{"id":30730,"date":"2023-01-20T16:05:08","date_gmt":"2023-01-20T16:05:08","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-inicia-a-conmemoracion-do-seu-decimo-aniversario-en-fitur-agradecendo-o-apoio-do-sector-e-a-colaboracion-das-administracions\/"},"modified":"2023-01-20T16:05:08","modified_gmt":"2023-01-20T15:05:08","slug":"o-cluster-inicia-a-conmemoracion-do-seu-decimo-aniversario-en-fitur-agradecendo-o-apoio-do-sector-e-a-colaboracion-das-administracions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-inicia-a-conmemoracion-do-seu-decimo-aniversario-en-fitur-agradecendo-o-apoio-do-sector-e-a-colaboracion-das-administracions\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster inicia a conmemoraci\u00f3n do seu d\u00e9cimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboraci\u00f3n das administraci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><strong>O presidente da entidade, Ces\u00e1reo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estrat\u00e9xica do sector para a comunidade.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Mostrou a disposici\u00f3n da entidade para colaborar coa Administraci\u00f3n auton\u00f3mica na estratexia para os pr\u00f3ximos anos para consolidar a Galicia como un destino m\u00e1is internacional, m\u00e1is sostible, con maior calidade e m\u00e1is innovador.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>O presidente da Xunta valorou especialmente o traballo do Cl\u00faster e agradeceu a profesionalidade, colaboraci\u00f3n e o di\u00e1logo que sempre mantivo coa Administraci\u00f3n. <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Madrid, 20 de xaneiro de 2023.-<\/strong> O stand de Galicia en <a href=\"https:\/\/www.ifema.es\/fitur\/visitantes-b2b-b2c?gclid=Cj0KCQiAlKmeBhCkARIsAHy7WVvmlvW0HaeeKvxlC11GzqLmmIXS6E1PYYCY3KRJceFXAlMF8BaM4UsaAjIqEALw_wcB&amp;gclsrc=aw.ds\">FITUR<\/a> acolleu hoxe a presentaci\u00f3n do d\u00e9cimo aniversario do Cl\u00faster Turismo de Galicia. No evento, que contou coa participaci\u00f3n do presidente da <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/portada\">Xunta<\/a>, Alfonso Rueda, e a directora de <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/inicio\">Turismo de Galicia<\/a>, Nava Castro, intervi\u00f1eron tam\u00e9n o primeiro presidente da entidade, Francisco Gonz\u00e1lez; o actual presidente, Ces\u00e1reo Pardal, e o vicepresidente, Jes\u00fas Picallo. Estes tres \u00faltimos coincidiron en agradecer ao sector polo apoio e a confianza depositada no Cl\u00faster; a colaboraci\u00f3n das Administraci\u00f3ns na creaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n da entidade e o esforzo e compromiso de todas e cada unha das persoas que un momento ou outro integraron o equipo de traballo do Cl\u00faster.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal destacou que \u201co traballo destes 10 anos permitiu que a sociedade sexa consciente da importancia econ\u00f3mica do sector tur\u00edstico; un sector que favorece a transformaci\u00f3n da nosa sociedade, aliado das contornas nos que se desenvolve, contribu\u00edndo ao impulso da s\u00faa econom\u00eda e \u00e1 posta en valor do noso patrimonio e a nosa cultura.\u201d<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O presidente do Cl\u00faster lembrou como a pandemia \u201ctrastocou todos os plans\u201d e \u201cobrigou a buscar soluci\u00f3ns ao in\u00e9dito\u201d. Lamentou o duro golpe que a crise sanitaria supuxo para o sector, \u201clev\u00e1ndose por diante empresas e empregos\u201d pero tam\u00e9n quixo po\u00f1er en valor a resiliencia do sector grazas \u00e1 xesti\u00f3n individual dos empresarios e a sensibilidade das Administraci\u00f3ns para paliar as consecuencias da crise.\u201d<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tras pechar un 2022 cunhas cifras que superaron todas as expectativas, o recentemente reelixido presidente sinalou que \u201cagora toca mirar cara ao futuro e ver cara a onde queremos que vaia o noso turismo.\u201d Neste sentido mostrou a disposici\u00f3n do Cl\u00faster para colaborar coa Administraci\u00f3n auton\u00f3mica \u201cpara dese\u00f1ar a estratexia para os pr\u00f3ximos anos, que seguro que buscar\u00e1 consolidar a Galicia como un destino m\u00e1is internacional, m\u00e1is sostible, con maior calidade e m\u00e1is innovador.\u201d<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O primeiro presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Francisco Gonz\u00e1lez, incidiu no agradecemento a todos os que fixeron posible a creaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n da entidade e destacou que o traballo destes dez anos permitiu consolidar o Cl\u00faster como a voz do sector e avanzar a internacionalizaci\u00f3n, a colaboraci\u00f3n p\u00fablico privada e o apoio ao incremento da competitividade. Hoxe integran o Cl\u00faster 72 entidades entre federaci\u00f3ns, consorcios e asociaci\u00f3ns provinciais que representan ao 95% do sector tur\u00edstico galego e agrupan a m\u00e1is de 7.000 empresas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Jes\u00fas Picallo, vicepresidente do Cl\u00faster, lembrou que un dos principais obxectivos do Cl\u00fasterl \u00e9 \u201ctraballar para mellorar a rendibilidade das empresas\u201d e \u201cconfigurar un destino de calidade, competitivo e diferenciado\u201d. Picallo puxo en valor que o traballo desta d\u00e9cada, coa interlocuci\u00f3n do Cl\u00faster e a implicaci\u00f3n de empresas e administraci\u00f3n, configurou un sector tur\u00edstico m\u00e1is cohesionado, competitivo e comprometido.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda o presidente da Xunta, Alfonso Rueda valorou especialmente o traballo do Cl\u00faster Turismo de Galicia, que celebra o seu d\u00e9cimo aniversario e agradeceu a profesionalidade, colaboraci\u00f3n e o di\u00e1logo que sempre mantivo coa Administraci\u00f3n para, entre todos, superar obst\u00e1culos e conseguir os \u00e9xitos dos que hoxe pode presumir Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Rueda ratificou o apoio da Xunta ao turismo galego, como mostrou na pandemia cun plan de rescate cifrado en 120 mill\u00f3ns de euros ou, no 2022, cunha partida que supera os 27 mill\u00f3ns en axudas para mellorar a calidade, a profesionalidade e a innovaci\u00f3n no sector, ademais dos 8 mill\u00f3ns que este ano se destinan a unha li\u00f1a de axudas para mellorar a eficiencia enerx\u00e9tica dos establecementos tur\u00edsticos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da entidade, Ces\u00e1reo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estrat\u00e9xica do sector para a comunidade. \u00a0 Mostrou a disposici\u00f3n da entidade para colaborar coa Administraci\u00f3n auton\u00f3mica na estratexia para os pr\u00f3ximos anos para consolidar a Galicia como un destino m\u00e1is internacional, m\u00e1is sostible, con maior calidade &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster inicia a conmemoraci\u00f3n do seu d\u00e9cimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboraci\u00f3n das administraci\u00f3ns\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-inicia-a-conmemoracion-do-seu-decimo-aniversario-en-fitur-agradecendo-o-apoio-do-sector-e-a-colaboracion-das-administracions\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster inicia a conmemoraci\u00f3n do seu d\u00e9cimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboraci\u00f3n das administraci\u00f3ns\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30730","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30730","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30730"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30730\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30730"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30730"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30730"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}