{"id":30454,"date":"2022-09-02T16:01:48","date_gmt":"2022-09-02T16:01:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-galego-cumpre-as-expectativas-previstas-e-pecha-o-mes-de-agosto-con-niveis-de-ocupacion-do-90-e-superiores\/"},"modified":"2022-09-02T16:01:48","modified_gmt":"2022-09-02T15:01:48","slug":"o-sector-turistico-galego-cumpre-as-expectativas-previstas-e-pecha-o-mes-de-agosto-con-niveis-de-ocupacion-do-90-e-superiores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-cumpre-as-expectativas-previstas-e-pecha-o-mes-de-agosto-con-niveis-de-ocupacion-do-90-e-superiores\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico galego cumpre as expectativas previstas e pecha o mes de agosto con niveis de ocupaci\u00f3n do 90 % e superiores"},"content":{"rendered":"<p><strong>En xullo as porcentaxes situ\u00e1ronse entre o 70 e o 80 %, rozando a plena ocupaci\u00f3n nas pontes do 25 de xullo e do 15 de agosto nalgunhas zonas.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>O balance de ver\u00e1n foi moi positivo tam\u00e9n en termos de facturaci\u00f3n, con cifras hist\u00f3ricas que permiten recuperar e, incluso superar, niveis de 2019.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Neste ver\u00e1n primaron as reservas de \u00faltima hora e unha reduci\u00f3n das estad\u00edas medias pero cun gran nivel de rotaci\u00f3n, que permitiu acadar bos niveis de ocupaci\u00f3n e facturaci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O mes de agosto acadou o maior nivel de ocupaci\u00f3n dos establecementos tur\u00edsticos galegos cunhas porcentaxes medias do 90 % e superiores. En xu\u00f1o estas porcentaxes situ\u00e1ronse entre un 70 % e un 80 %, cumprindo as expectativas previstas ao principio da \u00e9poca estival. Son datos do estudo elaborado polo Cl\u00faster Turismo de Galicia a partir dunha consulta entre os seus asociados.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O documento recolle un balance moi positivo para o sector tam\u00e9n en termos de facturaci\u00f3n, con cifras hist\u00f3ricas que permiten recuperar e, incluso superar, os niveis de 2019. En termos xerais, medrou a facturaci\u00f3n grazas ao incremento das tarifas pero este aumento non se trasladou de forma proporcional \u00e1 rendibilidade, dadas as considerables subidas dos custos enerx\u00e9ticos e dos subministros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Respecto ao comportamento dos viaxeiros, c\u00f3mpre destacar que primaron as reservas de \u00faltima hora e unha reduci\u00f3n das estad\u00edas medias pero cun gran nivel de rotaci\u00f3n que permitiu acadar bos niveis de ocupaci\u00f3n e facturaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Respecto \u00e1 nacionalidade, mant\u00edvose a predominancia do turismo nacional a\u00ednda que comeza a repuntar a recuperaci\u00f3n do mercado internacional, destacando a afluencia de turistas portugueses e franceses.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por zonas, a provincia de Pontevedra cumpriu as expectativas, con \u00edndices de ocupaci\u00f3n e tarifas medias superiores \u00e1s de 2019. En xullo a ocupaci\u00f3n roldou o 80 % e a de agosto o 90 %, contando ademais con boas perspectivas para o mes de setembro, cunha previsi\u00f3n do 70 %.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Sanxenxo acadou uns n\u00fameros hist\u00f3ricos, superiores aos de 2019. En xullo a ocupaci\u00f3n hoteleira oscilou entre o 75 e o 80 %, chegando ao 83 % no caso dos apartamentos. En agosto os superouse o 90 % na pr\u00e1ctica totalidade das diferentes tipolox\u00edas de establecemento, destacando os hoteis de 3 e 4 estrelas, que chegaron ao 93 %.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se cumpriron as previsi\u00f3ns na cidade da Coru\u00f1a, cuxos hoteis rexistraron ocupaci\u00f3ns de entre o 85 e o 90 % e a facturaci\u00f3n \u00a0medrou un 15 % respecto 2019. En Santiago de Compostela a ocupaci\u00f3n media moveuse na contorna do 75 %, se ben os establecementos da capital galega rexistraron cheos en momentos puntais como as Festas do Ap\u00f3stolo ou os concertos do festival O Son do Cami\u00f1o. O sector \u00e9 optimista cara os meses de outono grazas ao Xacobeo e \u00e1 nutrida axenda de congresos para o que resta de ano.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, a Costa da Morte rexistrou altas ocupaci\u00f3ns en agosto (85-90 %), tras un mes de xullo m\u00e1is modesto. En todo caso, super\u00e1ronse os datos de 2019 e 2021 e as perspectivas para setembro son boas, grazas \u00e1 previsi\u00f3n de chegada de peregrinos e peregrinas internacionais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na cidade de Ferrol existe satisfacci\u00f3n polos resultados do ver\u00e1n, con ocupaci\u00f3ns estables na contorna do 75-80 %, que se elevaron ao 95 % nos primeiros d\u00edas de agosto e que acadaron o 100 % nas pontes do 25 de xullo e o 15 de agosto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na provincia de Lugo tam\u00e9n se cumpriron as expectativas, con porcentaxes que oscilaron entre o 70 e o 80 % en xullo e entre o 80 e o 90 % en agosto. Foi especialmente positiva a primeira quincena de agosto, con ocupaci\u00f3ns superiores ao 95 % na Mari\u00f1a e na Ribeira Sacra na ponte do 15 de agosto. Esta \u00faltima zona roldou en agosto unha ocupaci\u00f3n do 90 %, a 4 puntos do hist\u00f3rico mes de agosto de 2019.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na provincia de Ourense, a ocupaci\u00f3n media estivo na contorna do 80 % este ver\u00e1n, cun comportamento especialmente bo entre o 15 de xullo e o 15 de agosto. Destacan as estad\u00edas curtas, especialmente de turistas que ve\u00f1en co\u00f1ecer Galicia e fan unha primeira parada na provincia ourens\u00e1. Por \u00faltimo, o eido do turismo rural tam\u00e9n reflectiu un bo ver\u00e1n acadando incluso niveis pr\u00f3ximos ao 90 %. No interior resent\u00edronse as zonas m\u00e1is afectadas polos lumes, que rexistraron cancelaci\u00f3ns. Se ben existe certa incerteza respecto aos vindeiros meses, o sector ten en marcha iniciativas como o Outono Gastron\u00f3mico, que pretenden incentivar o consumo no que resta de ano.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En xullo as porcentaxes situ\u00e1ronse entre o 70 e o 80 %, rozando a plena ocupaci\u00f3n nas pontes do 25 de xullo e do 15 de agosto nalgunhas zonas. \u00a0 O balance de ver\u00e1n foi moi positivo tam\u00e9n en termos de facturaci\u00f3n, con cifras hist\u00f3ricas que permiten recuperar e, incluso superar, niveis de 2019. \u00a0 &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico galego cumpre as expectativas previstas e pecha o mes de agosto con niveis de ocupaci\u00f3n do 90 % e superiores\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-cumpre-as-expectativas-previstas-e-pecha-o-mes-de-agosto-con-niveis-de-ocupacion-do-90-e-superiores\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico galego cumpre as expectativas previstas e pecha o mes de agosto con niveis de ocupaci\u00f3n do 90 % e superiores\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30454","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30454","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30454"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30454\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30454"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30454"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30454"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}