{"id":30673,"date":"2022-12-21T11:00:22","date_gmt":"2022-12-21T11:00:22","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/exitoso-intercambio-de-experiencias-na-xornada-sobre-boas-practicas-en-xestion-turistica\/"},"modified":"2022-12-21T11:00:22","modified_gmt":"2022-12-21T10:00:22","slug":"exitoso-intercambio-de-experiencias-na-xornada-sobre-boas-practicas-en-xestion-turistica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/exitoso-intercambio-de-experiencias-na-xornada-sobre-boas-practicas-en-xestion-turistica\/","title":{"rendered":"Exitoso intercambio de experiencias na xornada sobre \u201cBoas pr\u00e1cticas en xesti\u00f3n tur\u00edstica\u201d"},"content":{"rendered":"<p><strong>Decenas de profesionais participaron en Vilagarc\u00eda neste foro, que foi inaugurado polo concelleiro \u00c1lvaro Carou, o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, e a presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Tras a intervenci\u00f3n de destacados expertos para falar de iniciativas nos \u00e1mbitos p\u00fablico e privado, a xornada foi clausurada pola deputada provincial Ana Mar\u00eda Mej\u00edas, o vicepresidente do Cl\u00faster, Jes\u00fas Picallo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Decenas de profesionais relacionados co mundo do turismo d\u00e9ronse cita o pasado martes en Vilagarc\u00eda de Arousa para asistir \u00e1 xornada sobre \u201cBoas pr\u00e1cticas en xesti\u00f3n tur\u00edstica\u201d organizada polo Cl\u00faster coa colaboraci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.depo.gal\/es\/\">Deputaci\u00f3n de Pontevedra<\/a> e a <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Axencia Turismo de Galicia<\/a>. Ao longo de toda a ma\u00f1\u00e1, polo auditorio municipal de Vilagarc\u00eda de Arousa foron pasando expertos, tanto do sector p\u00fablico e privado, para explicar as s\u00faas experiencias e intercambiar impresi\u00f3ns sobre cuesti\u00f3ns como as boas pr\u00e1cticas en destino, a importancia do Big Data na xesti\u00f3n hostaleira, o dese\u00f1o de experiencias tur\u00edsticas ou as boas pr\u00e1cticas empresariais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva; o <a href=\"http:\/\/www.vilagarcia.es\/\">concelleiro de Turismo de Vilagarc\u00eda<\/a>, \u00c1lvaro Carou Garc\u00eda, e o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, inauguraron esta xornada que reuniu a expertos como Emilio Torres, representante do proxecto <a href=\"https:\/\/www.viasverdes.com\/itinerarios\/itinerario.asp?id=67\">V\u00eda Verde do Aceite<\/a>; Paulo Queiroz, socio-xerente da consultora portuguesa <a href=\"https:\/\/jpqconsultores.weebly.com\/\">JPQ Consultores<\/a>; Jaime de la Calzada, director de vendas de <a href=\"https:\/\/www.amadeus-hospitality.com\/\">Amadeus Hospitality<\/a>; o experto e consultor V\u00edctor Sixto; Mar\u00eda Troncoso, de <a href=\"https:\/\/hosteleriaporelclima.es\/\">#hosteleriaporelclima<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.cocacolaep.com\/es\/\">Coca-Cola Europacific Partners<\/a>; Rafael Gonz\u00e1lez, socio-director de <a href=\"https:\/\/viventialvalue.com\/\">Vivential Value<\/a>, e Roberto Fraga, CEO de <a href=\"https:\/\/www.pilgrim.es\/\">Pilgrim<\/a>, ademais das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias (Turismo e Xuventude) e Ana Mar\u00eda Mej\u00edas (Novas Tecnolox\u00edas e Desenvolvemento Empresarial), que exerceron de moderadoras de d\u00faas das mesas redondas celebradas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n inaugural, Ces\u00e1reo Pardal falou da importancia da mellora da competitividade do sector e explicou que esta vai ligada necesariamente \u201c\u00e1 dixitalizaci\u00f3n e a sustentabilidade, d\u00faas ferramentas clave para facer fronte tanto aos novos desaf\u00edos derivados do cambio clim\u00e1tico ou a demanda dun novo perfil de turista; como a outros m\u00e1is tradicionais do sector como a estacionalidade, a masificaci\u00f3n, a seguridade ou a mobilidade\u201d. Ademais, destacou a aposta do Cl\u00faster por un \u201cmodelo tur\u00edstico respectuoso co medio ambiente, as culturas e as sociedades\u201d e sinalou como exemplo disto, a posta en marcha do <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a>, que conta xa con 70 empresas adheridas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A importancia da sustentabilidade, a dixitalizaci\u00f3n e a calidade como sinais de identidade do noso sector tur\u00edstico foi tam\u00e9n una das cuesti\u00f3ns abordadas no peche da xornada polo vicepresidente do Cl\u00faster, Jes\u00fas Picallo. \u201cNeste cami\u00f1o imos da man coas administraci\u00f3ns p\u00fablicas, como na elaboraci\u00f3n en colaboraci\u00f3n coa Axencia de Turismo do Plan Director de Destino Seguro 2021-2023, que se desenvolve ao redor destes piares\u201d, explicou Jes\u00fas Picallo, encargado de po\u00f1er o punto final xunto coa deputada provincial Ana Mar\u00eda Mej\u00edas, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Os tres destacaron, as\u00ed mesmo, a importancia da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada para asegurar o desenvolvemento do sector.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Decenas de profesionais participaron en Vilagarc\u00eda neste foro, que foi inaugurado polo concelleiro \u00c1lvaro Carou, o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, e a presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva. \u00a0 Tras a intervenci\u00f3n de destacados expertos para falar de iniciativas nos \u00e1mbitos p\u00fablico e privado, a xornada foi clausurada pola deputada provincial Ana Mar\u00eda &#8230; <a title=\"Exitoso intercambio de experiencias na xornada sobre \u201cBoas pr\u00e1cticas en xesti\u00f3n tur\u00edstica\u201d\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/exitoso-intercambio-de-experiencias-na-xornada-sobre-boas-practicas-en-xestion-turistica\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Exitoso intercambio de experiencias na xornada sobre \u201cBoas pr\u00e1cticas en xesti\u00f3n tur\u00edstica\u201d\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-30673","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30673","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30673"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30673\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30673"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30673"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30673"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}