{"id":31261,"date":"2023-11-07T12:00:47","date_gmt":"2023-11-07T12:00:47","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-destino-sostible-ofrece-unha-formacion-en-comunicacion-da-sostibilidade-as-empresas-que-forman-parte-do-club\/"},"modified":"2023-11-07T12:00:47","modified_gmt":"2023-11-07T11:00:47","slug":"galicia-destino-sostible-ofrece-unha-formacion-en-comunicacion-da-sostibilidade-as-empresas-que-forman-parte-do-club","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-destino-sostible-ofrece-unha-formacion-en-comunicacion-da-sostibilidade-as-empresas-que-forman-parte-do-club\/","title":{"rendered":"Galicia Destino Sostible ofrece unha formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n da sostibilidade \u00e1s empresas que forman parte do Club"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O obxectivo \u00e9 dar apoio aos asociados no tocante \u00e1 comunicaci\u00f3n das empresas para po\u00f1er en valor os seus esforzos para ser cada vez m\u00e1is sostibles, chegando \u00e1s persoas concienciadas que buscan realizar un turismo responsable.<\/strong><\/li>\n<li><strong>A formaci\u00f3n, gratu\u00edta, vai dirixida a t\u00f3dalas empresas adheridas ao Club Galicia Destino Sostible.<\/strong><\/li>\n<li><strong>As inscrici\u00f3ns est\u00e1n abertas ata o 14 de novembro.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A iniciativa <a href=\"https:\/\/galiciadestinosostible.com\/\">Galicia Destino Sostible<\/a>\u00a0ofrece unha formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n da sostibilidade a todas aquelas empresas que forman parte do Club. A trav\u00e9s desta, os asociados ter\u00e1n a oportunidade de co\u00f1ecer as claves para achegar aos turistas o desempe\u00f1o ambiental da empresa. Esta formaci\u00f3n potencia as habilidades de comunicaci\u00f3n e o foco sostible para mellorar o grao de satisfacci\u00f3n e a relaci\u00f3n das empresas cos turistas que visitan Galicia. Falarase sobre a importancia das acci\u00f3ns ambientais, sociais e de bo goberno de cara a vertebrar unha oferta tur\u00edstica diferenciada pola s\u00faa conexi\u00f3n co desenvolvemento sostible.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A formaci\u00f3n constar\u00e1 de d\u00faas sesi\u00f3ns. A primeira, presencial, est\u00e1 aberta \u00e1s empresas adheridas ao Club, previa inscrici\u00f3n. Ter\u00e1 lugar o vindeiro 16 de novembro, a partir das 10:00 horas, na sala Font\u00e1n da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A segunda sesi\u00f3n consistir\u00e1 nunha formaci\u00f3n en li\u00f1a e persoal, de 2 horas de duraci\u00f3n, na que se traballar\u00e1 sobre a realidade de cada empresa. Est\u00e1 dirixida a un m\u00e1ximo de 30 empresas e realizarase entre o 27 de novembro e o 5 de decembro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta formaci\u00f3n ser\u00e1 impartida por Pedro Tasende, xerente da axencia de comunicaci\u00f3n Aporta Comunicaci\u00f3n e xornalista cunha ampla experiencia en sostibilidade e comunicaci\u00f3n corporativa. O programa xeral incorpora cuesti\u00f3ns como a identificaci\u00f3n de grupos de interese, o enfoque segundo a actividade, os medios de comunicaci\u00f3n e a sostibilidade, greenwashing, a importancia da narrativa, comunicaci\u00f3n interna e externa, visi\u00f3n estrat\u00e9xica, plan operativo e boas pr\u00e1cticas. Podes consultar toda a <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/GDS-Programa_Formacion_Comunicacion.pdf\">informaci\u00f3n aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para participar \u00e9 necesario <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSf_N0cRRE5wn66Px4na37Er-a7yZ-JAiCuiEx-_nRsuvVw3DA\/viewform\">inscribirse a trav\u00e9s desta ligaz\u00f3n<\/a> antes do 14 de novembro. Na propia p\u00e1xina poderase indicar se interesa acudir s\u00f3 a formaci\u00f3n presencial, ou se tam\u00e9n se quere participar na formaci\u00f3n individualizada. Ten en conta que para participar na segunda sesi\u00f3n, \u00e9 preciso ter asistido \u00e1 primeira.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n podes contactar a trav\u00e9s do correo info@galicidestinosostible.com ou do tel\u00e9fono 881 50 51 02.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo \u00e9 dar apoio aos asociados no tocante \u00e1 comunicaci\u00f3n das empresas para po\u00f1er en valor os seus esforzos para ser cada vez m\u00e1is sostibles, chegando \u00e1s persoas concienciadas que buscan realizar un turismo responsable. A formaci\u00f3n, gratu\u00edta, vai dirixida a t\u00f3dalas empresas adheridas ao Club Galicia Destino Sostible. As inscrici\u00f3ns est\u00e1n abertas ata &#8230; <a title=\"Galicia Destino Sostible ofrece unha formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n da sostibilidade \u00e1s empresas que forman parte do Club\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-destino-sostible-ofrece-unha-formacion-en-comunicacion-da-sostibilidade-as-empresas-que-forman-parte-do-club\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia Destino Sostible ofrece unha formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n da sostibilidade \u00e1s empresas que forman parte do Club\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-31261","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31261","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31261"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31261\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}