutadelvinomonterrei.com\/\"><strong>Monterrei<\/strong><\/a> xunto coa Axencia <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\"><strong>Turismo de Galicia<\/strong><\/a>, pero a iniciativa vai moito m\u00e1is al\u00e1 e incl\u00fae un amplo programa de actividades paralelas ao redor da gastronom\u00eda, o patrimonio e a natureza con visitas a museos, rutas guiadas por paraxes e espazos de interese e, nalg\u00fan caso, paseos en barca. Os restaurantes que se adheriron tam\u00e9n a esta iniciativa ofrecer\u00e1n men\u00fas preparados especificamente para a ocasi\u00f3n na que os pratos ser\u00e1n maridados con vi\u00f1os da denominaci\u00f3n de orixe correspondente.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A und\u00e9cima edici\u00f3n destas xornadas de portas abertas arrincar\u00e1 no Ribeiro os d\u00edas 13, 14 e 15 de maio e irase desenvolvendo durante as fins de semana seguintes polos espazos das outras catro denominaci\u00f3ns: do 20 ao 22 de maio nas R\u00edas Baixas; do 27 ao 29, en Valdeorras; do 3 ao 5 de xu\u00f1o na Ribeira Sacra, e do 10 ao 12 de xu\u00f1o, en Monterrei.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Cada fin de semana haber\u00e1 catro visitas guiadas: tres, os s\u00e1bados \u00e1s 11, 12.30 e 17 horas, e una os domingos \u00e1s 12 horas. Os participantes dispo\u00f1er\u00e1n dun servizo de autob\u00fas, o Bus do Vi\u00f1o, para desprazarse ata cada zona desde algunhas cidades e localidades de referencia gozando dun servizo de gu\u00eda pola ruta establecida. \u00c9 necesario reservar con antelaci\u00f3n a trav\u00e9s dos servizos habilitados por cada unha das rutas do vi\u00f1o posto que as prazas son limitadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta und\u00e9cima edici\u00f3n das Xornadas de Portas Abertas ten unha importante novidade musical. Os compositores galegos Ana Rodr\u00edguez e Carlos Calvi\u00f1o crearon, en colaboraci\u00f3n co en\u00f3logo Jorge Hervella, unha peza inspirada en cada unha das denominaci\u00f3ns de orixe que servir\u00e1 para engadir o apartado sonoro \u00e1 experiencia da cata.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, a trav\u00e9s do perfil en F<a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Turgalicia\">acebook de Turismo de Galicia<\/a> realizaranse tres sorteos por cada ruta do vi\u00f1o dunha noite de aloxamento e unha comida para d\u00faas persoas nalg\u00fan dos establecementos que participan na campa\u00f1a En total, ser\u00e1n 15 os premios aos que poder\u00e1n optar os participantes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As cinco denominaci\u00f3ns de orixe participan nesta iniciativa que incluir\u00e1 visitas guiadas \u00e1s adegas e numerosas actividades paralelas, e que se iniciar\u00e1 a fin de semana do 13 ao 15 de maio no Ribeiro. &nbsp; Galicia volve presumir de enoturismo e cultura vitivin\u00edcola cunha nova edici\u00f3n, a und\u00e9cima xa, das Xornadas de Portas Abertas das &#8230; <a title=\"O enoturismo volve brillar coas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Vi\u00f1os de Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-enoturismo-volve-brillar-coas-xornadas-de-portas-abertas-das-rutas-dos-vinos-de-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O enoturismo volve brillar coas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Vi\u00f1os de Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-30241","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30241","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30241"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30241\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30241"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30241"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30241"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}