{"id":30601,"date":"2022-11-16T11:00:11","date_gmt":"2022-11-16T11:00:11","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/cesareo-pardal-pon-en-valor-a-calidade-e-a-sustentabilidade-do-turismo-rural-galego\/"},"modified":"2022-11-16T11:00:11","modified_gmt":"2022-11-16T10:00:11","slug":"cesareo-pardal-pon-en-valor-a-calidade-e-a-sustentabilidade-do-turismo-rural-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cesareo-pardal-pon-en-valor-a-calidade-e-a-sustentabilidade-do-turismo-rural-galego\/","title":{"rendered":"Ces\u00e1reo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego"},"content":{"rendered":"<p><strong>O presidente do Cl\u00faster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>A directora de Turismo de Galicia explicou na inauguraci\u00f3n da sesi\u00f3n que no primeiros oito meses deste ano o turismo rural aumentou o n\u00famero de viaxeiros nun 49 % e as noites pasadas nun 29 %. <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A situaci\u00f3n do turismo rural e os seus retos e perspectivas de futuro centraron o foro celebrado o m\u00e9rcores 16 na <a href=\"http:\/\/fcetou.uvigo.es\/es\/\">Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo<\/a> do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e no que o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia tivo un papel destacado. Ces\u00e1reo Pardal foi un dos encargados de intervir no acto inaugural xunto coa directora da <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Axencia Turismo de Galicia<\/a>, Nava Castro; a decana de Ciencias Empresariais e Turismo, M\u00aa Montserrat Cruz; a xerente do <a href=\"http:\/\/inorde.com\/gl\/\">Inorde<\/a>, Emma Gonz\u00e1lez; e o coordinador do foro e do <a href=\"http:\/\/www.masterturismoourense.es\/\">M\u00e1ster Universitario en Direcci\u00f3n e Planificaci\u00f3n do Turismo Interior e de Sa\u00fade<\/a>, Jose Antonio Fraiz Brea.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, unha vez que o codirector do <a href=\"https:\/\/www.escapadarural.com\/blog\/otr\/\">Observatorio do Turismo Rural en Espa\u00f1a<\/a>, Enric L\u00f3pez, presentou os datos que o organismo xuntou deste sector en Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, participou nunha mesa redonda co propio L\u00f3pez, o investigador do <a href=\"https:\/\/www.usc.gal\/es\/departamento\/economia-aplicada\">Departamento de Econom\u00eda Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela<\/a> Fidel Mart\u00ednez, e o presidente da <a href=\"https:\/\/www.fegatur.org\/\">Federaci\u00f3n Galega de Turismo Rural (Fegatur),<\/a> Francisco Almu\u00ed\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster aproveitou a s\u00faa participaci\u00f3n neste Foro de Turismo Rural para reivindicar a importancia do turismo rural galego como referente de sustentabilidade e calidade. Ces\u00e1reo Pardal lembrou que \u201cdos 31 aloxamentos rurais que te\u00f1en o distintivo Q de Calidade Tur\u00edstica en Espa\u00f1a, o 61 % est\u00e1n na nosa comunidade\u201d e destacou tam\u00e9n como esta opci\u00f3n tur\u00edstica desempe\u00f1ou durante a pandemia e segue a desempe\u00f1ar agora un importante papel como alternativa para os que buscan gozar de espazos naturais e lugares non masificados e do valor engadido que lles ofrece o turismo rural.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se referiu aos retos e as estratexias que debe afrontar o sector para consolidar a s\u00faa tendencia \u00e1 alza: a aposta pola sustentabilidade e a conservaci\u00f3n da contorna e o patrimonio, a procura de f\u00f3rmulas que permitan superar a estacionalidade e atraer clientes f\u00f3ra da tempada alta, o avance na dixitalizaci\u00f3n das canles de venda e promoci\u00f3n dos seus produtos, a internacionalizaci\u00f3n a trav\u00e9s de alianzas con outros actores para atraer clientes doutros pa\u00edses, e a especializaci\u00f3n dos aloxamentos con experiencias \u00fanicas que lles permitan diferenciarse. Respecto diso, apuntou que estes aspectos xa aparecen recollidos no Plan Director 2021-23 elaborado desde o Cl\u00faster en colaboraci\u00f3n coa Administraci\u00f3n galega e en iniciativas como o <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a>, que comezou a s\u00faa andaina este ver\u00e1n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a directora da Axencia Turismo de Galicia fixo fincap\u00e9 nos bos resultados que colleitou o turismo rural galego no primeiros oito meses desta ano ao alcanzar os 147.000 viaxeiros aloxados e sumar 287.000 noites pasadas, o que sup\u00f3n un incremento do 49 % e o 29 %, respectivamente, con respecto \u00e1s cifras do 2021. Nava Castro destacou tam\u00e9n o gran potencial deste sector para estimular o crecemento da econom\u00eda local, ao complementarse con outras actividades, e a s\u00faa capacidade para promover que a actividade tur\u00edstica se estenda por todo o territorio e m\u00e1is al\u00f3 dos per\u00edodos de maior demanda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente do Cl\u00faster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense. \u00a0 A directora de Turismo de Galicia explicou na inauguraci\u00f3n da sesi\u00f3n que no primeiros oito meses deste ano o turismo rural aumentou o n\u00famero de viaxeiros nun 49 % e as noites pasadas nun &#8230; <a title=\"Ces\u00e1reo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cesareo-pardal-pon-en-valor-a-calidade-e-a-sustentabilidade-do-turismo-rural-galego\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Ces\u00e1reo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-30601","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30601","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30601"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30601\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30601"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30601"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30601"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}