{"id":30505,"date":"2022-09-27T10:00:32","date_gmt":"2022-09-27T10:00:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-celebra-o-dia-mundial-do-turismo-reafirmando-a-aposta-pola-calidade-a-sustentabilidade-e-a-transformacion-dixital\/"},"modified":"2022-09-27T10:00:32","modified_gmt":"2022-09-27T09:00:32","slug":"o-cluster-celebra-o-dia-mundial-do-turismo-reafirmando-a-aposta-pola-calidade-a-sustentabilidade-e-a-transformacion-dixital","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-celebra-o-dia-mundial-do-turismo-reafirmando-a-aposta-pola-calidade-a-sustentabilidade-e-a-transformacion-dixital\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster celebra o D\u00eda Mundial do Turismo reafirmando a aposta pola calidade, a sustentabilidade e a transformaci\u00f3n dixital"},"content":{"rendered":"<p><strong>A entidade fai p\u00fablico un comunicado con motivo da efem\u00e9ride impulsada pola Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O 27 de setembro \u00e9 unha xornada marcada en vermello no calendario do sector tur\u00edstico. Foi ese d\u00eda, do ano 1970, cando foron aprobados os estatutos da <a href=\"https:\/\/www.unwto.org\/es\">Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo<\/a>, e \u00e9 por iso que o 27 de setembro \u00e9 a data na que se celebra desde o 1980 o D\u00eda Mundial do Turismo. Nesta ocasi\u00f3n, os actos promovidos pola OMT te\u00f1en como lema \u201cRepensar o turismo\u201d para facer fronte aos desaf\u00edos que afronta o sector nestes tempos de postpandemia e novas esixencias en materia de desenvolvemento e sustentabilidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desde o Cl\u00faster Turismo de Galicia tam\u00e9n se conmemora esta celebraci\u00f3n cun comunicado de agradecemento a todos os actores do sector tur\u00edstico polo traballo que est\u00e1n a desenvolver e de reflexi\u00f3n sobre os pasos para seguir para asegurar un futuro de desenvolvemento e sustentabilidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"padding-left: 40px;\"><em>\u201cDetr\u00e1s do turismo de calidade est\u00e1 o esforzo, o traballo e o empe\u00f1o de todos os empresarios e profesionais que integran o sector tur\u00edstico galego para ofrecer as mellores experiencias a todos os que nos visitan. Non \u00e9 casual que Galicia ocupe o segundo posto na clasificaci\u00f3n estatal con m\u00e1is certificados Q de calidade; non \u00e9 casual que a nosa comunidade se te\u00f1a convertido nun dos principais destinos no primeiro ver\u00e1n da pandemia e que este \u00faltimo ano cumprise as expectativas previstas como o ano da recuperaci\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p><em>\u00a0<\/em><\/p>\n<p style=\"padding-left: 40px;\"><em>Neste D\u00eda Mundial do Turismo e despois dos complicados anos vividos e as incertezas xeopol\u00edticas e econ\u00f3micas que ameazan o futuro inmediato da econom\u00eda, desde o Cl\u00faster Turismo de Galicia queremos aproveitar esta efem\u00e9ride para reco\u00f1ecer o esforzo das empresas e as persoas que integran un sector capital para Galicia por reforzar a calidade dos seus servizos e o seu empe\u00f1o en superarse cada d\u00eda.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"padding-left: 40px;\"><em>A aposta pola calidade, a sustentabilidade e a transformaci\u00f3n dixital son os piares da folla de ruta na que traballamos conxuntamente coa Administraci\u00f3n auton\u00f3mica para que o sector, que xa sup\u00f3n preto do 11 % do PIB galego e emprega a m\u00e1is de 70.000 traballadores, creza e se adapte \u00e1 demanda dos novos perf\u00eds de turista. Nesta li\u00f1a encaixa o recentemente creado <\/em><a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\"><em>Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/em><\/a><em> que, en menos de dous meses, tivo unha gran resposta do sector coa adhesi\u00f3n de m\u00e1is dunha trintena de establecementos entre axencias de viaxes, restauraci\u00f3n, aloxamento e oferta tur\u00edstica complementaria. Unha iniciativa na que as empresas asumen o firme compromiso con Galicia no seu sentido m\u00e1is amplo: compromiso coa natureza, co medio ambiente e coa biodiversidade da rexi\u00f3n, coas enerx\u00edas renovables, a econom\u00eda circular, a conservaci\u00f3n da nosa cultural e a promoci\u00f3n do noso comercio local. Este \u00e9 o sector tur\u00edstico que queremos e que Galicia merece\u201d.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A entidade fai p\u00fablico un comunicado con motivo da efem\u00e9ride impulsada pola Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo. &nbsp; O 27 de setembro \u00e9 unha xornada marcada en vermello no calendario do sector tur\u00edstico. Foi ese d\u00eda, do ano 1970, cando foron aprobados os estatutos da Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo, e \u00e9 por iso que o 27 &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster celebra o D\u00eda Mundial do Turismo reafirmando a aposta pola calidade, a sustentabilidade e a transformaci\u00f3n dixital\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-celebra-o-dia-mundial-do-turismo-reafirmando-a-aposta-pola-calidade-a-sustentabilidade-e-a-transformacion-dixital\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster celebra o D\u00eda Mundial do Turismo reafirmando a aposta pola calidade, a sustentabilidade e a transformaci\u00f3n dixital\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30505","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30505","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30505"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30505\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30505"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30505"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30505"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}