{"id":31099,"date":"2023-08-08T08:09:35","date_gmt":"2023-08-08T08:09:35","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-aposta-pola-promocion-turistica-conxunta-coa-marca-espana-verde\/"},"modified":"2023-08-08T08:09:35","modified_gmt":"2023-08-08T07:09:35","slug":"galicia-aposta-pola-promocion-turistica-conxunta-coa-marca-espana-verde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-aposta-pola-promocion-turistica-conxunta-coa-marca-espana-verde\/","title":{"rendered":"Galicia aposta pola promoci\u00f3n tur\u00edstica conxunta coa marca Espa\u00f1a Verde"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A semana pasada tivo lugar a comisi\u00f3n de seguimento desta marca tur\u00edstica, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria, Pa\u00eds Vasco, e Turespa\u00f1a.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O encontro da comisi\u00f3n de seguimento da <a href=\"https:\/\/www.ingreenspain.es\/\">Espa\u00f1a Verde<\/a>, a marca tur\u00edstica que re\u00fane \u00e1s comunidades aut\u00f3nomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Pa\u00eds Vasco, ademais de Turespa\u00f1a, tivo lugar a semana pasada en Bilbao. O director de Turismo de Galicia, Xos\u00e9 Merelles, participou nesta reuni\u00f3n, que serviu para facer balance do Plan de Actuaci\u00f3n deste ano e dese\u00f1ar o resto das acci\u00f3ns com\u00fans que se van desenvolver ata final de ano, sobre todo no \u00e1mbito internacional.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta reuni\u00f3n estrat\u00e9xica axudou a fortalecer a promoci\u00f3n do ecoturismo e reafirmar o compromiso co desenvolvemento sostible do turismo. Na cita f\u00edxose seguimento do Plan Operativo 2023, as\u00ed como a situaci\u00f3n do proxecto \u2018Corredor de Ecoturismo da Espa\u00f1a Verde\u2019, financiado con fondos europeos, ou a posta en com\u00fan de novas iniciativas para a modernizaci\u00f3n das presentaci\u00f3ns da Espa\u00f1a Verde nos mercados internacionais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O \u2018Corredor de Ecoturismo da Espa\u00f1a Verde\u2019 busca converterse no maior corredor de ecoturismo de Europa, unindo experiencias adaptadas a diversos segmentos da demanda a trav\u00e9s dunha gran ruta de eco-touring. O itinerario conecta espazos rurais protexidos onde as empresas tur\u00edsticas locais xeran experiencias tanxibles e para comercializar, promovidas por empresas p\u00fablicas das catro comunidades aut\u00f3nomas participantes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O turismo das catro comunidades aut\u00f3nomas rexistrou no primeiro semestre de 2023 preto de 5 mill\u00f3ns de viaxeiros, o que sup\u00f3n un incremento de 14,5 puntos de media con respecto ao mesmo per\u00edodo do ano pasado. No encontro o director de Turismo de Galicia enxalzou a importancia da marca Espa\u00f1a Verde para a promoci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n tur\u00edstica e cultural dos territorios socios, asegurando que Galicia continuar\u00e1 apostando por esta colaboraci\u00f3n para seguir obtendo grandes resultados.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Entre as acci\u00f3ns dese\u00f1adas para este 2023, a marca Espa\u00f1a Verde centrarase fundamentalmente na actualizaci\u00f3n das ferramentas de promoci\u00f3n e en iniciativas como os catro \u2018Fam Trip Online\u2019 tem\u00e1ticos: un sobre os itinerarios do Cami\u00f1o de Santiago, coma o do Norte ou o Lebaniego; outro sobre Enogastronom\u00eda, outro sobre Cidades e patrimonio cultural, e finalmente un cuarto sobre Natureza e ecoturismo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No encontro todos os participantes renovaron o seu compromiso co potencial tur\u00edstico desta marca, que ofrece m\u00e1is de 2.000 quil\u00f3metros de costa, preto de 1.200 praias, 31 balnearios e 9 talasos, m\u00e1is de 60 campos de golf, 20 Paradores de Turismo, e m\u00e1is de trescentas mil prazas de aloxamento. Espa\u00f1a Verde \u00e9 l\u00edder natural en natureza grazas aos seus parques nacionais, parques naturais e reservas da biosfera, cun mill\u00f3n de hect\u00e1reas de espazo protexido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A semana pasada tivo lugar a comisi\u00f3n de seguimento desta marca tur\u00edstica, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria, Pa\u00eds Vasco, e Turespa\u00f1a. &nbsp; O encontro da comisi\u00f3n de seguimento da Espa\u00f1a Verde, a marca tur\u00edstica que re\u00fane \u00e1s comunidades aut\u00f3nomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Pa\u00eds Vasco, ademais de Turespa\u00f1a, tivo lugar a semana &#8230; <a title=\"Galicia aposta pola promoci\u00f3n tur\u00edstica conxunta coa marca Espa\u00f1a Verde\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-aposta-pola-promocion-turistica-conxunta-coa-marca-espana-verde\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia aposta pola promoci\u00f3n tur\u00edstica conxunta coa marca Espa\u00f1a Verde\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-31099","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31099","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31099"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31099\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31099"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31099"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31099"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}