{"id":30622,"date":"2022-11-27T12:45:37","date_gmt":"2022-11-27T12:45:37","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/cesareo-pardal-reivindicou-en-sportur-e-o-foro-empuxe-a-importancia-da-sustentabilidade\/"},"modified":"2022-11-27T12:45:37","modified_gmt":"2022-11-27T11:45:37","slug":"cesareo-pardal-reivindicou-en-sportur-e-o-foro-empuxe-a-importancia-da-sustentabilidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cesareo-pardal-reivindicou-en-sportur-e-o-foro-empuxe-a-importancia-da-sustentabilidade\/","title":{"rendered":"Ces\u00e1reo Pardal reivindicou en Sportur e o Foro Empuxe a importancia da sustentabilidade"},"content":{"rendered":"<p><strong>O presidente do Cl\u00faster participou en Ourense nunha mesa redonda sobre a sustentabilidade nos Cami\u00f1os de Santiago e debateu en Noia sobre turismo e territorio.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O turismo xoga un papel clave no desenvolvemento do territorio, tal como se puxo de manifesto en d\u00edas pasados en dous foros celebrados noutros tantos puntos de Galicia e nos que o Cl\u00faster Turismo de Galicia estivo presente para dar voz unha vez m\u00e1is ao sector e expresar as s\u00faas preocupaci\u00f3ns e aspiraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En <strong>Ourense<\/strong> celebrouse a quinta edici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/sporturgalicia.com\/\">Sportur Galicia, o Sal\u00f3n do Deporte e Turismo Activo<\/a>, e dentro das actividades previstas tivo lugar tam\u00e9n o terceiro <strong>Congreso Internacional de Turismo Deportivo<\/strong>, que reuniu a un nutrido grupo de expertos para falar sobre cuesti\u00f3ns tan diversas como o turismo deportivo en espazos protexidos, as oportunidades que ofrece para o sector os fondos Next Generation, as perspectivas do turismo de golf en Galicia e as implicaci\u00f3ns legais e normativas do turismo activo. Tam\u00e9n houbo tempo para debater sobre a sustentabilidade nos Cami\u00f1os de Santiago a trav\u00e9s dunha mesa redonda na que participaron Ildefonso de la Campa, responsable da <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/espazo-institucional\/xacobeo?langId=es_ES\">SA de Xesti\u00f3n do Xacobeo<\/a>; Bego\u00f1a Abalo, Product Planner da axencia especializada no Cami\u00f1o <a href=\"https:\/\/www.tee-travel.com\/?gclid=Cj0KCQiAsoycBhC6ARIsAPPbeLtLWNWSWU0sUKDbs4FqUDiNdcPgZvkj90ETBEbT24dVd9h4O11LTWUaAqoQEALw_wcB\">Tee Travel<\/a>, e o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Ces\u00e1reo Pardal avogou por conciliar o aproveitamento do Cami\u00f1o de Santiago como recurso tur\u00edstico, cultural, hist\u00f3rico e econ\u00f3mico de primeira orde coa preservaci\u00f3n do medio ambiente e o patrimonio. Ademais sinalou a importancia que a colaboraci\u00f3n de todos os actores implicados (sector p\u00fablico e privado, e a sociedade no seu conxunto) ten para lograr este obxectivo de sustentabilidade. \u201cDesde o sector tur\u00edstico galego non o perdemos de vista e por iso vimos traballando desde hai anos a favor dun turismo sostible que nos permita gozar da nosa riqueza natural, patrimonial, cultura, gastron\u00f3mica e tradicional. S\u00f3 as\u00ed garantiremos \u00e1s xeraci\u00f3ns vindeiras seguir facendo un bo Cami\u00f1o\u201d, apuntou Ces\u00e1reo Pardal para indicar que nesa li\u00f1a enm\u00e1rcase, precisamente, unha das \u00faltimas iniciativas postas en marcha polo Cl\u00faster: o <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A sustentabilidade ocupou tam\u00e9n boa parte da intervenci\u00f3n que o presidente do Cl\u00faster realizou un d\u00eda despois en <strong>Noia<\/strong>no <strong>Foro Empuxe<\/strong> organizado pola <a href=\"https:\/\/www.deloa.es\/es\/\">Asociaci\u00f3n Deloa<\/a> para dese\u00f1ar e planificar a estratexia de desenvolvemento para o per\u00edodo 2023-2027 nos seus territorios de acci\u00f3n (municipios de Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padr\u00f3n, A Pobra do Carami\u00f1al, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois). Neste caso, Ces\u00e1reo Pardal compartiu tempo para a reflexi\u00f3n ao redor da cuesti\u00f3n do turismo e o territorio con Eva Castro, directora de proxectos e operaci\u00f3ns de <a href=\"https:\/\/alinea-ods.com\/\">Alinea ODS<\/a> e vicepresidenta da <a href=\"https:\/\/promotoresods-es.org\/\">Rede Internacional de Promotores dos ODS Espa\u00f1a<\/a>; Ovidio Queiruga, presidente da <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/comunida.barona.7\/\">Comunidade de Montes de Baro\u00f1a<\/a>, e Carlos Rodr\u00edguez, axente de emprego e desenvolvemento local do <a href=\"https:\/\/www.outes.gal\/\">Concello de Outes<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal reivindicou o potencial dos municipios do territorio Deloa para dar resposta aos turistas que demandan espazos naturais e lugares non masificados, con historia, tradici\u00f3n e cultura, e que ofrezan a posibilidade de gozar de experiencias singulares. Ademais, destacou que a sustentabilidade \u00e9 unha das grandes apostas do Cl\u00faster, tal como o demostra a posta en marcha de Galicia Destino Sostible.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente do Cl\u00faster participou en Ourense nunha mesa redonda sobre a sustentabilidade nos Cami\u00f1os de Santiago e debateu en Noia sobre turismo e territorio. &nbsp; O turismo xoga un papel clave no desenvolvemento do territorio, tal como se puxo de manifesto en d\u00edas pasados en dous foros celebrados noutros tantos puntos de Galicia e &#8230; <a title=\"Ces\u00e1reo Pardal reivindicou en Sportur e o Foro Empuxe a importancia da sustentabilidade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/cesareo-pardal-reivindicou-en-sportur-e-o-foro-empuxe-a-importancia-da-sustentabilidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Ces\u00e1reo Pardal reivindicou en Sportur e o Foro Empuxe a importancia da sustentabilidade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30622","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30622","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30622"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30622\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30622"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30622"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30622"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}