{"id":31072,"date":"2023-07-19T07:33:48","date_gmt":"2023-07-19T07:33:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-creacion-do-bono-xacobeo-xove-o-reforzo-das-actividades-de-promocion-e-internacionalizacion-e-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-centraron-a-actividade-do-cluster-no-ultimo-ano\/"},"modified":"2023-07-19T07:33:48","modified_gmt":"2023-07-19T06:33:48","slug":"a-creacion-do-bono-xacobeo-xove-o-reforzo-das-actividades-de-promocion-e-internacionalizacion-e-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-centraron-a-actividade-do-cluster-no-ultimo-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-creacion-do-bono-xacobeo-xove-o-reforzo-das-actividades-de-promocion-e-internacionalizacion-e-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-centraron-a-actividade-do-cluster-no-ultimo-ano\/","title":{"rendered":"A creaci\u00f3n do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n e a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos centraron a actividade do Cl\u00faster no \u00faltimo ano"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A Asemblea anual do Cl\u00faster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuaci\u00f3ns desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A creaci\u00f3n do \u201cXacobeo Xove\u201d, o reforzo das actividades de promoci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n do destino Galicia e os avances na consolidaci\u00f3n de produtos tur\u00edsticos foron os principais eixos de actuaci\u00f3n do Cl\u00faster Turismo de Galicia no \u00faltimo ano, unhas actividades \u00e1s que se suman o asesoramento a empresas ou os labores de difusi\u00f3n e implementaci\u00f3n da Q de calidade. As\u00ed se expuxo durante a Asemblea Xeral do Cl\u00faster celebrada na tarde do luns en Santiago de Compostela.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Representantes de entidades, consorcios e asociaci\u00f3ns provinciais que representan a m\u00e1is de 95 por cento da industria tur\u00edstica de Galicia, participaron na reuni\u00f3n do m\u00e1ximo \u00f3rgano de decisi\u00f3n do Cl\u00faster, no que se fixo balance do ano 2022 e expux\u00e9ronse as li\u00f1as de actuaci\u00f3n de 2023.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante o pasado ano o Cl\u00faster fixo un esforzo no seu labor habitual de promoci\u00f3n, difusi\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n do destino, coa s\u00faa presenza e participaci\u00f3n en feiras, workshops e eventos, tanto a nivel nacional como internacional, ben organizados polo propio Cl\u00faster ou polas Administraci\u00f3ns auton\u00f3mica ou estatal. A nivel de promoci\u00f3n internacional cabe destacar a participaci\u00f3n da entidade en eventos celebrados en 11 pa\u00edses diferentes, dando resposta a un dos retos do sector, que \u00e9 impulsar a atracci\u00f3n do turismo f\u00f3ra das nosas fronteiras.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Unha das principais novidades de pasado ano foi a posta en marcha do Club de Produto \u201cGalicia Destino Sostible\u201d, unha iniciativa que materializa a aposta do Cl\u00faster pola sustentabilidade, integrando nunha \u00fanica plataforma a oferta tur\u00edstica sostible da Comunidade para po\u00f1ela en valor e incrementar as s\u00faas posibilidades de difusi\u00f3n e comercializaci\u00f3n.\u00a0 Conta xa con 74 empresas adheridas e 150 produtos dispo\u00f1ibles no portal <a href=\"http:\/\/galiciadestinosostible.com\">galiciadestinosostible.com<\/a> e que ofrecen unha ampla variedade de posibilidades.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, durante o pasado ano avanzouse na consolidaci\u00f3n doutros produtos tur\u00edsticos como \u201cEnoturismo de Galicia\u201d cunha campa\u00f1a de captaci\u00f3n de adegas e da marca \u201cGalicia Destino Familiar\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As medidas de promoci\u00f3n, difusi\u00f3n da Q de Calidade e o asesoramento para a s\u00faa implantaci\u00f3n foron outras das actuaci\u00f3ns desenvolvidas pola Agrupaci\u00f3n industrial durante 2022, ano no que se lograron 28 novas Q en establecementos galegos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O desenvolvemento da xornada \u201cBoas Pr\u00e1cticas no sector Tur\u00edstico\u201d grazas a un convenio coa Deputaci\u00f3n de Pontevedra, foi outra das actividades destacadas do ano pasado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Respecto a 2023 a principal novidade \u00e9 a posta en marcha do Programa \u201c<a href=\"https:\/\/xacobeoxove.com\/\">Xacobeo Xove<\/a>\u201d para impulsar o Cami\u00f1o entre os m\u00e1is novos, ofrecendo 200 euros de desconto a mozos e mozas de 18 a 30 anos que te\u00f1an o Carn\u00e9 Xove e queiran percorrer algunha dos roteiros do Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Durante este ano a Agrupaci\u00f3n industrial seguir\u00e1 centrando os seus esforzos na promoci\u00f3n, difusi\u00f3n e comercializaci\u00f3n do Destino Galicia, apostando pola internacionalizaci\u00f3n, e seguir\u00e1 ofrecendo asesoramento para a implantaci\u00f3n da Q de calidade e a S de sustentabilidade \u00e1s empresas asociadas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asemblea anual do Cl\u00faster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuaci\u00f3ns desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano. &nbsp; A creaci\u00f3n do \u201cXacobeo Xove\u201d, o reforzo das actividades de promoci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n do destino Galicia e os avances na consolidaci\u00f3n de produtos tur\u00edsticos foron os principais eixos &#8230; <a title=\"A creaci\u00f3n do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n e a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos centraron a actividade do Cl\u00faster no \u00faltimo ano\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-creacion-do-bono-xacobeo-xove-o-reforzo-das-actividades-de-promocion-e-internacionalizacion-e-a-consolidacion-de-diferentes-produtos-turisticos-centraron-a-actividade-do-cluster-no-ultimo-ano\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A creaci\u00f3n do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n e a consolidaci\u00f3n de diferentes produtos tur\u00edsticos centraron a actividade do Cl\u00faster no \u00faltimo ano\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-31072","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31072"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31072\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}