{"id":30331,"date":"2022-06-26T11:00:35","date_gmt":"2022-06-26T11:00:35","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-reforzou-o-vinculo-entre-o-camino-de-santiago-e-alemana-con-encontros-empresariais-en-hamburgo-e-frankfurt\/"},"modified":"2022-06-26T11:00:35","modified_gmt":"2022-06-26T10:00:35","slug":"galicia-reforzou-o-vinculo-entre-o-camino-de-santiago-e-alemana-con-encontros-empresariais-en-hamburgo-e-frankfurt","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-reforzou-o-vinculo-entre-o-camino-de-santiago-e-alemana-con-encontros-empresariais-en-hamburgo-e-frankfurt\/","title":{"rendered":"Galicia reforzou o v\u00ednculo entre o Cami\u00f1o de Santiago e Alema\u00f1a con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Cl\u00faster Turismo de Galicia participou xunto cunha representaci\u00f3n empresarial especializada na ruta nos workshops organizados pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Jes\u00fas Picallo destacou en terras xermanas que Galicia \u00e9 un destino preparado, acolledor e altamente especializado nun tipo de turismo pausado, non masificado e con inquietudes espirituais e culturais.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Alema\u00f1a \u00e9 o segundo pa\u00eds que m\u00e1is peregrinos achega ao Cami\u00f1o de Santiago, unha tradici\u00f3n case tan antiga como o propio Cami\u00f1o, xa que existe documentaci\u00f3n desde o s\u00e9culo IX do culto ao Ap\u00f3stolo en terras xermanas. As\u00ed o destacou a semana pasada en Hamburgo e Frankfurt o vicepresidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Jes\u00fas Picallo, na s\u00faa intervenci\u00f3n tras os workshops organizados pola <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Axencia Turismo de Galicia<\/a>, no marco da presentaci\u00f3n do Xacobeo 22-22.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A comitiva, encabezada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, contou coa presenza dos directores das Oficinas Espa\u00f1olas de Turismo (OET) de Berl\u00edn e Frankfurt, Arturo Ortiz e Octavio Gonz\u00e1lez, respectivamente, e do vicepresidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Jes\u00fas Picallo. A representaci\u00f3n empresarial galega estivo integrada por <a href=\"https:\/\/circuitosgalicia.com\/\">Circu\u00edtos Galicia Viaxes<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.artnaturagalicia.com\/\">ArtNatura Galicia<\/a>, <a href=\"https:\/\/simplygalicia.es\/\">Simply Galicia<\/a>, <a href=\"https:\/\/easygalicia.com\/\">Easy Galicia<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.interrias.com\/\">Interr\u00edas<\/a>, que tiveron a oportunidade de intercambiar contactos e explicar os seus servizos a empresas alem\u00e1s..<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Alema\u00f1a \u00e9 o cuarto pa\u00eds europeo despois de Francia, Portugal e Italia no que se desenvolveu este encontro para po\u00f1er en valor a celebraci\u00f3n deste Xacobeo especial. Neste sentido, o vicepresidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia manifestou que \u201co Cami\u00f1o de Santiago e a celebraci\u00f3n deste dobre Ano Santo constit\u00fae neste momento o maior e mellor sinal de identidade para o turismo de Galicia\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O vicepresidente do Cl\u00faster destacou que \u201cque a nosa terra e as nosas xentes afix\u00e9ronse a recibir visitantes desde a Idade Media. Esta acumulaci\u00f3n de co\u00f1ecemento deu como resultado un destino preparado, acolledor e altamente especializado nun tipo de turismo pausado, non masificado e con inquietudes espirituais e culturais\u201d. Jes\u00fas Picallo lembrou que Galicia \u00e9 un destino con tantas posibilidades como atractivos, \u201cpraias, bosques, termalismo, patrimonio e gastronom\u00eda son puntais dunha oferta tur\u00edstica con experiencias \u00fanicas para o viaxeiro\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A mellor proba, as cifras deste ano, que no primeiro cuadrimestre rexistrou\u00a0 a chegada de m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de turistas e m\u00e1is de 120.000 peregrinos xa selaron a s\u00faa Compostela.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a directora de Turismo de Galicia, sinalou que cami\u00f1ar a Galicia permite gozar dunha experiencia \u00fanica en espazos abertos e naturais na li\u00f1a con aquilo que demandan os turistas tras a pandemia e que encaixa coa marca Galicia como destino seguro. Nava Castro afirmou tam\u00e9n que o turismo \u00e9 un sector estrat\u00e9xico en Galicia e que o Cami\u00f1o de Santiago desenvolve un importante papel como impulsor da cooperaci\u00f3n internacional.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia participou xunto cunha representaci\u00f3n empresarial especializada na ruta nos workshops organizados pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22. \u00a0 Jes\u00fas Picallo destacou en terras xermanas que Galicia \u00e9 un destino preparado, acolledor e altamente especializado nun tipo de turismo pausado, non masificado e con inquietudes espirituais e culturais. &#8230; <a title=\"Galicia reforzou o v\u00ednculo entre o Cami\u00f1o de Santiago e Alema\u00f1a con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-reforzou-o-vinculo-entre-o-camino-de-santiago-e-alemana-con-encontros-empresariais-en-hamburgo-e-frankfurt\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia reforzou o v\u00ednculo entre o Cami\u00f1o de Santiago e Alema\u00f1a con encontros empresariais en Hamburgo e Frankfurt\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3737,2540,2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-30331","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster-2","category-cluster","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30331","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30331"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30331\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30331"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30331"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30331"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}