{"id":31009,"date":"2023-06-21T08:35:01","date_gmt":"2023-06-21T08:35:01","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-cluster-de-turismo-celebra-a-sua-primeira-decada-sumando-esforzos-para-consolidar-galicia-como-un-destino-de-calidade-competitivo-e-diferenciado\/"},"modified":"2023-06-21T08:35:01","modified_gmt":"2023-06-21T07:35:01","slug":"o-cluster-de-turismo-celebra-a-sua-primeira-decada-sumando-esforzos-para-consolidar-galicia-como-un-destino-de-calidade-competitivo-e-diferenciado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-de-turismo-celebra-a-sua-primeira-decada-sumando-esforzos-para-consolidar-galicia-como-un-destino-de-calidade-competitivo-e-diferenciado\/","title":{"rendered":"O Cl\u00faster de Turismo celebra a s\u00faa primeira d\u00e9cada sumando esforzos para consolidar Galicia como un destino de calidade, competitivo e diferenciado"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>Agradece a confianza depositada polo sector para converter ao Cl\u00faster no interlocutor \u00fanico ante as administraci\u00f3ns e ter unha implicaci\u00f3n directa nas decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas para o turismo galego.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O incremento da competitividade, a profesionalizaci\u00f3n e a internacionalizaci\u00f3n foron as li\u00f1as prioritarias desta primeira d\u00e9cada de traballo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Hoxe o Cl\u00faster de Turismo est\u00e1 integrado por 68 entidades, que representan o 97% do sector e a m\u00e1is de 7.000 empresas.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Hoxe fai dez anos a Cidade da Cultura acoll\u00eda a constituci\u00f3n formal do Cl\u00faster de Turismo de Galicia (CTG). O 20 de xu\u00f1o de 2013 nac\u00eda unha entidade con vocaci\u00f3n de converterse na voz do sector, ser un interlocutor \u00fanico coa Administraci\u00f3n e actor esencial da planificaci\u00f3n e xesti\u00f3n do turismo galego. Desde ent\u00f3n o Cl\u00faster traballou para mellorar a rendibilidade das empresas, configurar un destino de calidade, competitivo e diferenciado, apostando pola profesionalizaci\u00f3n do sector, a internacionalizaci\u00f3n e a desestacionalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nesta d\u00e9cada o CTG contribu\u00edu a ampliar a oferta tur\u00edstica de Galicia. Sen d\u00fabida, o Cami\u00f1o e a s\u00faa promoci\u00f3n tiveron un papel clave na promoci\u00f3n de Galicia como destino, pero a Comunidade xa \u00e9 co\u00f1ecida, adem\u00e1is de pola Ruta Xacobea e a nosa costa privilexiada, por unha ampla variedade de posibilidades como o turismo rural, termal, fluvial, de natureza, cultural, ciclotur\u00edstico, gastron\u00f3mico ou etnol\u00f3xico entre outros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ao longo disto dez anos realizouse un importante esforzo na promoci\u00f3n do destino, especialmente na internacionalizaci\u00f3n, buscando o posicionamento de Galicia a nivel mundial. Nesta d\u00e9cada o Cl\u00faster participou en feiras nacionais e internacionais como a World Travel Market de Londres ou a ITB de Berl\u00edn, ademais de promocionar Galicia a trav\u00e9s de talleres en diferentes cidades do mundo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A colaboraci\u00f3n p\u00fablico privada marcou a traxectoria das actuaci\u00f3ns do Cl\u00faster de Turismo de Galicia desde o seu inicio e iso traduciuse en fitos importantes ao longo desta d\u00e9cada como o acordo para implantar a Q de Calidade en 2014 ou o papel clave do Cl\u00faster na elaboraci\u00f3n da Estratexia Turismo de Galicia 2017-2020, articulada a trav\u00e9s dun convenio de colaboraci\u00f3n coa Xunta. Esta cooperaci\u00f3n permitiu tam\u00e9n a creaci\u00f3n en 2019 dos Premios Galicia Turismo, que naceron coa vocaci\u00f3n de premiar a todas aquelas persoas que contribu\u00edron ao desenvolvemento tur\u00edstico da Comunidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un dos maiores retos destes dez anos foi a crise derivada do Covid-19, cun forte impacto na econom\u00eda galega e con especial incidencia no sector tur\u00edstico galego. Nese momento o CTG centrou a s\u00faa actividade en paliar os efectos para o sector, traballando en diversas propostas para as distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas, das que finalmente xurdiron medidas concretas como o Bono Tur\u00edstico #QuedamosenGalicia ou o Programa 100&#215;100 Turismo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, ao Cl\u00faster elaborou o Plan Director de Turismo 2021-2023: Galicia Destino Seguro, destacando os eixos principais para reactivar o sector tur\u00edstico que temos en Galicia. Un dos obxectivos estrat\u00e9xicos do plan \u00e9 a sustentabilidade como eixo central. As\u00ed naceu o proxecto <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Galicia Destino Sostible<\/a>, unha iniciativa que se articula como un club de produto tur\u00edstico que integra toda a oferta tur\u00edstica galega respectuosa co medio ambiente, a cultura e a sociedade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Dez anos de uni\u00f3n e avances<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Francisco Gonz\u00e1lez, presidente do CTG de 2013 a 2018, declara que \u201cmirando cara atr\u00e1s en 2013, creo que podemos dicir que conseguimos boa parte dos obxectivos que nos marcamos, especialmente o de consolidar Galicia como un destino diferencial e de calidade\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O actual presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, asegura que \u201cestes dez anos do Cl\u00faster Turismo de Galicia afianz\u00e1ronnos como entidade grazas ao traballo, ao esforzo e, sobre todo, \u00e1 uni\u00f3n de todo o sector tur\u00edstico galego\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Cl\u00faster de Turismo de Galicia inicia unha nova d\u00e9cada traballando para consolidar un turismo m\u00e1is internacional, m\u00e1is sostible e m\u00e1is innovador.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agradece a confianza depositada polo sector para converter ao Cl\u00faster no interlocutor \u00fanico ante as administraci\u00f3ns e ter unha implicaci\u00f3n directa nas decisi\u00f3ns estrat\u00e9xicas para o turismo galego. O incremento da competitividade, a profesionalizaci\u00f3n e a internacionalizaci\u00f3n foron as li\u00f1as prioritarias desta primeira d\u00e9cada de traballo. Hoxe o Cl\u00faster de Turismo est\u00e1 integrado por 68 &#8230; <a title=\"O Cl\u00faster de Turismo celebra a s\u00faa primeira d\u00e9cada sumando esforzos para consolidar Galicia como un destino de calidade, competitivo e diferenciado\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-cluster-de-turismo-celebra-a-sua-primeira-decada-sumando-esforzos-para-consolidar-galicia-como-un-destino-de-calidade-competitivo-e-diferenciado\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cl\u00faster de Turismo celebra a s\u00faa primeira d\u00e9cada sumando esforzos para consolidar Galicia como un destino de calidade, competitivo e diferenciado\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-31009","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31009","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31009"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31009\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31009"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31009"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31009"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}