{"id":30766,"date":"2023-02-10T17:28:39","date_gmt":"2023-02-10T17:28:39","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-hoteis-galegos-marcaron-no-2022-o-seu-record-de-viaxeiros-e-noites-pasadas\/"},"modified":"2023-02-10T17:28:39","modified_gmt":"2023-02-10T16:28:39","slug":"os-hoteis-galegos-marcaron-no-2022-o-seu-record-de-viaxeiros-e-noites-pasadas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hoteis-galegos-marcaron-no-2022-o-seu-record-de-viaxeiros-e-noites-pasadas\/","title":{"rendered":"Os hoteis galegos marcaron no 2022 o seu r\u00e9cord de viaxeiros e noites pasadas"},"content":{"rendered":"<p><strong>Galicia e o Pa\u00eds Vasco foron as d\u00faas \u00fanicas comunidades nas que o total de noites de hotel do ano pasado superou as cifras do 2019.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Os hoteis da Coru\u00f1a acumularon o 44 % das noites pasadas, mentres que os de Pontevedra sumaron o 37 % e os de Lugo e Ourense, o 12 e o 7, respectivamente.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Os establecementos galegos tam\u00e9n alcanzaron o seu r\u00e9cord de ocupaci\u00f3n e de rendibilidade.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O 2022 foi un bo ano para os hoteis galegos, que en termos xerais lograron superar os niveis de ocupaci\u00f3n e negocio previos \u00e1 pandemia e marcar novos r\u00e9cords en canto ao n\u00famero de viaxeiros aloxados e o total de noites pasadas sumadas. As\u00ed o reflicte o informe de Ocupaci\u00f3n Hostaleira en Galicia correspondente ao 2022 que acaba de facer p\u00fablica a <a href=\"https:\/\/aei.turismo.gal\/es\/portada\">\u00c1rea de Estudos e Investigaci\u00f3n de Turismo de Galicia<\/a> e que recolle como os seus dous principais datos os 4,7 mill\u00f3ns de viaxeiros aloxados durante o ano pasado nos nosos hoteis e o total de noites pasadas de 9,1 mill\u00f3ns, o que sup\u00f3n un aumento do 49 e o 40%, respectivamente, con respecto ao 2021, e do 5,4 e o 1,2% en relaci\u00f3n ao 2019, o \u00faltimo ano previo \u00e1 pandemia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Segundo destacan desde o AEITG, o crecemento con respecto ao 2021 \u00e9 xeral en todas as comunidades aut\u00f3nomas, pero Galicia e o Pa\u00eds Vasco son as \u00fanicas que lograron superar os datos prepandemia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En canto \u00e1 procedencia dos viaxeiros aloxados en hoteis galegos o ano pasado, o 52,4% deses 9,1 mill\u00f3ns de noites pasadas corresponderon aos turistas nacionais, mentres un 24% foi para os residentes en Galicia e o 23,6% para os estranxeiros, sendo Portugal o principal mercado emisor por diante de Estados Unidos, Alema\u00f1a, Italia, Francia e o Reino Unido.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por provincias, A Coru\u00f1a foi a m\u00e1is demandada polos viaxeiros aloxados nos hoteis ao sumar case 4 mill\u00f3ns de noites pasadas (o 44 % do total de Galicia), mentres que Pontevedra rexistrou 3,38 mill\u00f3ns (o 37 %), Lugo 1 mill\u00f3n (12%) e Ourense 653.000 (o 7%). De feito, o forte aumento da Coru\u00f1a con respecto ao 2019 no n\u00famero de noites pasadas, que creceu un 7,8%, \u00e9 o que permitiu a Galicia ofrecer unha cifra total superior \u00e1 do 2019 compensando os lixeiros descensos de Lugo (-4%), Ourense (-3,7%) e Pontevedra (-3,2%).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O informe do AEITG explica tam\u00e9n que as tarifas hostaleiras en Galicia durante o 2022 situ\u00e1ronse nunha media de 67,9 euros por habitaci\u00f3n, o que sup\u00f3n un incremento do 5,9% con respecto ao 2021 e do 13,9% en relaci\u00f3n ao 2019. Isto trad\u00facese nun aumento da rendibilidade por habitaci\u00f3n do 32% con respecto ao ano 2021 e do 19% con respecto ao 2019, elevando tam\u00e9n o c\u00e1lculo dos ingresos totais dos hoteis durante o ano pasado a 367 mill\u00f3ns de euros: un 47% m\u00e1is que no 2021 e un 15% m\u00e1is que durante o 2019.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galicia e o Pa\u00eds Vasco foron as d\u00faas \u00fanicas comunidades nas que o total de noites de hotel do ano pasado superou as cifras do 2019. \u00a0 Os hoteis da Coru\u00f1a acumularon o 44 % das noites pasadas, mentres que os de Pontevedra sumaron o 37 % e os de Lugo e Ourense, o 12 &#8230; <a title=\"Os hoteis galegos marcaron no 2022 o seu r\u00e9cord de viaxeiros e noites pasadas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-hoteis-galegos-marcaron-no-2022-o-seu-record-de-viaxeiros-e-noites-pasadas\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os hoteis galegos marcaron no 2022 o seu r\u00e9cord de viaxeiros e noites pasadas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30766","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30766","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30766"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30766\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30766"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30766"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30766"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}