{"id":30436,"date":"2022-08-21T09:50:26","date_gmt":"2022-08-21T09:50:26","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-prazo-para-optar-as-axudas-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible-chega-ao-seu-ecuador\/"},"modified":"2022-08-21T09:50:26","modified_gmt":"2022-08-21T08:50:26","slug":"o-prazo-para-optar-as-axudas-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible-chega-ao-seu-ecuador","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-prazo-para-optar-as-axudas-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible-chega-ao-seu-ecuador\/","title":{"rendered":"O prazo para optar \u00e1s axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible chega ao seu ecuador"},"content":{"rendered":"<p><strong>O 30 de setembro \u00e9 a data l\u00edmite para optar a parte dos 300.000 euros en axudas para a creaci\u00f3n de novos produtos.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Unha vintena de empresas sum\u00e1ronse xa \u00e1 iniciativa impulsada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia co apoio da Xunta.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes e provedores de oferta tur\u00edstica complementaria son os destinatarios deste programa.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a> acaba de alcanzar o ecuador do prazo aberto para que as empresas galegas do sector tur\u00edstico se adhiran ao mesmo. O pasado 11 de xullo era presentada de forma oficial est\u00e1 iniciativa impulsada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia con financiamento da <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/portada\">Xunta de Galicia<\/a> e a estas alturas, a medio cami\u00f1o do 30 de setembro, data l\u00edmite de inscrici\u00f3n, suma xa unha vintena de empresas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes e provedores de oferta tur\u00edstica complementaria son os destinatarios dun Club de Produto que nace co obxectivo de integrar toda a oferta tur\u00edstica sostible de Galicia, contribu\u00edndo a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e servindo de ponte de uni\u00f3n entre empresas e clientes. O compromiso co local, o medio ambiente e o bo goberno das empresas e o fomento das experiencias \u00fanicas, que deixen impacto no visitante, pero minimizando a pegada ecol\u00f3xica, e que lle proporcionen a maior confianza ao usuario son tam\u00e9n alg\u00fans dos aspectos diferenciadores de Galicia Destino Sostible.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais de formar parte dunha oferta tur\u00edstica diferencial, os participantes recibir\u00e1n formaci\u00f3n e asesoramento en materia de turismo sostible, acceder\u00e1n a unha nova canle de captaci\u00f3n de clientes, beneficiaranse dunha mellor capacidade para buscar alianzas e dispo\u00f1er\u00e1n de promoci\u00f3n e difusi\u00f3n a nivel nacional. As\u00ed mesmo, esta iniciativa est\u00e1 dotada cunha li\u00f1a de axudas para a creaci\u00f3n de novos produtos tur\u00edsticos sostibles por un importe total de 312.000 euros, que ser\u00e1n outorgadas por rigorosa orde de solicitude e formalizaranse mediante un convenio de colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para formar parte do Club de Produto Galicia Destino Sostible \u00e9 preciso cumprir unha serie de requisitos, que var\u00edan en funci\u00f3n de se se trata dun restaurante, un aloxamento, unha axencia de viaxes ou unha empresa tur\u00edstica complementaria. Os aspirantes que dispo\u00f1an dalgunha certificaci\u00f3n ambiental ou de sustentabilidade oficial poder\u00e1n acceder directamente por tratarse dun requisito habilitante, mentres que o resto deber\u00e1n cumprir o 100 % dos requisitos obrigatorios e o 33 % dos valorables.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O 30 de setembro \u00e9 a data l\u00edmite para optar a parte dos 300.000 euros en axudas para a creaci\u00f3n de novos produtos. &nbsp; Unha vintena de empresas sum\u00e1ronse xa \u00e1 iniciativa impulsada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia co apoio da Xunta. \u00a0 Aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes e provedores de oferta tur\u00edstica complementaria son &#8230; <a title=\"O prazo para optar \u00e1s axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible chega ao seu ecuador\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-prazo-para-optar-as-axudas-do-club-de-produto-galicia-destino-sostible-chega-ao-seu-ecuador\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O prazo para optar \u00e1s axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible chega ao seu ecuador\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30436","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30436","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30436"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30436\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30436"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30436"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30436"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}