{"id":30718,"date":"2023-01-14T11:07:04","date_gmt":"2023-01-14T11:07:04","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-turismo-de-galicia-celebrara-en-fitur-os-seus-10-anos-de-vida-reafirmando-a-sua-aposta-pola-sustentabilidade\/"},"modified":"2023-01-14T11:07:04","modified_gmt":"2023-01-14T10:07:04","slug":"o-cluster-turismo-de-galicia-celebrara-en-fitur-os-seus-10-anos-de-vida-reafirmando-a-sua-aposta-pola-sustentabilidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-celebrara-en-fitur-os-seus-10-anos-de-vida-reafirmando-a-sua-aposta-pola-sustentabilidade\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster Turismo de Galicia celebrar\u00e1 en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a s\u00faa aposta pola sustentabilidade"},"content":{"rendered":"<p><strong>O aniversario da entidade e o Club de Produto Galicia Destino Sostible ser\u00e1n os eixos das d\u00faas presentaci\u00f3ns que realizar\u00e1 na feira internacional tur\u00edstica que se celebrar\u00e1 do 18 ao 22 de xaneiro en Madrid.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>O Cl\u00faster xestionar\u00e1 o espazo de negocios da caseta de Galicia, que foi presentado de forma oficial en Santiago de Compostela o venres 13.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia acudir\u00e1 un ano m\u00e1is \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.ifema.es\/fitur\/visitantes-b2b-b2c?gclid=CjwKCAiAwomeBhBWEiwAM43YIFbfnValv3iywmKjMR1xGV6Gz-UCO7JAqRODeDCCQEWtECeiUhbsTxoC9DYQAvD_BwE&amp;gclsrc=aw.ds\">Feira Internacional de Turismo, FITUR<\/a>, que se celebrar\u00e1 en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro, para dar voz e visibilidade ao sector tur\u00edstico galego. De novo, ser\u00e1 a entidade encargada de <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/el-cluster-gestionara-el-espacio-de-negocios-del-stand-de-galicia-en-fitur\/\">xestionar o espazo de negocios<\/a> do stand da <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/portada\">Xunta de Galicia<\/a> e a <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Axencia Turismo de Galicia<\/a>, e aproveitar\u00e1 ese stand para realizar d\u00faas presentaci\u00f3ns que nesta ocasi\u00f3n ter\u00e1n unha significaci\u00f3n especial. Fai dez anos que botou a andar o Cl\u00faster, as\u00ed que a conmemoraci\u00f3n dese d\u00e9cimo aniversario ser\u00e1 o eixo do acto previsto para o venres 20 (\u00e1s 13 horas) baixo o t\u00edtulo \u201cCl\u00faster Turismo de Galicia: Dez anos sumando esforzos para impulsar un sector estrat\u00e9xico\u201d. Ademais, dous d\u00edas antes, durante a xornada inaugural de FITUR, o m\u00e9rcores 18 (\u00e1s 11 horas), o Cl\u00faster realizar\u00e1 unha presentaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Club de Produto Galicia Destino Sostible<\/a>, posto en marcha fai apenas seis meses coa colaboraci\u00f3n da Xunta e do que xa forman parte 70 empresas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ao contido de ambas as presentaci\u00f3ns e \u00e1 importancia que sup\u00f3n esta edici\u00f3n de FITUR referiuse o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, este venres 13 durante o acto celebrado en Santiago de Compostela para realizar a presentaci\u00f3n do stand da Xunta, e no que tam\u00e9n tomaron parte a a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora do <a href=\"https:\/\/www.cshg.gal\/en\/inicio\">Centro Superior de Hostaler\u00eda de Galicia,<\/a> Marta Fern\u00e1ndez; a xerente de <a href=\"https:\/\/www.galiciacalidade.gal\/\">Galicia Calidade<\/a>, Ana M\u00e9ndez, a xefa do Departamento de Promoci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/experienciasdecalidade.gal\/es\">Axencia Galega da Calidade Alimentaria<\/a>, Mar\u00eda Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, e o presidente de <a href=\"https:\/\/ourivesdecompostela.gal\/?fbclid=IwAR2EdoqpnoNBE40xw7z9iO4pNxlnCjXNxkJ6nF2qCdq_Gnwsxt9nTOlAZLY\">Ourives de Compostela<\/a>, Antonio Ouro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cComo indica o lema desta nova edici\u00f3n de FITUR, \u2018Coidamos do mundo. Somos turismo`. Sen sustentabilidade non haber\u00e1 turismo e por iso \u00e9 un elemento esencial da estratexia tur\u00edstica de Galicia\u201d, explicou Ces\u00e1reo Pardal antes de detallar que \u201cGalicia, Destino Sostible ser\u00e1 protagonista das presentaci\u00f3ns do Cl\u00faster, que ademais, cumpre este ano unha d\u00e9cada representando ao sector, o que fai que esta edici\u00f3n de FITUR sexa a\u00ednda m\u00e1is especial para n\u00f3s e durante a que compartiremos, tam\u00e9n, esta traxectoria de dez anos de historia as\u00ed como as perspectivas de futuro\u201d. O presidente do Cl\u00faster tam\u00e9n agradeceu a colaboraci\u00f3n da Xunta. \u201cUn ano m\u00e1is o Cl\u00faster Turismo de Galicia, da man da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica, exerceremos de embaixadores da nosa terra, po\u00f1endo en valor a ampla variedade de experiencias e posibilidades que ofrece con m\u00e1is de medio centenar de presentaci\u00f3ns nesta 43 edici\u00f3n de FITUR. Ser\u00e1 unha mostra da nosa riqueza natural, patrimonial e cultural que coidamos e protexemos para que siga constitu\u00edndo unha oferta s\u00f3lida e atractiva\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou durante a presentaci\u00f3n do stand de Galica realizada en Compostela que a enogastronom\u00eda ser\u00e1 o eixo central dun espazo que este ano rexistrar\u00e1 un r\u00e9cord de presentaci\u00f3ns. o stand ocupar\u00e1 unha superficie de m\u00e1is de 1.000 metros cadrados no pavill\u00f3n 9 do IFEMA e acoller\u00e1 m\u00e1is de medio centenar de presentaci\u00f3ns de recursos, produtos e novidades por parte de concellos, deputaci\u00f3ns, xeodestinos e outras entidades galegas. Ademais, en sinton\u00eda coa idea da sustentabilidade que promove o Cl\u00faster, o espazo foi dese\u00f1ado seguindo \u201co modelo circular das 4 R, (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar), que forman parte das novas oportunidades que nos ofrece o turismo en Galicia\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O aniversario da entidade e o Club de Produto Galicia Destino Sostible ser\u00e1n os eixos das d\u00faas presentaci\u00f3ns que realizar\u00e1 na feira internacional tur\u00edstica que se celebrar\u00e1 do 18 ao 22 de xaneiro en Madrid. \u00a0 O Cl\u00faster xestionar\u00e1 o espazo de negocios da caseta de Galicia, que foi presentado de forma oficial en Santiago &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster Turismo de Galicia celebrar\u00e1 en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a s\u00faa aposta pola sustentabilidade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-turismo-de-galicia-celebrara-en-fitur-os-seus-10-anos-de-vida-reafirmando-a-sua-aposta-pola-sustentabilidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster Turismo de Galicia celebrar\u00e1 en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a s\u00faa aposta pola sustentabilidade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30718","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30718","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30718"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30718\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30718"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30718"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30718"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}