{"id":30448,"date":"2022-08-28T11:00:19","date_gmt":"2022-08-28T11:00:19","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-sustentabilidade-piar-basico-para-o-futuro-do-sector-turistico\/"},"modified":"2022-08-28T11:00:19","modified_gmt":"2022-08-28T10:00:19","slug":"a-sustentabilidade-piar-basico-para-o-futuro-do-sector-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-sustentabilidade-piar-basico-para-o-futuro-do-sector-turistico\/","title":{"rendered":"A sustentabilidade, piar b\u00e1sico para o futuro do sector tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Cl\u00faster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>As empresas que se adhiran ao Club antes do 30 de setembro poder\u00e1n optar a unha li\u00f1a de axudas para a creaci\u00f3n novos produtos tur\u00edsticos.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ol>\n<li><em>adx.\u00a0Que\u00a0se\u00a0pode\u00a0soster.\u00a0<\/em><\/li>\n<li><em>adx.\u00a0Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, as\u00ed como velar polo futuro.<\/em><\/li>\n<\/ol>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As\u00ed define a <a href=\"https:\/\/academia.gal\/inicio\">Real Academia Galega<\/a> a palabra sostible, unha idea que a trav\u00e9s do concepto de sustentabilidade est\u00e1 cada vez m\u00e1is presente en todos os \u00e1mbitos da nosa sociedade. Tam\u00e9n, por suposto, no mundo do turismo. A <a href=\"https:\/\/www.unwto.org\/es\">Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo<\/a> converteuno nun dos eixos sobre os que debe virar a recuperaci\u00f3n do sector unha vez superada a crise da pandemia da covid asumindo os <a href=\"https:\/\/www.un.org\/sustainabledevelopment\/es\/objetivos-de-desarrollo-sostenible\/\">Obxectivos de Desenvolvemento Sostible<\/a> postulados na Axenda 2030 pola ONU no 2015.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Po\u00f1er fin \u00e1 pobreza no mundo, erradicar a fame; garantir unha vida sa e promover o benestar; conseguir\u00a0unha educaci\u00f3n inclusiva, equitativa e de calidade; conquistar a igualdade entre os x\u00e9neros e empoderar a todas as mulleres e as nenas; asegurar a dispo\u00f1ibilidade de auga e a s\u00faa xesti\u00f3n sostible e o saneamento para todos; lograr o acceso a unha enerx\u00eda alcanzable, segura, sostible e moderna; promover o crecemento econ\u00f3mico inclusivo e sostible, o emprego e o traballo decente para todos; constru\u00edr infraestruturas resilientes, promover a industrializaci\u00f3n sostible e fomentar a innovaci\u00f3n; reducir a desigualdade en e entre os pa\u00edses; lograr que as cidades sexan m\u00e1is inclusivas, seguras, resilientes e sostibles; garantir modalidades de consumo e produci\u00f3n sostibles; adoptar medidas urxentes para combater o cambio clim\u00e1tico e os seus efectos; conservar e utilizar sostiblemente os oc\u00e9anos, os mares e os recursos mari\u00f1os; xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertificaci\u00f3n, deter e investir a degradaci\u00f3n das terras, deter a perda de biodiversidade; promover sociedades xustas, pac\u00edficas e inclusivas, e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Estes son os 17 postulados dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e moitos deles poden ser de aplicaci\u00f3n directa no \u00e1mbito tur\u00edstico, tal como defende o Cl\u00faster Turismo de Galicia a trav\u00e9s do <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a>que puxo en marcha co apoio financeiro da <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/portada\">Xunta de Galicia<\/a>. As\u00ed, o impulso do desenvolvemento local respectando as tradici\u00f3ns e as formas de vida dos habitantes do lugar, a protecci\u00f3n da biodiversidade, loitar contra o cambio clim\u00e1tico e minimizar o impacto da actividade tur\u00edstica, e garantir a inclusi\u00f3n, a transparencia e a competitividade na forma de traballar das empresas do sector son alg\u00fans dos compromisos fundacionais desta iniciativa que en poucas semanas de vida e a pesar de botar a andar en plena campa\u00f1a estival logrou atraer xa a unha vintena de empresas e volver\u00e1 crecer con novos membros en datas pr\u00f3ximas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais do aval do compromiso coa sustentabilidade que sup\u00f3n pertencer ao Club, os participantes gozar\u00e1n de vantaxes relativas \u00e1 promoci\u00f3n e a formaci\u00f3n. As\u00ed mesmo, quen se adhira antes do 30 de setembro poder\u00e1n optar a unha li\u00f1a de axudas para a creaci\u00f3n de novos produtos tur\u00edsticos sostibles. As petici\u00f3ns, que ser\u00e1n atendidas por rigorosa orde de solicitude e articularanse a trav\u00e9s de patrocinios, repartir\u00e1n 135.000 euros entre as axencias de viaxes almacenistas, 112.000 euros entre as axencias de viaxes retallistas, e 65.000 entre aloxamentos, restaurantes e provedores de oferta tur\u00edstica complementaria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Toda a informaci\u00f3n e o formulario de adhesi\u00f3n est\u00e1n dispo\u00f1ibles en <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/adhiere-tu-empresa\">https:\/\/galiciadestinosostible.com\/adhiere-tu-empresa<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Cl\u00faster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. \u00a0 As empresas que se adhiran ao Club antes do 30 de setembro poder\u00e1n optar a unha li\u00f1a de axudas para a creaci\u00f3n novos produtos tur\u00edsticos. &nbsp; adx.\u00a0Que\u00a0se\u00a0pode\u00a0soster.\u00a0 adx.\u00a0Que &#8230; <a title=\"A sustentabilidade, piar b\u00e1sico para o futuro do sector tur\u00edstico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-sustentabilidade-piar-basico-para-o-futuro-do-sector-turistico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A sustentabilidade, piar b\u00e1sico para o futuro do sector tur\u00edstico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-30448","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30448","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30448"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30448\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30448"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30448"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30448"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}