{"id":31150,"date":"2023-09-05T10:24:49","date_gmt":"2023-09-05T10:24:49","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cunha-ocupacion-que-acadou-picos-do-80-en-xullo-e-do-90-en-agosto\/"},"modified":"2023-09-05T10:24:49","modified_gmt":"2023-09-05T09:24:49","slug":"o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cunha-ocupacion-que-acadou-picos-do-80-en-xullo-e-do-90-en-agosto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cunha-ocupacion-que-acadou-picos-do-80-en-xullo-e-do-90-en-agosto\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cunha ocupaci\u00f3n que acadou picos do 80% en xullo e do 90% en agosto"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia destaca o incremento de turistas internacionais, especialmente americanos, franceses e italianos.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O sector apunta un aumento do emprego respecto ao ver\u00e1n anterior e a un crecemento dos salarios.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A tempada estival galega 2023 cumpriu coas previsi\u00f3ns e pechou o mes de xullo cun nivel de ocupaci\u00f3n de entre o 70% e o 80%, acadando as cotas m\u00e1is altas en agosto cunhas porcentaxes de ocupaci\u00f3n de entre o 80% e o 90%. As\u00ed se desprende da sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia, na que o sector apunta a uns bos resultados neste ver\u00e1n, que se ven reflectidos nun aumento do emprego e dos salarios respecto ao ver\u00e1n anterior.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As fontes consultadas sinalan, tam\u00e9n, un aumento nos prezos que sit\u00faan en torno a un 10% e a unha suba das materias primas de entre un 10% e un 20%, se ben hai quen apunta que estes custos puideron aumentar ata en m\u00e1is dun 20%.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por outra banda, este ver\u00e1n destacou especialmente polo incremento de viaxeiros internacionais, tanto procedentes de mercados xa consolidados para Galicia como o brit\u00e1nico ou o portugu\u00e9s, como de Estados Unidos, Francia e Italia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Provincia de A Coru\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nunha an\u00e1lise por zonas, na cidade da Coru\u00f1a acadouse unha porcentaxe de ocupaci\u00f3n do 85% no mes de xullo e do 91% en agosto.\u00a0 Destaca o aumento de viaxeiros internacionais, que pasaron de \u00a0representar un 20% dos turistas da cidade herculina a un 35% este ver\u00e1n cun crecemento de viaxeiros brit\u00e1nicos, franceses e italianos, sendo este \u00faltimo un mercado novidoso para a cidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na Costa da Morte, onde o Cami\u00f1o de Santiago segue a ter unha notable influencia no incremento do fluxo tur\u00edstico, as cifras de ocupaci\u00f3n situ\u00e1ronse en torno ao 70% en xullo e ao 80% en agosto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Santiago de Compostela a porcentaxe de ocupaci\u00f3n en xullo situouse no 76%, mentres que en agosto subiu ata o 82%. Destaca a chegada de cada vez m\u00e1is viaxeiros procedentes de Estados Unidos, un mercado que est\u00e1 a ga\u00f1ar peso na cidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En Ferrol e comarca as fontes consultadas am\u00f3sanse satisfeitas co desenvolvemento da tempada estival. Ademais, o Cami\u00f1o Ingl\u00e9s est\u00e1 a atraer a un considerable n\u00famero de viaxeiros, tanto nacionais como internacionais, ata este territorio.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Pontevedra<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na provincia de Pontevedra os datos de ocupaci\u00f3n acadaron o 72% no mes de xullo e superaron o 80% en agosto. Na localidade de Sanxenxo a ocupaci\u00f3n situouse pr\u00f3xima ao 74% en xullo e o 91% en agosto, sendo especialmente positivos os datos rexistrados en hoteis de cinco e catro estrelas, as\u00ed como en apartamentos tur\u00edsticos e c\u00e1mpings. Algunhas das fontes consultadas na zona apuntan a unha reduci\u00f3n nas estancias medias, se ben os profesionais am\u00f3sanse satisfeitos co nivel de consumo en termos xerais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Lugo <\/strong><\/p>\n<p>Na provincia de Lugo a porcentaxe de ocupaci\u00f3n para o mes de xullo situouse no 79%, dato que crece en agosto ata o 90%. As fontes consultadas destacan a importancia do Cami\u00f1o de Santiago neste territorio e sinalan que moitas das reservas que se esperan para o mes de setembro son de clientes que percorren a Ruta Xacobea.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na Ribeira Sacra a porcentaxe de ocupaci\u00f3n alcanzou o 85% en xullo e superou o 90% en agosto. O crecemento do Cami\u00f1o de Inverno est\u00e1 a favorecer a chegada de peregrinos e peregrinas ata esta zona, na que o turista nacional segue a ser maioritario.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ourense<\/strong><\/p>\n<p>As fontes consultadas en Ourense apuntan a un bo ver\u00e1n, similar ao do pasado ano. Destaca a influencia do Cami\u00f1o de Santiago, as\u00ed como dos viaxeiros que aproveitan a s\u00faa estancia para visitar Galicia no seu conxunto e ach\u00e9ganse a co\u00f1ecer os recursos da zona como a Ribeira Sacra ou a gozar do termalismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A sondaxe realizada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia destaca o incremento de turistas internacionais, especialmente americanos, franceses e italianos. O sector apunta un aumento do emprego respecto ao ver\u00e1n anterior e a un crecemento dos salarios. &nbsp; A tempada estival galega 2023 cumpriu coas previsi\u00f3ns e pechou o mes de xullo cun nivel de ocupaci\u00f3n &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cunha ocupaci\u00f3n que acadou picos do 80% en xullo e do 90% en agosto\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-pecha-o-veran-cunha-ocupacion-que-acadou-picos-do-80-en-xullo-e-do-90-en-agosto\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico galego pecha o ver\u00e1n cunha ocupaci\u00f3n que acadou picos do 80% en xullo e do 90% en agosto\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-31150","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31150","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31150"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31150\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31150"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31150"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31150"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}