{"id":30985,"date":"2023-06-06T16:32:26","date_gmt":"2023-06-06T16:32:26","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-proxecto-de-recuperacion-das-canteiras-de-lousa-de-valdeorras-fomentara-o-turismo-industrial-da-localidade\/"},"modified":"2023-06-06T16:32:26","modified_gmt":"2023-06-06T15:32:26","slug":"o-proxecto-de-recuperacion-das-canteiras-de-lousa-de-valdeorras-fomentara-o-turismo-industrial-da-localidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-proxecto-de-recuperacion-das-canteiras-de-lousa-de-valdeorras-fomentara-o-turismo-industrial-da-localidade\/","title":{"rendered":"O proxecto de recuperaci\u00f3n das canteiras de lousa de Valdeorras fomentar\u00e1 o turismo industrial da localidade"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A iniciativa xorde da colaboraci\u00f3n entre o Cl\u00faster da Lousa e o Concello de Carballeda, coa colaboraci\u00f3n da Conseller\u00eda de Industria.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O plan de recuperaci\u00f3n das canteiras dos arquitectos Carlos Quint\u00e1ns e Zaida Garc\u00eda \u00e9 finalista nos premios da Bienal Espa\u00f1ola de Arquitectura e Urbanismo (BEAU).<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As antigas canteiras de lousa de Carballeda de Valdeorras converteranse nun novo reclamo no que a turismo industrial se refire. O proxecto \u201cLousa. Recuperaci\u00f3n en zonas con procesos de extracci\u00f3n\u201d \u00e9 un traballo dos arquitectos Carlos Quint\u00e1ns Eiras e Zaida Garc\u00eda Requejo concibido para dinamizar o turismo mediante os activos paisax\u00edsticos da lousa. A iniciativa xorde da colaboraci\u00f3n entre o Cl\u00faster da Lousa e o Concello de Carballeda, co apoio da Conseller\u00eda de Industria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este plan incl\u00fae a revexetaci\u00f3n das paredes das canteiras para recuperar o verdor da antiga monta\u00f1a, e a reparaci\u00f3n de seis edificios abandonados. Tam\u00e9n se rehabilitar\u00e1 un pequeno pavill\u00f3n para reconvertelo en miradoiro e gozar das mellores vistas do xacemento. O complexo tam\u00e9n dispor\u00e1 de aseos, almac\u00e9n, espazos de descanso e de lecer, e dun museo para co\u00f1ecer a fondo os traballos vinculados \u00e1 lousa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os art\u00edfices da iniciativa levan anos interesados na investigaci\u00f3n sobre os procesos produtivos e a posible mellora das contornas xeogr\u00e1ficas. Agora, o proxecto arquitect\u00f3nico \u00e9 un dos finalistas na categor\u00eda de investigaci\u00f3n e difusi\u00f3n da convocatoria da Bienal Espa\u00f1ola de Arquitectura e Urbanismo, impulsada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Dos 150 traballos presentados, s\u00f3 25 ser\u00e1n xulgados o vindeiro mes de setembro na XVI edici\u00f3n da BEAU.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A iniciativa xorde da colaboraci\u00f3n entre o Cl\u00faster da Lousa e o Concello de Carballeda, coa colaboraci\u00f3n da Conseller\u00eda de Industria. O plan de recuperaci\u00f3n das canteiras dos arquitectos Carlos Quint\u00e1ns e Zaida Garc\u00eda \u00e9 finalista nos premios da Bienal Espa\u00f1ola de Arquitectura e Urbanismo (BEAU). &nbsp; As antigas canteiras de lousa de Carballeda de &#8230; <a title=\"O proxecto de recuperaci\u00f3n das canteiras de lousa de Valdeorras fomentar\u00e1 o turismo industrial da localidade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-proxecto-de-recuperacion-das-canteiras-de-lousa-de-valdeorras-fomentara-o-turismo-industrial-da-localidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O proxecto de recuperaci\u00f3n das canteiras de lousa de Valdeorras fomentar\u00e1 o turismo industrial da localidade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-30985","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30985","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30985"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30985\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30985"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30985"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30985"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}