{"id":31282,"date":"2023-11-21T11:14:31","date_gmt":"2023-11-21T11:14:31","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-de-galicia-anuncia-unha-nova-subvencion-a-proxectos-tractores-para-o-turismo-na-contorna-do-camino-de-santiago\/"},"modified":"2023-11-21T11:14:31","modified_gmt":"2023-11-21T10:14:31","slug":"a-xunta-de-galicia-anuncia-unha-nova-subvencion-a-proxectos-tractores-para-o-turismo-na-contorna-do-camino-de-santiago","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-anuncia-unha-nova-subvencion-a-proxectos-tractores-para-o-turismo-na-contorna-do-camino-de-santiago\/","title":{"rendered":"A Xunta de Galicia anuncia unha nova subvenci\u00f3n a proxectos tractores para o turismo na contorna do Cami\u00f1o de Santiago"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes ser\u00e1 de catro meses, entend\u00e9ndose como \u00faltimo d\u00eda do prazo o 18 de marzo de 2024, \u00e1s 23:59 horas.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Coa publicaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2023\/20231117\/AnuncioG0256-101123-0001_gl.html\">Documento Oficial de Galicia<\/a>\u00a0o pasado venres, 17 de novembro, a Xunta abre a convocatoria para solicitar as subvenci\u00f3ns a proxectos tractores para o turismo na contorna do Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Poder\u00e1n ser beneficiarias destas axudas as pequenas, medianas (pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a posta en marcha dun novo establecemento tur\u00edstico localizado na comunidade galega.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O novo establecemento debe crearse de acordo a algunha das seguintes tipolox\u00edas: establecementos hoteleiros, apartamentos, vivendas tur\u00edsticas, establecementos de turismo rural, albergues tur\u00edsticos ou establecementos de restauraci\u00f3n (restaurantes, cafetar\u00edas, bares).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>P\u00f3dense diferenciar d\u00faas tipolox\u00edas de proxecto: proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade tur\u00edstica, que deber\u00e1n cumprir cun m\u00ednimo das seguintes cuesti\u00f3ns: creaci\u00f3n de, polo menos, 5 postos de traballo directos; creaci\u00f3n de v\u00ednculos con axentes p\u00fablicos e privados do territorio que poidan exercer un efecto panca no sector tur\u00edstico ou outros sectores de actividade; creaci\u00f3n dun novo establecemento tur\u00edstico que promova o turismo sustentable. Os proxectos tractores poder\u00e1n optar \u00e1s seguintes cont\u00edas por categor\u00eda de empresa: 35% as pequenas, 25% as medianas, e 25% as grandes empresas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A segunda tipolox\u00eda de proxecto \u00e9 para aquelas iniciativas tractoras dinamizadoras do turismo cultural, que deber\u00e1n cumprir coa totalidade dos requisitos: a creaci\u00f3n do establecemento debe ir unida \u00e1 posta en valor e mellora ou rehabilitaci\u00f3n dun ben de interese cultural; polo menos un 80% da capacidade temporal ou espacial anual destinarase a fins culturais. Para esta categor\u00eda poderase optar a unha axuda m\u00e1xima dun 80% dos custos subvencionables ata o l\u00edmite m\u00e1ximo de 2.200.000 euros por proxecto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En ambos dous casos, os proxectos achegados deber\u00e1n ascender a un m\u00ednimo de 300.000 euros de investimento; contribu\u00edr \u00e1 creaci\u00f3n de oferta de aloxamento ou restauraci\u00f3n; situarse na contorna do Cami\u00f1o de Santiago; contar co informe previo favorable da Axencia de Turismo no momento da presentaci\u00f3n da solicitude da axuda; desenvolverse en infraestruturas emblem\u00e1ticas, hist\u00f3ricas, de interese paisax\u00edstico ou bens de interese cultural; e contar coa autorizaci\u00f3n ou licenza urban\u00edstica ou sectorial tanto municipal como por parte doutros organismos ou administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As entidades interesadas deber\u00e1n achegar coa solicitude a documentaci\u00f3n que acredite a plena dispo\u00f1ibilidade dos terreos e inmobles nos que se van desenvolver as actuaci\u00f3ns; unha memoria explicativa onde se definan de xeito pormenorizado o investimento e as actuaci\u00f3ns que se van desenvolver; ademais doutras documentaci\u00f3ns que var\u00edan en funci\u00f3n do tipo de empresa que solicite a axuda ou o tipo de proxecto seleccionado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O orzamento div\u00eddese en tres li\u00f1as de actuaci\u00f3n: a li\u00f1a 1, Rehabilitaci\u00f3n sustentable de edificios e adaptaci\u00f3n de infraestruturas emblem\u00e1ticas para a posta en marcha dun novo establecemento tur\u00edstico, cun orzamento de 2.625.000\u00a0\u20ac, a li\u00f1a\u00a02, Medidas de eficiencia enerx\u00e9tica en edificios emblem\u00e1ticos para a posta en marcha dun novo establecemento tur\u00edstico, cun orzamento de 1.075.000 \u20ac, e a li\u00f1a 3, Mellora da accesibilidade en edificios emblem\u00e1ticos para a posta en marcha dun novo establecemento tur\u00edstico, cun orzamento de 300.000 \u20ac.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes est\u00e1 aberto ata o 18 de marzo de 2024 a trav\u00e9s da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, <a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/detalle-procedemento?codtram=TU503H&amp;ano=2023&amp;numpub=1&amp;lang=gl\">c\u00f3digo de procedemento TU503H<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes ser\u00e1 de catro meses, entend\u00e9ndose como \u00faltimo d\u00eda do prazo o 18 de marzo de 2024, \u00e1s 23:59 horas. &nbsp; Coa publicaci\u00f3n do Documento Oficial de Galicia\u00a0o pasado venres, 17 de novembro, a Xunta abre a convocatoria para solicitar as subvenci\u00f3ns a proxectos tractores para o turismo na contorna &#8230; <a title=\"A Xunta de Galicia anuncia unha nova subvenci\u00f3n a proxectos tractores para o turismo na contorna do Cami\u00f1o de Santiago\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-anuncia-unha-nova-subvencion-a-proxectos-tractores-para-o-turismo-na-contorna-do-camino-de-santiago\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta de Galicia anuncia unha nova subvenci\u00f3n a proxectos tractores para o turismo na contorna do Cami\u00f1o de Santiago\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-31282","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31282","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31282"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31282\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31282"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31282"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31282"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}