{"id":30445,"date":"2022-08-24T12:29:20","date_gmt":"2022-08-24T12:29:20","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-hoteis-galegos-bateron-o-seu-record-historico-de-visitantes-do-mes-de-xullo\/"},"modified":"2022-08-24T12:29:20","modified_gmt":"2022-08-24T11:29:20","slug":"os-hoteis-galegos-bateron-o-seu-record-historico-de-visitantes-do-mes-de-xullo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hoteis-galegos-bateron-o-seu-record-historico-de-visitantes-do-mes-de-xullo\/","title":{"rendered":"Os hoteis galegos bateron o seu r\u00e9cord hist\u00f3rico de visitantes do mes de xullo"},"content":{"rendered":"<p><strong>Os m\u00e1is 615.000 viaxeiros aloxados durante o mes pasado supo\u00f1en o mellor dato da serie hist\u00f3rica do INE.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Galicia foi a quinta comunidade que rexistrou mais noites pasadas de residentes espa\u00f1ois.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As boas perspectivas de ocupaci\u00f3n coas que o sector hoteleiro afrontou o mes de xullo cumpr\u00edronse en Galicia. Os hoteis da comunidade rexistraron durante o mes pasado un total de 615.150 visitantes, unha cifra que non s\u00f3 sup\u00f3n un importante incremento con respecto aos 498.954 de xullo do ano pasado, sen\u00f3n que lles permitiu superar tam\u00e9n amplamente os 538.734 do mesmo mes do 2019 (antes da pandemia da covid) e establecer un novo r\u00e9cord na serie hist\u00f3rica da enquisa de ocupaci\u00f3n hostaleira do <a href=\"https:\/\/www.ine.es\/index.htm\">Instituto Nacional de Estat\u00edstica<\/a>, que recolle datos desde o ano 1999.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este aumento do n\u00famero de visitantes aos hoteis galegos traduciuse tam\u00e9n nun incremento das noites pasadas e nun novo r\u00e9cord: as 1.305.670 rexistradas durante o pasado xullo superan as 1.081.020 do mesmo mes do 2021, as 1.218.281 do 2019 e as 1.267.165 do 2017, o anterior r\u00e9cord da serie hist\u00f3rica do INE.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por provincias, A Coru\u00f1a encabeza o ranking galego de visitantes nos hoteis, con 276.093 fronte aos 218.893 de Pontevedra, pero a situaci\u00f3n inv\u00e9rtese en canto \u00e1s noites pasadas, posto que os hoteis pontevedreses sumaron 558.917, mentres que os da provincia coru\u00f1esa quedaron en 538.712. En ambos os casos as cifras melloran os datos prepandemia de xullo do 2019. Pola s\u00faa banda, os hoteis de Lugo sumaron 87.835 visitantes e 145.386 noites pasadas, e os de Ourense, 32.329 visitantes e 62.655 noites pasadas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os datos feitos p\u00fablicos polo INE reflicten tam\u00e9n que a ocupaci\u00f3n media dos hoteis galegos foi do 56,8 % durante o mes de xullo, o que sit\u00faa \u00e1 comunidade trece puntos por baixo da media nacional de ocupaci\u00f3n, pero por diante doutros territorios como Madrid, Navarra, Castela e Le\u00f3n, Arag\u00f3n, A Rioxa, Estremadura, Melilla e Castela-A Mancha.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, Galicia \u00e9 unha das comunidades preferidas polos visitantes espa\u00f1ois ao situarse como o quinto territorio con m\u00e1is noites pasadas de residentes nacionais nos seus hoteis durante o mes de xullo. S\u00f3 Andaluc\u00eda, Catalu\u00f1a, a Comunidade Valenciana e Canarias superaron o n\u00famero de noites pasadas de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os m\u00e1is 615.000 viaxeiros aloxados durante o mes pasado supo\u00f1en o mellor dato da serie hist\u00f3rica do INE. \u00a0 Galicia foi a quinta comunidade que rexistrou mais noites pasadas de residentes espa\u00f1ois. &nbsp; As boas perspectivas de ocupaci\u00f3n coas que o sector hoteleiro afrontou o mes de xullo cumpr\u00edronse en Galicia. Os hoteis da comunidade &#8230; <a title=\"Os hoteis galegos bateron o seu r\u00e9cord hist\u00f3rico de visitantes do mes de xullo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hoteis-galegos-bateron-o-seu-record-historico-de-visitantes-do-mes-de-xullo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os hoteis galegos bateron o seu r\u00e9cord hist\u00f3rico de visitantes do mes de xullo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30445","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30445","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30445"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30445\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30445"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30445"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30445"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}