{"id":31327,"date":"2023-12-19T13:46:34","date_gmt":"2023-12-19T13:46:34","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-e-o-cluster-pechan-o-proceso-de-consulta-para-elaborar-a-estratexia-turistica-de-galicia-2024-2030-con-1-000-participantes\/"},"modified":"2023-12-19T13:46:34","modified_gmt":"2023-12-19T12:46:34","slug":"a-xunta-e-o-cluster-pechan-o-proceso-de-consulta-para-elaborar-a-estratexia-turistica-de-galicia-2024-2030-con-1-000-participantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-e-o-cluster-pechan-o-proceso-de-consulta-para-elaborar-a-estratexia-turistica-de-galicia-2024-2030-con-1-000-participantes\/","title":{"rendered":"A Xunta e o Cl\u00faster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Tur\u00edstica de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>Un total de 400 axentes privados e p\u00fablicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a trav\u00e9s de enquisas online.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O director de Turismo, Xos\u00e9 Merelles, e o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, participaron o martes na xuntanza de peche deste proceso destacando a elevada participaci\u00f3n.<\/strong><\/li>\n<li><strong>A informaci\u00f3n recollida permitir\u00e1 elaborar un diagn\u00f3stico do sector que servir\u00e1 de base para dese\u00f1ar a planificaci\u00f3n tur\u00edstica dos vindeiros anos.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>M\u00e1is de 400 axentes privados e p\u00fablicos do sector tur\u00edstico participaron nas 20 mesas de traballo organizadas polo Cl\u00faster Turismo de Galicia e Axencia de Turismo como parte do proceso participativo para elaborar a Estratexia Tur\u00edstica de Galicia 2014-2030. \u00c1 informaci\u00f3n recabada nestes encontros presenciais, s\u00famase \u00e1 recollida nas preto de 600 enquisas online que se recibiron durante o proceso e coas que se buscou dar cabida a todos os profesionais do sector que quixeron participar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O director de Turismo, Xos\u00e9 Merelles, e o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, asistiron este martes \u00e1 xuntanza de peche deste proceso destacando a elevada participaci\u00f3n. Ces\u00e1reo Pardal puxo en valor a alta porcentaxe de participantes do sector privado, tanto nas mesas presenciais como a trav\u00e9s da consulta online e salientou que \u201cese era un obxectivo prioritario\u201d e que \u201cgrazas \u00e1 informaci\u00f3n recabada teremos unha foto actual do sector, retos, demandas e oportunidades parar poder elaborar a futura Estratexia Tur\u00edstica de Galicia ata finais desta d\u00e9cada\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Xos\u00e9 Merelles sinalou que esta futura folla de ruta dar\u00e1 continuidade \u201cao excelente traballo levado a cabo nos \u00faltimos anos nos que neste 2023 o turismo galego superou as expectativas iniciais con creces\u201d. Neste sentido, recordou que a Estratexia Galicia Destino Seguro posta en marcha no marco da pandemia e que remata este ano \u201cfoi unha moi eficaz ferramenta que nos permitiu unha recuperaci\u00f3n progresiva e un fortalecemento do sector\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O obxectivo deste proceso participativo \u00e9 recoller informaci\u00f3n sobre a diversidade de perspectivas e desaf\u00edos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade e elaborar un diagn\u00f3stico sobre a situaci\u00f3n do sector que servir\u00e1 de base para dese\u00f1ar a planificaci\u00f3n tur\u00edstica dos vindeiros anos. Con esta finalidade a organizaci\u00f3n das mesas territoriais atendeu \u00e1 prioridade de abranguer os diferentes xeodestinos existentes e poder recoller as diversas realidades existentes en Galicia no eido tur\u00edstico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No proceso participaron administraci\u00f3ns e instituci\u00f3ns p\u00fablicas, as\u00ed como iniciativas empresariais privadas e entidades asociativas coa finalidade de achegar a s\u00faa opini\u00f3n \u00f3 respecto das necesidades e retos do sector. C\u00f3mpre destacar a participaci\u00f3n maioritaria do sector privado, que nas mesas territoriais representou o 43% e nas consulta online o 67%, seguidos en ambos os casos de entidades p\u00fablicas, asociaci\u00f3ns e expertos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ademais, en colaboraci\u00f3n coas tres universidades galegas, elaborarase unha an\u00e1lise cient\u00edfica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector tur\u00edstico en Galicia, analizando polo mi\u00fado os recursos que constit\u00faen parte da s\u00faa oferta diferencial. Esta an\u00e1lise abordar\u00e1 tam\u00e9n a evoluci\u00f3n cualitativa e cuantitativa do sector no per\u00edodo 2016-2023.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Turismo de Galicia e o Cl\u00faster de Turismo buscan con este estudo co\u00f1ecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos h\u00e1bitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalizaci\u00f3n. Estas cuesti\u00f3ns abord\u00e1ronse no diagn\u00f3stico xunto con outros tres aspectos chave: a oferta, analizando polo mi\u00fado os recursos de Galicia que constit\u00faen parte da s\u00faa oferta diferencial; a demanda, co obxectivo de co\u00f1ecer a s\u00faa evoluci\u00f3n nos \u00faltimos exercicios; e a cadea de valor tur\u00edstica de Galicia, delimitando o sector tur\u00edstico desde un punto de vista empresarial.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un total de 400 axentes privados e p\u00fablicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a trav\u00e9s de enquisas online. O director de Turismo, Xos\u00e9 Merelles, e o presidente do Cl\u00faster, Ces\u00e1reo Pardal, participaron o martes na xuntanza de peche deste proceso destacando a elevada participaci\u00f3n. &#8230; <a title=\"A Xunta e o Cl\u00faster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Tur\u00edstica de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-e-o-cluster-pechan-o-proceso-de-consulta-para-elaborar-a-estratexia-turistica-de-galicia-2024-2030-con-1-000-participantes\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta e o Cl\u00faster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Tur\u00edstica de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-31327","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31327","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31327"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31327\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31327"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31327"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31327"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}